Historia e evolución da lingua galega: desde as súas orixes ata o Rexurdimento
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,17 KB
Introdución á historia da lingua galega
As linguas románicas acadan a madureza a partir do século VIII. Os primeiros documentos escritos en galego datan de finais do século XII. Desde finais do século XIV ábrese unha paréntese de tres séculos de decadencia. A perda de prestixio lingüístico sufrida nesa etapa trouxo consecuencias negativas para a vida social que aínda son perceptibles hoxe.
Galego antigo
O período medieval da historia do galego esténdese desde o século IX ata o XV. A lingua deste período recibe o nome de galego antigo ou galego-portugués. Nesa longa etapa era un dos idiomas máis prestixiosos da Península Ibérica. Era tamén a lingua escollida por algúns poetas foráneos para as súas composicións líricas, amorosas ou satíricas. A totalidade da sociedade galega era monolingüe, xa que o galego colmaba e satisfacía as intencións comunicativas.
Evolución do galego antigo
O galego antigo nace e é falado no territorio que abranguía a antiga Gallaecia romana; isto é, o que hoxe corresponde a Galicia, o norte de Portugal ata o río Douro e unha franxa occidental de Zamora, León e Asturias. O galego-portugués consolídase como lingua oficial portuguesa. O galego (-portugués) experimentará a partir do século XV un acusado proceso de marxinación en Galicia que practicamente o deixará reducido á condición de dialecto rústico e iletrado ata o labor do século XIX.
O galego antigo ata 1350
Durante a Baixa Idade Media, o galego comeza a disputarlle ao latín a condición de lingua da cultura e da administración que este posuíra en solitario cara ao século XIII. Os textos literarios máis antigos dos que temos noticia son do século XIII. Falamos da poesía lírica trobadoresca, cuxa cantiga máis antiga pode datarse arredor do 1200. Entre 1200 e 1350 transcorre a época de esplendor do galego medieval representada sobre todo polos trobadores da Escola lírica galego-portuguesa. O galego cultívase, ademais de na literatura, nas áreas da administración civil e de xustiza, na economía, na ciencia e na técnica, na vida eclesiástica e relixiosa. Todos os documentos públicos e privados son redactados na única lingua que a sociedade entende e fala decote, o galego.
O galego antigo desde 1350
Desde mediados do século XIV, a situación cultural e lingüística do reino empeora. O noso país, baixo o influxo dunha forte inercia castelanizadora que afecta a toda clase dominante galega. Potencias peninsulares en ascenso (León e, sobre todo, Castela). Galicia acaba converténdose nun satélite do reino castelán. O galego cede gradualmente o seu terreo, como lingua de uso habitual na administración e na redacción de todos os documentos elaborados no noso territorio, ao castelán, que foi converténdose na lingua hexemónica, en todos os reinos peninsulares, agás Portugal.
Características do galego antigo
Os documentos escritos da época presentan unha gran variabilidade lingüística e inestabilidade gráfica. Distínguense dúas etapas correspondentes aos períodos trobadoresco e postrobadoresco.
Época trobadoresca (ata o século XIV):
- Fonoloxía:
- Vocalismo: destacaremos dous trazos como os máis caracterizadores: presenza de vogais nasais, abundancia de hiatos.
- Consonantismo: A lingua medieval presentaba un complexo sistema de sibilantes xordas e sonoras xerado na transición do latín ao romance medieval e simplificado posteriormente.
- Morfoloxía:
- Xénero invariable dos nomes rematados en -or, -el, -és, -ante.
- Formas átonas: te con valor de CD e CI.
- Mesoclise pronominal: intercalación dun pronome átono nunha forma verbal perifrástica.
- Tempos compostos: con aver: "avian falado".
- Formas arcaicas: na 1ª persoa do presente indicativo de certos verbos: perço de perder.
- Participio en -udo: para certos verbos da 2ª conx.: perdudo, connosçudo.
- Sintaxe:
- Emprego do artigo partitivo.
- Uso do posesivo sen artigo.
- Léxico:
- Galicismos.
- Provenzalismos.
- Voces desaparecidas.
Época postrobadoresca:
- Grafía:
- Vacilación b/v.
- Vacilación nas sibilantes xordas e sonoras.
