Historia e Evolución do Balonmán: Desde a Antigüidade ata a Actualidade
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,51 KB
Xa na Odisea, Homero relata como Nausicaa e as súas amigas disfrutaban xogando ao xogo de Ucrania.
O xogo de Ucrania tería que ver con Urania que, segundo a mitoloxía grega, era a máis nova das nove musas gregas (fillas de Zeus).
Urania está representada cunha bola nas súas mans ou nos seus pés simbolizando o globo terráqueo.
En 1926 descubríronse na muralla de Atenas unhas escenas dunha especie de xogo practicado polos gregos que podería consistir en lanzarse unha pelota do tamaño dunha mazá, sen máis regras que a de que non tocara o chan.
Na Roma antiga foi moi popular, durante varios séculos, un deporte chamado Harpastum (o xogo de coller a pelota), do que se practicaron varias versións. Era xogado por entre 5 e 12 xogadores nun campo rectangular marcado por liñas límites e separado por unha liña central. Cada equipo tiña que manter o balón na súa metade o maior tempo posible, pasando coa man, mentres o seu opoñente trataba de quitarllo e levalo ao seu lado. Unha regra importante consistía en que só se podía obstruír ao xogador que levaba o balón, o que xeraba unha combinación complexa de pases.
Ao longo dos séculos fóronse desenvolvendo.
Phaininda era o nome do xogo en Grecia. Liña pechada dos dianteiros dos equipos que se enfrontan. Regras específicas de xogo e tácticas variadas.
Na Idade Media, na corte xogábanse xogos de pelota coa man (primeiros xogos de verán) pero sen estrutura deportiva nin regras. A finais do século XIX empezouse a utilizar como complemento para a preparación dos ximnastas. En 1892, Konrad Koch creou o Raffballspied, con características parecidas ao balonmán actual. En 1898 o profesor de ximnasia Holger Nielsen inicia un xogo novo cun balón pequeno ao que chamou Haandbol. En 1905 regulaméntase na República Checa (antiga Checoslovaquia) o Hazena no que xogaban 7x7.
Segundo os historiadores, o verdadeiro pai do balonmán é Max Heiser, profesor de E.F. de Berlín que en 1907 xogaba coas súas alumnas ao Torball. Outro alemán, Carl Schelen, inventa en 1909 un novo xogo ao que chamou Handball inspirado no fútbol. Mesmas regras (11x11, en campo de fútbol) só que xogando coa man. Tras a Primeira Guerra Mundial convértese no deporte oficial en Alemaña. Uruguay reivindica a paternidade deste deporte xa que se xogaba un xogo moi parecido ao actual dende 1916. En 1918 disputouse un encontro oficial no estadio de Montevideo. En 1938 adáptase á sala, xurdindo o balonmán a 7. Conviven as dúas modalidades. En 1966 desaparece o balonmán a 11.
En España tivo unha introdución militar, a través da Escola Militar de Toledo. Tamén pola Escola Naval do Ferrol. En 1929 edítase o primeiro regulamento. Despois da Guerra Civil o deporte español pasa a depender exclusivamente do Frente de Juventudes e da Sección Feminina. En 1941 créase a Federación Española de Balonmán. Na tempada 1942-1943 organízase o I Campionato de España. Xógase o primeiro partido internacional de balonmán a 11: España, 3 Francia, 1 (15 xogadores cataláns e 1 vasco). En 1946 España participa por primeira vez no Campionato do Mundo. En 1951 comeza a 1ª División Nacional Masculina (a sete) que gaña o Atlético de Madrid.
En 1979 España proclámase campioa do mundo B masculina e clasifícase por primeira vez para os Xogos Olímpicos (Moscú 80).
Tamén empeza a Liga Nacional Feminina.