Historia de España: Régimen de Primo de Rivera, II República, Guerra Civil, Franquismo y Oposición
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 14,48 KB
A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA. 1923-1930
CAUSAS EXPLICATIVAS DO GOLPE DE ESTADO E APOIOS
- Conflitividade social, inestabilidade política pola fragmentación dos partidos dinásticos. A investigación sobre o Desastre de Annual e o descontento do exército. A presentación de Primo de Rivera como o cirurxián de ferro.
- Apoio do exército, burguesía, oligarquía agraria, Igrexa, Rei
CARACTERÍSTICAS DO DIRETORIO MILITAR
- Imposición de medidas represivas. Estado de Guerra, supresión Constitución, Ilegalización comunistas, anarquistas e nacionalistas.
- Militarización das Institucións. Delegados gobernativos
- “Descuaje do caciquismo”, Estatutos Municipal e Provincial
- Intervención do Estado na economía e relacións laborais. Consello de Economía nacional. Comités paritarios.
- Espallamento do somatén e creación da Unión Patriótica
- Solución do problema de Marrocos. Desembarco de Alhucemas
CARACTERÍSTICAS DO DIRETORIO CIVIL
- Incorporación de políticos civís. Aunós. Calvo Sotelo
- Continuidade da Ditadura (Cortes pechadas, suspendida a Constitución...)
- Intento de crear un Estado corporativo a semellanza do fascismo italiano: Parlamento Corporativo: Asemblea Nacional. Proxecto de Constitución
- Sistema corporativo nas relacións laborais: Organización Corporativa do Traballo. Coa colaboración da UXT
- Bonanza Económica. Implantación de monopolios: Campsa. Telefónica. Construción de Infraestruturas
CRECENTE OPOSICIÓN Á DITADURA E FALTA DE APOIOS
- Intentos violentos de acabar cos ditadura fracasados. Sanjuanada...
- Unificación das forzas republicanas: Alianza Republicana.. Oposición PSOE, deixa de colaborar.
- Oposición de intelectuais (Ortega, Unamuno...) e Universitarios
- Incremento da Oposición ante prácticas de corrupción da Ditadura e a represión da ditadura.
- Perda de apoios entre o exército (enfrontamento co corpo de artillería), os terratenentes e a burguesía e do propio Rei
- Incapacidade de consolidar o somatén e a Unión Patriótica.
GOBERNOS DE BERENGUER E AZNAR
- Goberno Berenguer: Despois de que Primo dimita, o Rei pretende volver á situación anterior á Ditadura. Berenguer incapaz de resolver a situación e ante o incremento da oposición (Pacto de San Sebastián) abandona o goberno.
- Goberno Aznar: Co horizonte dunha reforma constitucional, convoca eleccións municipais para abril de 1931, Verdadeiro plebiscito. Vitoria listas republicanas.
A II REPÚBLICA. IMPLANTACIÓN. FORZAS POLÍTICAS. CONSTITUCIÓN 1931
CONTEXTO SOCIOECONÓMICO
- Consecuencias da crise do 29: Incremento do paro. Paralización da emigración e tensións sociais no campo. Conflitividade: folgas. Falta de recursos do Estado Republicano
- Ascenso dos fascismos en Europa e en España. Radicalización das esquerdas
PROCESO POLÍTICO QUE LEVOU Á REPÚBLICA
- Mencionar o Pacto de San Sebastián como paso previo á implantación da república.
- Referirse ao deterioro do sistema político provocado pola incapacidade dos últimos gobernos monárquicos. Referencia básica ao contexto no cal se implantou a República (eleccións municipais de 1931 e abandono de Afonso XIII).
- Subliñar os factores determinantes dos resultados das eleccións municipais de 12 de abril
- Composición do goberno provisional presidido por Niceto Alcalá- Zamora.
- Explicación do proceso que levou á convocatoria de eleccións. constituíntes e o triunfo dos partidos de esquerdas.
- Sinalar algunha das medidas do primeiro goberno republicano (Constitución de 1931 ou algunha outra reforma).
- Sinalar os problemas máis urxentes do goberno republicano (problema relixioso, problema agrario e problema territorial).
- Afondar nalgunha das medidas do goberno provisional en referencia aos tres problemas citados anteriormente
FORZAS POLÍTICAS
- Referencia aos principais partidos da época, á súa ideoloxía ou os seus dirixentes.
- Afondar na ideoloxía dos principais partidos da época.
CONSTITUCIÓN DE 1931
- Mencionar as principais características da Constitución de 1931.
- Establecer algunha relación entre os principios da Constitución e as futuras reformas das Cortes constituíntes.
- Facer unha valoración xeral do período analizado e breve referencia á situación posterior.
A GUERRA CIVIL
CONTEXTO DA SUBLEVACIÓN MILITAR
- Citar os principais factores que motivaron o levantamento militar de xullo de 1936.
- Incidir nos precedentes da sublevación (crise económica, violencia social, polarización política...)
- existencia de rumores de golpe de estado, o antecedente do levantamento do xeneral Sanjurjo ou a indecisión do goberno republicano
ORGANIZACIÓN DA SUBLEVACIÓN
- Incídese na identificación do Exército como medio para a salvación de España e para a restauración da orde pública a través dunha férrea autoridade .
- Faise fincapé na importancia da sublevación militar ou nos apoios políticos recibidos polos sublevados
- Referenciar o papel xogado polos principais xefes militares implicados na sublevación (Mola, Sanjurjo, Franco)
- Comentar o proceso de sublevación e o papel xogado polo exército de África na mesma.
OS DOUS BANDOS
- Explicar a reacción do goberno republicano fronte ao levantamento militar (indecisión inicial, cambio de goberno, reparto de armas ás milicias...).
- Indicar os bandos en conflito e a configuración das “dúas Españas”.
- Sinalar a xustificación do bando dos sublevados e dos leais á República.
- Coméntanse o ideario ou os obxectivos dos sublevados-Afondar nas diferenzas ideolóxicas e os apoios políticos e sociais de cada bando.
- Mencionar os diferentes gobernos da república durante a guerra e/ou citar algunhas das medidas que adoptaron os mesmos para facer fronte aos sublevados.
- Facer referencia ao contraste a nivel de organización política entre a España republicana e a España nacional (desorganización institucional e fragmentación política fronte a cohesión militar e política en torno á figura de Franco)
A NON INTERVENCIÓN, APOIOS INTERNACIONAIS ÓS 2 BANDOS
- Referirse á dimensión internacional que adquiriu a guerra civil.
- Especificar as causas da creación do Acordo de Non Intervención.
- subliñar os negativos efectos que tivo para a República a política de Non Intervención.
- Profundar nas diferenzas existentes entre as axudas recibidas polos sublevados e os republicanos.
- salientar o apoio recibido polos sublevados malia o acordo de Non Intervención
O FRANQUISMO. A INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME
Rúbrica Composición 18
Aspectos:
- Características esenciais do réxime franquista
- Proceso de institucionalización a través das denominadas Leis fundamentais, ademais de explicar o
concepto de “Democracia Orgánica”,
- Relacionar a evolución ideolóxica en relación co contexto político internacional e coas
transformacións da sociedade española
Contextualizar o réxime franquista
CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS DO RÉXIME FRANQUISTA
-Explicar as características ideolóxicas do franquismo e os seus trazos máis característicos
(nacionalcatolicismo, defensa da unidade da patria, antiparlamentarismo; Estado corporativo)
-Comentar a defensa da concentración de poderes na persoa de Franco e a exaltación da súa persoa.
-Sinalar que as bases ideolóxicas do franquismo e os apoios ao mesmo están presentes xa na denominada
España Nacional durante a guerra civil.
-Comentar a evolución dos trazos fascistas ao longo da ditadura.
-Explicar o concepto de democracia orgánica
APOIOS DO FRANQUISMO
Sinalar os principais apoios do franquismo: Exército, Igrexa, Falanxe
-Facer fincapé no papel xogado pola Igrexa como lexitimadora do réxime e un dos seus apoios esenciais
(nacionalcatolicismo). -Xustificar o apoio da Igrexa ao réxime e ás súas institucións e o seu anticomunismo.
INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME
-Comentar de xeito xenérico as principais leis orgánicas a través das cales se institucionaliza a ditadura.
-Facer referencia ao obxectivo das leis orgánicas franquistas de legalizar un réxime que carecía de
legalidade democrática.
-Relacionar a promulgación das diferentes leis fundamentais co contexto internacional e a propia
evolución da sociedade española:
- Guerra Civil, Influencia fascista. Carta di laboro
Foro do Traballo
II Guerra Mundial. Evolución cara ó nacional catolicismo
Lei Constitutiva das Cortes
Derrota da Italia fascista e da Alemaña nazi. Intento de afastarse do fascismo. Lavado de cara do réxime,
cunha maquillaxe de “dereitos para os españois”. Illamento internacional de España.
Foro dos españois
Lei de referendo
Resposta de Franco ó intento de instaurar a Monarquía en España por parte de Don Juan (manifestó de
Lausana)
Lei de Sucesión da Xefatura do Estado
Recoñecemento do réxime franquista polos EE.UU e O Vaticano en 1953. Entrada de España na ONU e no
FMI. Fin da Autarquía. Flexibilización e Liberalización económica. Desenvolvemento económico.
AS FORMAS DE OPOSICIÓN Ó FRANQUISMO
Rúbrica da Composición 19
Aspectos a desenvolver:
Introdución
-Contextualizar a oposición ao franquismo na carencia de dereitos e liberdades logo do establecemento
dun réxime ditatorial.
1- A INMEDIATA POSGUERRA
1.1. A debilidade da oposición no exterior
A República no exilio. División das forzas políticas. Redacción de escritos contra o Franquismo: Salvador
de Madariaga. Manifesto de Lausana. Alianza Nacional das forzas democráticas.
1.2- A actividade guerrilleira
-Incidir nos trazos da actividade guerrilleira e na súa represión
- Sinalar a composición do movemento guerrilleiro e a súa cronoloxía
-Comentar a evolución do movemento guerrilleiro desde a desorganización inicial ata a formación de
federacións
-Afondar na actividade guerrilleira en Galicia (mención dalgún dos máis nomeados guerrilleiros p.ex.
Foucellas, Piloto...)/explicar as causas do fin do movemento guerrilleiro.
2- A NOVA CONXUNTURA NOS ANOS 60
2.1. Oposición no exterior:
-Relacionar de xeito explícito os acordos de Múnic coa situación política propia dos anos 60.
-Explicar as circunstancias que fixeron posible a presenza española no IV Congreso do Movemento
Europeo.
-Explicar os obxectivos políticos dos partidos presentes no Congreso de Múnic
2.2. Oposición no interior
A protesta estudantil e obreira dos anos 50/60
-Explicar as reivindicacións do movemento estudantil, sinalar a súa vinculación co socialismo e comunismo
e mencionar a reacción do réxime respecto do mesmo.
-Incidir na organización do movemento estudantil e no papel das folgas como instrumento de protesta
-Afondar nos mecanismos de represión do movemento estudantil/mencionar algún exemplo significativo
(p.ex. caso Ruano, sanción de Tierno Galván...).
-Sinalar o papel dos obreiros na oposición ao réxime salientando a creación de CC.OO. Espallamento de
CC.OO.
-Afondar nos instrumentos de represión dos movementos sociais (Tribunais de Orde Público e Consellos
de Guerra) . Proceso 1001.
- A organización de partidos políticos clandestinos nos anos 60/70.
-Referir o desenvolvemento da oposición política destacando o peso de comunistas e socialistas no
mesmo. Creación da Plataforma e da Xunta Democrática.
-Referir o incremento das forzas de oposición ao réxime no tardofranquismo (proliferación de grupos
terroristas, oposición desde o exterior, xurdimento de oposición nos piares do réxime: Igrexa, exército,
partido único).
A POLÍTICA ECONÓMICA DO FRANQUISMO
Rúbrica Composición 20
Aspectos a desenvolver
A Autarquía. Illamento internacional e bloqueo económico
-Explicar os obxectivos da autarquía (autoabastecemento nacional, intervencionismo do Estado) e as súas
consecuencias (escaseza de produtos básicos e o seu encarecemento).
- Facer fincapé no intervencionismo estatal na economía e no contexto político do período Plan de
saneamento da economía, Lei de Protección e Fomento da Industria Nacional, creación do INI: incidir nos
obxectivos do INI: desenvolver a industria militar para garantir a defensa do país, ofrecer oportunidades
de negocio ao capital español como medio de fomentar a autarquía
O fin do illamento e da Autarquía. Liberalización económica.
-Afondar na relación existente entre a evolución económica e a política franquista (illamento dos anos 40,
recoñecemento do réxime no contexto da Guerra Fría
- Sinalar a etapa de liberalización económica dos anos 50, a partir das relacións cos EE.UU, Pacto de
Madrid, ingreso na ONU e no FMI
O Desenvolvemento dos anos 60. Goberno dos tecnócratas e consecuencias.
-Incidir no “desarrollismo” dos anos 60: goberno dos tecnócratas
- a liberalización económica, os seus obxectivos e as liñas mestras do programa.
- Necesidades da economía española a principios dos años sesenta
-Afondar nos factores que influíron no crecemento económico dos anos 60 (plans de desenvolvemento
creación dos Polos de Desenvolvemento Industrial e dos Polos de Promoción Industrial... turismo,
emigración, investimento estranxeiro...)
- Subliñar o cambio nos hábitos de consumo da sociedade española que permitiu o incremento da
produción nacional da industria de consumo.
- Comentar os efectos sociais, demográficos, culturais, ecolóxicos... do “milagre español”.
Efectos da crise Económica de 1973
- Sinalar a crise económica sufrida a partir de 1973 e as consecuencias.