Historia e Cultura: Termos Clave da Idade Media

Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,38 KB

Tema 6

1. ARRABALDE: barrio que agrupa xente humilde cando xa non quedaba espazo dentro dos seus muros. Na Pontevedra medieval, o barrio extramuros sería a Moureira.

2. POGROMOS: masacre, aceptada ou promovida polo poder, de xudeus. En España destacan os ataques ás xuderías, barrios dunha cidade onde vivían os xudeus, de Sevilla, Córdoba ou Barcelona, sucedidos no século XIV. As consecuencias destes ataques foron a conversión de parte deles ou a emigración (Portugal, norte de África, Turquía).

3. SINAGOGA: centro de oración dos xudeus, onde o rabino interpreta a Tora, o libro sagrado, formado polos cinco primeiros libros da Biblia.
Os dous elementos principais da sinagoga son a arca, onde se conservan os rolos das sagradas escrituras (Tora), e a tarima, desde a que se celebran as cerimonias. É de destacar a presenza no templo do candelabro de sete brazos.

4. PATRICIADO URBANO: grupo social minoritario, integrado polos ricos comerciantes, os banqueiros e os dirixentes dos principais gremios. Terminaron acaparando o goberno da cidade.

5. BARBEITO: terra de labor que se mantén sen sementar durante un ou máis anos, co fin de que o solo recupere a súa fertilidade.

6. CAMBIADOR: persoa especializada en taxar, pesar e cambiar moedas a cambio dun xuro. Moitos cambiadores acabaron converténdose en banqueiros.

7. GUERRA DOS CEN ANOS: conflito bélico entre Francia e Inglaterra na Baixa Idade Media. A guerra iniciouse por un problema sucesorio da coroa francesa e pola pretensión do monarca inglés, que posuía unha serie de territorios en Francia, de ser recoñecido como rei de Francia. O conflito finalizou co triunfo francés, que recuperou practicamente todos os territorios en mans dos ingleses. Un dos personaxes máis famosos desta guerra foi Xoana de Arco.

8. HANSA: federación comercial e defensiva creada por varias cidades do norte de Alemania na Idade Media. Como obxectivo fundamental desta liga hanseática estaba a práctica e o fomento do comercio no entorno do Mar Báltico e do Mar do Norte. Entre as cidades hanseáticas máis importantes temos a Lübeck, Hamburgo e Colonia.

9. GREMIOS: corporación profesional de artesáns dedicados a un mesmo oficio. Estas asociacións tiñan como obxectivos cumprir unha serie de normas tendentes a: limitar a competencia na propia cidade, vixiar a calidade dos produtos, controlar os prezos dos mesmos e protexer e axudar as familias dos asociados en caso de necesidade. Tamén existían gremios de comerciantes. En Pontevedra tivo moita importancia o chamado Gremio de Mareantes.

10. OFICIAL: integrante dun obradoiro xunto ao aprendiz e o mestre. Coñece o seu oficio porque superou a etapa de aprendizaxe, pero aínda non alcanza o grao de mestre, polo que traballa para este a cambio dun salario. Para acceder a mestre, debe pasar un exame (obra maestra), e desta maneira poden establecerse pola súa conta, co permiso do gremio, nun novo obradoiro.

Entradas relacionadas: