A Historia da Lingua Galega: Do Galego-Portugués ao Rexurdimento Literario
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,14 KB
O Rexurdimento Galego: Recuperación da Lingua Culta (1853-1880)
O Rexurdimento comeza simbolicamente en 1853 con A gaita gallega de Xosé Manuel Pintos, pero o verdadeiro salto dáse en 1863 con Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
- É a recuperación do galego como lingua culta, tras séculos de abandono.
- Este movemento non foi só literario, senón que está ligado ao contexto social, político e económico de Galicia no século XIX.
- Os escritores do Rexurdimento eran conscientes do seu papel, tiñan un forte sentimento patriótico e querían defender Galicia.
- Nas súas obras denuncian a miseria dos labregos, critican a inxustiza social e loitan por unha sociedade máis xusta e humana.
Contexto Social e Avances do Rexurdimento
- Xorden críticas ao sistema político da Restauración, e con iso nace o rexionalismo.
- Comeza a idea de que Galicia é unha rexión ou nacionalidade que merece ter autonomía política.
- Nas obras hai denuncia da emigración e das súas causas, así como da explotación dos campesiños, obrigados a pagar foros, rendas e tributos.
Avances Importantes do Galeguismo
- Aparecen as primeiras gramáticas da lingua galega.
- Hai máis presenza do galeguismo na prensa.
- Os primeiros galeguistas fundan a Liga Galega, que impulsa o interese pola historia e orixes de Galicia.
- Publícanse obras integramente en galego, como A Tía Catuxa.
Cantares Gallegos (Rosalía de Castro, 1863)
- É o primeiro libro moderno escrito integramente en galego. Publicado en 1863, coincidindo co inicio do Rexurdimento.
- Marca o inicio da literatura galega contemporánea. Rosalía vai compoñendo cantigas ou coplas populares, ata formar un total de 32 poemas.
- Emprega refráns, ditos, expresións típicas e formas populares: é un verdadeiro volume de poesía folk.
- A obra ten unha estrutura circular: comeza e remata con poemas dedicados á "meniña gaiteira", que representa a voz poética feminina e popular galega.
Orixe e Evolución Histórica da Lingua Galega
O Galego-Portugués, Galego e Portugués
Orixe común: No século IX-XIII existía unha mesma lingua chamada galego-portugués. Usábase tanto en Galicia como en Portugal, e tamén na poesía medieval (as cantigas).
Separación do Galego e Portugués
- A partir do século XIII, Portugal independízase politicamente.
- Desenvolve o portugués como lingua nacional e oficial.
- Mentres, en Galicia comeza o proceso de castelanización.
A Castelanización en Galicia e a Expansión Portuguesa
- Desde o século XV, o castelán empeza a ocupar os ámbitos formais: xustiza, administración, ensino...
- O galego queda reducido ao uso oral e familiar, sobre todo no rural. Comeza un proceso de marginalización e dependencia cultural respecto ao castelán.
- No século XV e XVI, Portugal expándese por África, Asia e América. O portugués faise lingua internacional, mentres o galego segue reprimido en Galicia.
Consecuencias da Diverxencia Lingüística
- O galego non puido conformar unha cultura propia oficial, como si o fixo o portugués.
- Mantívose vivo grazas ao uso oral, pero con moitas interferencias do castelán.
- Aparecen variedades dialectais e diferenzas locais.
A Etapa do Galego Medio: Os Séculos Escuros (Séculos XVI-XVIII)
Retroceso do idioma na administración. Non hai mecenas nin unha corte prestixiosa. Período de escurecemento da nosa literatura. O galego mantívose como lingua (oral) maioritaria de Galicia.
Non será ata os ss. XIX e XX, coa escola pública, os medios de comunicación e o triunfo do estado liberal, que o castelán se irá introducindo progresivamente nas capas medias e populares.
Literatura Culta e Popularizante
- Literatura Culta: Textos líricos e textos teatrais (exemplo: Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, sobre os enfrontamentos, con final feliz, entre os habitantes do Río Miño polos dereitos de pesca).
- Literatura Popularizante: Vilancico galego (composicións en verso, musicadas e de aire popular) e Romances e cancións (exemplo: Pranto da Frouseira, de autor anónimo).
A Ilustración Galega (Século XVIII)
A Ilustración sitúase a medio camiño entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento. Non aumentan moito os textos redactados en galego, pero aparecen sociedades interesadas en estudar a realidade de Galicia.
Comeza a falarse da historia de Galicia e das orixes do galego. Este interese pola redignificación da nosa cultura culminará cos autores do Rexurdimento. Ilustrados destacados: Cura de Fruíme, Padre Feixoo e Padre Sarmiento.
Obxectivos dos Ilustrados
Superar o estado de atraso económico, social e cultural en que se encontraba Galicia.
- Ensino en galego.
- Emprego da lingua galega pola Igrexa.
- Estudos sobre as orixes do noso idioma.
- Ensino da lingua galega.
Os Precursores do Rexurdimento e Eventos Clave
Francisco Añón (1812–1878): O poeta máis destacado dos precursores.
- Participou nos Xogos Florais da Coruña (1861) cun himno a Galicia ("A Galicia") que recibiu un accésit.
- Nunca publicou un libro en vida, pero foi moi popular entre os seus contemporáneos.
Alberto Camino (1820–1861): Destacou por poemas líricos como O desconsolo e Nai chorosa, de ton amoroso e elexíaco.
Xoán Manuel Pintos (1811–1876):
- En 1853 publicou A gaita gallega, primeiro libro en galego do século XIX.
- Obra didáctica, con poemas, prosas, vocabularios e defensa do galego.
- Inspirado por Martín Sarmiento, describe costumes, lingua e realidade de Galicia.
Xogos Florais da Coruña (1861):
- Evento literario clave que impulsa o galego como lingua culta.
- Deu lugar á publicación do Álbum de la Caridad (1862), con 40 poemas en galego de autores como Rosalía de Castro, Añón, Pintos, Pondal...
- Algúns poemas de Rosalía pasarían despois a Cantares gallegos (1863).
Follas Novas (Rosalía de Castro, 1880)
- É o segundo libro de poesía en galego de Rosalía (despois de Cantares gallegos, 1863).
- Publicado en 1880.
- Comeza cunha dedicatoria e un prólogo, onde Rosalía mostra a súa solidariedade co pobo galego, especialmente coas mulleres humildes e sufridoras.
- A autora interioriza a dor e os sufrimentos alleos, facéndoos seus.
- Componse de 5 libros e contén un total de 136 poemas.
Estrutura de Follas Novas (5 Libros)
- Vaguedás
- Do íntimo
- Varia
- Da terra
- As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos