Historia da Normativización do Galego: A Construción da Variedade Estándar

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,85 KB

Historia da normativización: a construción da variedade estándar, interferencias e desviacións da norma

Moitas linguas desenvolven ao longo da historia un proceso de creación dunha variedade específica, superadora da diversidade, que recibe o nome de variedade estándar, lingua padrón ou común. Esta ten como principal finalidade permitir a intercomunicación entre todos os falantes da comunidade, con independencia da súa área xeográfica, da súa idade, da súa clase social, etc.

Trátase dunha variedade que está a disposición das persoas falantes, mais que non debe suplantar nin eliminar as demais variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas.

Para cumprir o seu papel de lingua común unitaria, o estándar ten que ser coñecido e aceptado como propio por todos os falantes.

Criterios na elección da variedade estándar

Na escolla das formas que integran a variedade estándar dunha lingua inflúen varios factores e criterios, normalmente de carácter extralingüístico:

  • Criterio cuantitativo: número de usuarios, extensión xeográfica.
  • Prestixio social.
  • Prestixio literario: forma empregada nos textos literarios.
  • Criterio político-ideolóxico.

Etapas no proceso de estandarización do galego

Resulta habitual distinguir as seguintes etapas no proceso de estandarización e normativización do galego:

a) Galego popular (1810-1880)

O galego recupera durante o século XIX (Rexurdimento) o ámbito escrito. Descoñecen a existencia da tradición medieval e a lingua que empregan ten sabor dialectal, padece unha influencia forte do castelán e presenta grande variabilidade ortográfica, morfolóxica e léxica. Caracterízase por ter como referente a lingua oral e a adopción da ortografía do castelán. A nivel léxico, este galego estaba inzado de dialectalismos, vulgarismos e castelanismos.

b) Galego enxebrista (1880-1936)

Nun segundo momento, comeza a crearse en determinados círculos intelectuais galegos unha certa intención estandarizadora, sobre todo a partir da fundación das Irmandades da Fala. Búscase nesta etapa a unificación supradialectal no plano léxico, a fixación de determinadas convencións ortográficas (acentos, uso ou non do apóstrofo, etc.) e a diferenciación máxima a respecto do castelán, recorrendo aos hiperenxebrismos, arcaísmos e mesmo vulgarismos.

c) Galego protoestándar (1936-1980)

Sobre a base construída na preguerra, trátase agora de buscar unha maior simplicidade ortográfica e gramatical, de adoptar solucións supradialectais e de corrixir paulatinamente os excesos diferencialistas e hiperenxebristas da etapa anterior.

d) Galego estándar (Desde 1980 á actualidade)

O idioma incorpórase a ámbitos dos que estivera apartado historicamente, aumentan os usos formais e elabórase unha normativa ortográfica, morfolóxica e léxica que se oficializa en 1982.

A normativa oficial e as súas revisións

En 1982, o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega (RAG) publican as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, declaradas oficiais pola Xunta de Galicia ese mesmo ano. Esta norma segue cinco principios:

  • Achegamento á lingua falada, desbotando castelanismos.
  • Procura dunha variedade supradialectal.
  • Preferencia polas formas tradicionais e aceptación de solucións consagradas polo uso literario.
  • A harmonía co resto das linguas romances.

Desde aquela, estas normas foron actualizadas e revisadas en 1995 e en 2003.

Discrepancias e consenso

Unha vez oficializada a normativa da RAG (1982), producíronse reaccións en contra por parte dos defensores dun maior achegamento ao portugués (reintegracionistas). Esta confrontación tratou de solucionala a Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) cunha proposta de mínimos.

Tras anos de discrepancias, a última revisión da normativa oficial (2003), vixente na actualidade, significou a superación das diverxencias existentes. Foi levada a cabo por representantes das tres universidades galegas, o ILG e membros da RAG, aínda que a iniciativa correu a cargo da AS-PG.

Interferencias e desviacións da norma na actualidade

A conflitiva peripecia histórica do noso idioma permite comprender por que aínda hoxe é moi frecuente que os usuarios do galego empreguen a súa lingua propia con interferencias do castelán e con fenómenos de “desviación” ou “deformación” da variedade estándar.

Son tres os fenómenos máis destacados neste sentido:

Entradas relacionadas: