Irmandades da Fala y Grupo Nós: narrativa, ensayo y periodismo gallego (1916-1936)
Resumen
El texto presenta las Irmandades da Fala, nacidas en A Coruña en 1916, y el Grupo Nós, y analiza la narrativa, el ensayo y el periodismo gallegos del periodo 1916-1936. Recorre las principales corrientes temáticas y autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao y Rafael Dieste, junto con las revistas que difundieron la literatura en gallego.
Puntos clave
- Las Irmandades da Fala nacen en 1916 en A Coruña y buscan dignificar y expandir el uso del gallego.
- Entre 1916 y 1936 se consolida la narrativa gallega contemporánea de carácter galeguista.
- El Grupo Nós, integrado por Risco, Otero Pedrayo y Cuevillas, moderniza la prosa gallega y se adhiere al galeguismo.
- Vicente Risco destaca con O porco de pé (1928), una parodia del mundo urbano gallego de los años 20 y 30.
- Castelao escribe Cousas (1926), Retrincos (1934) y Os dous de sempre (1934), y defiende la lengua gallega y a los más débiles.
- La revista Nós (1920), dirigida por Risco y asesorada artísticamente por Castelao, se publica íntegramente en gallego.
As Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala nacen en 1916 na Coruña e espállanse axiña a diversas localidades galegas. Teñen como obxectivo a dignificación e a expansión dos usos do noso idioma. Entre as súas principais accións destacan:
- Animan o cultivo literario do galego mediante a convocatoria de concursos en revistas e xornais.
- Crean editoriais como Céltiga, Lar ou Nós.
- Forman coros populares.
- Organizan cadros de declamación afeccionados que representan obras na nosa lingua.
- Amplían os círculos de lectores con diversas actividades culturais e inauguran unha incipiente propaganda comercial do libro en galego.
- Conseguen diversificar e renovar progresivamente os xéneros, estilos e propostas literarias.
- Tradúcense para o galego obras da literatura universal.
En 1918, ingresan nas Irmandades da Fala os mozos Vicente Risco, Otero Pedrayo, Arturo Noguerol e Primitivo R. Sanjurjo.
II.- A Narrativa Galega (1916-1936)
Entre 1916 e 1936 consolídase a narrativa galega contemporánea grazas á aparición dun espazo político e cultural de carácter galeguista. Os escritores vinculados ás Irmandades dedicáronse máis ao teatro e á poesía, mentres que os integrantes do Grupo Nós consagráronse á narrativa e ao ensaio.
II.1.- A Narrativa das Irmandades
Nesta etapa xorden coleccións literarias que acollen sobre todo novela curta en galego. As principais liñas temáticas da narrativa das Irmandades foron:
- O humor e o macabrismo: Dirixido a un público lector urbano que busca un sentido lúdico á literatura. Son exemplos: Vicente Risco coa obra Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros.
- O neoceltismo: Difundido por Risco, plásmase en traducións de sagas irlandesas e en novelas como Camiñantes de Losada Diéguez.
- Narrativa etnográfica: Cultivada sobre todo por Risco para achegarse á cultura popular utilizando e adaptando lendas e tradicións, como en O lobo da xente.
- Narrativa naturalista: Destaca Naiciña, de Leandro Carré Alvarellos.
II.2.- A Narrativa do Grupo Nós
O Grupo Nós marca un fito na historia da cultura galega entre 1920 e 1936. O nome vén dado polo título da revista homónima. Integrado por Risco, Otero e Cuevillas, modernizan a prosa galega tanto en narrativa curta e novela como no ensaio. Adhírense ao galeguismo e Galicia pasa a ser o proxecto que dá sentido ao seu quefacer. A evolución desde o evasionismo esteticista da mocidade ao compromiso nacionalista foi explicada en clave de autorretrato xeracional por Otero Pedrayo na súa novela Arredor de si (1930) e por Risco no seu ensaio Nós.
II.2.1.- Vicente Risco (1884-1963)
Cultiva narrativa, ensaio e teatro. Mostra a confluencia de tres correntes literarias dispares: os movementos simbolistas e post-simbolistas interseculares, as correntes vangardistas de comezos de século e a tradición oral galega da etapa pre-galeguista. As súas últimas novelas caracterízanse pola sátira e o escepticismo. Destaca a súa obra cume, O porco de pé (1928), unha parodia ideolóxica e de usos sociais do mundo urbano galego dos anos 20 e 30.
II.2.2.- Otero Pedrayo (1888-1976)
Figura clave no pensamento galeguista, a súa produción narrativa clasifícase en:
- Narracións histórico-realistas: Interpretan o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que se están a dar nas estruturas da sociedade tradicional galega.
- Narracións histórico-culturalistas: O historicismo e a evocación cultural importan máis cá acción novelesca.
- Narracións psicolóxicas: De carácter introspectivo, a trama xira arredor do conflito interior dos protagonistas.
II.2.3.- Castelao (1886-1950)
A súa obra narrativa é fundamental para a literatura galega:
- Un ollo de vidro: A temática de ultratumba, o humor negro e a crítica ao caciquismo son fundamentais nesta obra.
- Cousas (1926): Conxunto de pezas con ilustracións de temática variada (mundo labrego, mariñeiro), moitas veces máis líricas que narrativas.
- Retrincos (1934): Cinco contos de carácter autobiográfico.
- Os dous de sempre (1934): Novela que consiste na sucesión de relatos que se enlazan por medio dos dous protagonistas.
A súa narrativa defínese polo humanismo e o compromiso cos máis débiles, a crítica da marxinación económica de Galicia, o protagonismo das clases populares e a defensa da lingua galega.
II.2.4.- Rafael Dieste (1899-1981)
Na súa narrativa hai que citar Dos arquivos do trasno (1926), conxunto de 22 relatos arredor de dous eixos temáticos: a psicoloxía (ambiente mariñeiro, a dignidade dos personaxes) e o fantástico. O final das súas historias sempre é aberto e sorprendente.
III.- O Ensaio
III.1.- O Ensaio das Irmandades da Fala
Os seus obxectivos foron a creación de canles de difusión dos distintos xéneros literarios en galego, cun contido eminentemente político e cultural.
III.2.- Os Ensaístas do Grupo Nós
O ensaio foi o xénero máis cultivado por Risco. Otero Pedrayo cultivou o ensaio xeográfico, libros de viaxes e a evocación biográfica. A obra máis representativa do ensaio de Nós é Sempre en Galiza (1944) de Castelao, que condensa o seu ideario nacionalista. Florentino López Cuevillas destacou polos seus traballos de investigación sobre a prehistoria de Galicia. Os homes de Nós son os grandes impulsores do ensaio moderno en Galicia.
IV.- O Xornalismo
- A Nosa Terra (1916-1936): Principal voceiro das Irmandades e do Partido Galeguista. Escrita integramente en galego e dirixida á pequena burguesía ilustrada.
- Nós (1920): Nace en Ourense con Risco como director e Castelao como asesor artístico. Escrita integramente en galego, foi a plataforma desde a que se deron a coñecer os escritores máis importantes da época e posibilitou a apertura de Galicia ás distintas literaturas europeas.
- Revistas culturais de vangarda: Destacan Ronsel (Lugo), Resol (Santiago) e Papel de color (Mondoñedo), todas elas activas na década dos 20 aos 30.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
¿Cuándo y dónde nacen las Irmandades da Fala?
Las Irmandades da Fala nacen en 1916 en A Coruña y pronto se extienden a diversas localidades gallegas. Su objetivo es dignificar y expandir los usos del gallego.
¿Quiénes integraban el Grupo Nós?
El texto señala a Vicente Risco, Otero Pedrayo y Cuevillas como integrantes del Grupo Nós. El nombre procede del título de la revista homónima.
¿Qué es O porco de pé?
Es la obra cumbre de Vicente Risco, publicada en 1928. Se describe como una parodia ideológica y de usos sociales del mundo urbano gallego de los años 20 y 30.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.