- Preferencia de -nn- e -ll- fronte a -nb- e -lh-.
- Preferencia de -oi- no canto de -ui-.
- Morfosintaxe: Aparición do pronome persoal che alternado con te.
Galego medio
O castelán convértese en Galicia na única lingua oficial e compartirá co latín o carácter de lingua da cultura. O galego perderá totalmente os seus usos formais desde os comezos da Idade Moderna (principios do século XV). O galego reduce, pois, o seu ámbito de uso aos rexistros coloquiais da vida cotiá, asumindo un papel subalterno con relación ao castelán.
A decadencia do galego
Os séculos XVI e XVII constitúen o período do galego medio, o máis delicado na historia da nosa lingua, pois a cultura de expresión galega cae nun estado de prostración que coincide cos momentos máis brillantes das letras castelás e portuguesas. Con todo, cómpre non perder de vista o feito de que en toda esta longa etapa, nos momentos máis escuros, a lingua que falaba en Galicia a gran maioría da poboación, rústica e urbana, era o galego.
Séculos XVI e XVII
O galego practicamente só se conservaba no plano oral e nos niveis de uso lingüístico popular e vulgar. O galego tampouco ten consideración de lingua de cultura no momento en que se inventa a imprenta. A Igrexa convértese nun dos factores desgaleguizadores máis importantes de todos os tempos.
Século XVIII
Por primeira vez, moitos anos despois que outras linguas románicas e mesmo ideolóxica. Son os primeiros pasos na consolidación das condicións que posibiliten o rexurdir cultural do século XIX.
Características do galego medio
- Fonoloxía:
- Vocalismo: Perda da nasalidade vocálica.
- Consonantismo: Enordecemento e redución do sistema de sibilantes, dando lugar á situación actual.
- Morfosintaxe: Distinción de te/che para CD e CI.
- Léxico: Entrada de máis castelanismos: Dios, Pueblo.
Galego moderno
A época coñecida como Idade Contemporánea (séculos XIX, XX e XXI) está marcada polo desenvolvemento dun proceso de dignificación social e recoñecemento cultural do idioma galego, que ten como consecuencia máis salientable a recuperación da escrita.
Os primeiros anos (1808-1840)
Nos primeiros anos do século XIX, durante a francesada (invasión francesa de España no ano 1808) o galego recupera o ámbito da escrita, que se manifestará cunha forte carga propagandística e belicosamente antifrancesa.
O prerrexurdimento (1840-1863)
Na década de 1830 o Estado liberal realiza unha nova estruturación administrativa e territorial do Reino e crea un sistema escolar independente da Igrexa. A nova división administrativa repartía o territorio do antigo reino de Galicia en 4 provincias. Xorde entre certos sectores da pequena burguesía liberal, un movemento coñecido como provincialismo, que ten como presuposto ideolóxico básico a reivindicación da unidade de Galicia como provincia única e indivisa. O provincialismo supón o primeiro paso cara a unha toma de conciencia política de carácter galeguista. Os provincialistas reclamaron para os cidadáns galegos o dereito a seren escolarizados na lingua propia. No ano 1861 convócase na Coruña un concurso poético, os Primeiros Xogos Florais. Os poemas galardoados foron publicados en forma de libro baixo o título "El Album de la Caridad", converténdose así na primeira antoloxía da poesía galega moderna.
O Rexurdimento pleno (1863-1900)
Cantares Gallegos (1863) de Rosalía, primeiro libro monolingüe galego, é o evento que marca o inicio do rexurdimento pleno polas nosas letras.
- No 1880 publícanse, entre outras obras, Follas Novas da mesma Rosalía e Aires da miña terra de Curros Enríquez.
- Con catro séculos de atraso fronte ao castelán e ao portugués, publícanse as primeiras gramáticas do galego: a de Francisco Mirás.
- Aparecen os primeiros dicionarios bilingües de galego-castelán.
- Xorde a prensa en galego.
- Nace a primeira editorial galega: "Biblioteca Gallega".
A partir de 1889 o galeguismo vive unha segunda xeira coñecida como rexionalismo, movemento herdeiro do provincialismo que ten como principais valedores a Alfredo Brañas e a Manuel Murguía.