A Historia e Características da Literatura Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,98 KB

CANTIGAS DE BURLAS: son composicións de carácter burlesco nas que os trobadores galego-portugueses medievais facían mofa da sociedade. A finalidade é facer rir ao público.

Maldicir: crítica e a burla fanse de xeito directo. Empregan unha linguaxe directa e explícita. Escarmio: crítica e a burla fanse de xeito encuberto. Empregan palabras que podían ter un dobre sentido. Empregan o recurso do equívoco.

CLASIFICACIÓN TEMÁTICA: Sátira política: crítica dos problemas políticos e militares do século XIII. Sátira lírica: crítica e burlas doutros trobadores e xograres, colegas de profesión que supostamente facían mal o seu traballo. Parodias do código do amor cortés. Sátira social: críticas a diferentes grupos sociais. Os grupos máis atacados foron os infanzóns e o clero, pero tamén as soldadeiras, homosexuais ou distintos profesionais pola súa incompetencia.

CARACTERÍSTICAS FORMAIS:

  • A lingua das cantigas de burlas, como a súa temática, é moito máis variada e permite coñecer o rexistro lingüístico coloquial, e mesmo vulgar.
  • Os recursos estilísticos son os propios da cantiga de amor (dobre, mordobre, fiinda e atafiinda).
  • En canto á estrutura, o tema central ou crítica da cantiga adoita encontrarse na primeira estrofa. É frecuente o paralelismo semántico.

PROSA MEDIEVAL: LITERARIA: CICLO DA MATERIA DE BRETAÑA: lendas bretonas xiran arredor da figura do mítico rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda. Conservamos fragmentos de:

  • Libro de Xosé de Arimatea: historia do xudeu que recolle o sangue de Cristo nunha cunca, o Santo Grial, cáliz empregado na última cea.
  • Libro de Merlín: fragmento que conta as profecías do mago anunciando os tempos do cabaleiro predestinado ao rescate do Grial.
  • A Demanda do Santo Grial: narra as aventuras dos cabaleiros do rei Arturo, Perceval, Galaaz e Boor, que saen na busca do Grial.
  • Libro de Tristán e Isolda: fragmento que narra os amores tráxicos dos amantes.

MATERIA DE TROIA: A guerra de Troia tivo tamén grande éxito na Europa do século XII como materia narrativa a través das falsas traducións. As traducións realizáronse en Betanzos ou Pontedeume por mandato do conde Fernán Pérez de Andrade.

  • Crónica Troiana: tradución do castelán rematada en 1373.
  • Historia Troiana: tradución do castelán de final do XIV.


HISTÓRICA: Na historiografía galega consérvanse textos que tiñan carácter propagandístico:

  • Crónica Xeral Galega: tradución da castelán Cronica General de Castilla.
  • General Estoria: é unha versión galega da castelá de Afonso X, na que se narra a historia dende a aparición do home ata a era do monarca.
  • Crónica Galega de 1404: escrita orixinalmente en galego.
  • Crónica de Santa María de Iria: obra do XV, feita por Rui Vasques.

HAXIOGRÁFICA: textos que tratan do culto, vida e milagres dos santos, de gran tradición desde os comezos do cristianismo. Conservamos algúns na prosa galego-portuguesa:

  • Os Milagres de Santiago: tradución incompleta do Códice Calixtino, manuscrito latino do XII, redactada a finais do XIV ou comezos do XV por tres escribas diferentes.

TABELIÓNICA: agrupamos aquí escritos variados pero con finalidade sempre utilitaria: 1. TEXTOS XURÍDICOS: O galego foi empregado con normalidade na documentación pública e privada nos séculos XIV e XV. Conservamos:

  • a) Livro da Teença do Orreo (1438)
  • b) Regra da Confraría de Santa Tegra da Guarda (comezos XVI)
  • c) Livro dos Cambeadores de Santiago e Ordenanzas dos Acibecheiros de Santiago
  • d) As Sete Partidas de Afonso X, fragmentos de tradución galega e portuguesa.

2. TEXTOS DIDÁCTICOS: Tratado de Albeitaría: tratado sobre a cura de cabalos. 3. OUTROS TEXTOS: fragmentos da Arte de Trobar, traducións da Biblia, entre outros.

SECULOS ESCUROS: o período abranguido entre os séculos XV e XVIII, que se caracteriza pola case ausencia total de literatura escrita. O inicio desta etapa foi coa data na que o Mariscal Pedro Pardo de Cela foi decapitado na praza maior de Mondoñedo no 1483 e como final o ano 1808, data na que comeza a Guerra de Independencia. É esta unha etapa na que a lingua perde prestixio entre os falantes que ven como a lingua de poder é o castelán.

1. Lingua galega nos séculos escuros: Ruralización do galego: ata o século XV o galego foi a lingua de todos os estamentos oficiais, pero decaeu na súa condición como lingua oficial co nacemento do moderno Estado español. O español converteuse na lingua da cultura e da administración, mentres que o galego foi relegado á consideración de lingua oral e rural. Características da lingua:

  • Por un lado, causou unha forte eiva no campo do léxico.
  • Por outro, provocou que non existisen gramáticas, dicionarios e estudos científicos sobre a lingua.


Durante a época Moderna producíronse no galego os grandes cambios fonéticos e morfosintácticos:

  • Aparición do son [Ө]: que vén a substituír o antigo ts (escrito c e ç) e ds (escrito z): alzar (< alçar>).
  • Aspiración do son [g]: que deu lugar á gheada: gato [hato].
  • Perda dos correlatos sonoros do «s» e o «x».
  • Nas grafías, mentres o portugués mantén NH e LH, o galego decide por Ñ e LL.
  • Os pretéritos crean formas novas en rematadas en -O, (el dixo no canto de el disse).
  • Imposición do artigo precedendo ó posesivo: o meu can.

2. Literatura nos séculos escuros: Literatura popular: nos séculos XV, XVI, XVII e XVIII a literatura galega foi case exclusivamente de carácter oral, popular e anónima. Só se conserva a través da memoria colectiva. Consérvase un cancioneiro popular, composto por alalás, aninovos, desafíos, esconxuros, cantigas de maio... Son cantigas formadas por estrofas sinxelas que utilizan un léxico corrente e unha sintaxe sinxela, acompañadas normalmente de música. Desenvolvéronse nesta época os “vilancicos galegos”. Son composicións nas que se produce a galeguización do misterio e a literatura galega. Poesía anónima tradicional e composicións “de circunstancias”: tamén chegaron até nós unha serie de composicións que fan referencia a diversos acontecementos da época. Poesía culta: da poesía renacentista (s. XVI) só conservamos un soneto de Isabel de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, dedicado ao poeta Alonso de Ercilla. Da poesía barroca (s. XVII) xa conservamos máis mostras:

  • Dous sonetos contidos na Relación de las Exequias de la Reina Doña Margarita de Austria (1611), un de Gómez Tonel chamado “Soneto con falda”, e outro de Vázquez de Neira, titulado “Respice Finem”.
  • As Décimas ao apóstolo Santiago, compostas por Martín Torrado para criticar o intento de nomear a Santa Teresa copatroa de España.
  • Nove romances presentados para participar nas Festas Minervais do ano 1667, concurso poético organizado pola Universidade de Santiago.

Teatro: xa existía unha tradición teatral de carácter oral e teatro de carácter litúrxico. A primeira peza dramática que conservamos é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671). Esta obra reflicte a discusión entre pescadores das dúas marxes do río sobre a pesca con redes e remata coa súa reconciliación.

3. Ilustración: o século XVIII merece un estudo especial xa que neste período van xurdir unha serie de intelectuais que se van interesar pola situación do galego, reivindicando a súa consideración como lingua irmá do castelán. A súa principal contribución á historia da nosa literatura vai ser este labor intelectual que axudará a subir os chanzos que nos levan a unha literatura normalizada. Merecen especial mención os seguintes personaxes:

  • O Padre Feijoo (1676-1764): dentro da súa abondosa obra reivindica a condición do galego como lingua románica irmá do castelán e do portugués.
  • O Padre Sarmiento (1695-1772): home polifacético, lingüista, historiador da literatura, naturalista, etc., sen dúbida pasou á historia por ser o primeiro en reivindicar a utilización do galego no ensino.
  • O Cura de Fruíme, Diego de Cernadas e Castro (1698-1777): é autor dunha extensa obra na que se conteñen quince composicións en galego.
  • Xosé Cornide e Saavedra: autor do soneto “A Filida”, considerado a mostra máis destacada do que puido ser a literatura prerromántica.

Entradas relacionadas: