Hidrografía de Galicia: Ríos (Miño-Sil) e Principais Lagoas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,29 KB

As Augas en Galicia

Os Ríos

A compartimentación do relevo e a elevada pluviometría inflúen sobre a fluvioloxía de dúas maneiras: por unha banda, os cursos serán moi numerosos e con caudal considerable; por outra, existirán moitas concas, case tantas como ríos. Analizaremos de seguido os principais ríos galegos, comezando polos das concas costeiras (cantábrica e atlántica) e rematando polos interiores (Miño – Sil e Támega).

Ríos da Vertente Cantábrica

Ríos curtos e con fortes pendentes (ás veces teñen aspecto bastante torrencial, agás nos seus tramos finais). Posúen réxime pluvial en todo o seu percorrido. Destacamos:

  • Navia
  • Eo
  • Masma
  • Landro
  • Sor
  • Mera

Ríos da Vertente Atlántica

En xeral, son de maior percorrido e menores pendentes que os anteriores. Posúen caudais considerables, augas tranquilas e réxime pluvial oceánico. Os principais exemplos son:

  • Río Grande de Xubia
  • Eume
  • Mandeo
  • Mendo
  • Mero
  • Anllóns
  • Grande de Baio
  • Xallas
  • Tambre
  • Ulla
  • Umia
  • Lérez
  • Verdugo
  • Oitavén

O Colector Miño – Sil

O Miño é o río máis importante de Galicia tanto por caudal como por lonxitude. O seu réxime é variable, pluvio-nival ou pluvial, dependendo de onde procedan os aportes. Nos seus 340 km de percorrido, atravesa as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. Como é un río longo, circula por variadas terras e recibe afluentes de diferentes características, aínda que se poden distinguir tres tramos no seu curso.

Curso Alto do Miño

Vai dende o Pedregal de Irimia (Serra de Meira) até Os Peares. Até Lugo amosa formas divagantes e recolle neste tramo unha serie de afluentes como: Támoga, Azúmara e Ladra. Unha vez pasado Lugo, o relevo vólvese abrupto, crea grandes gorxas e represa nos encoros de Belesar e Os Peares. Até aquí chéganlle o Asma, o Búbal e o Neira – Sarria. Nos Peares, o Sil vértelle as súas augas. O Sil é un río longo, de extensa conca e rede articulada. Os principais afluentes do Sil son:

  • Quiroga
  • Lor
  • Cabe
  • Casaio
  • Mao
  • Bibei (en Montefurado)
Curso Medio do Miño

Vai dende Os Peares até o límite da provincia de Pontevedra. Os principais afluentes son: Loña, Barbaña, Arnoia, Barbantiño e Avia.

Baixo Miño

O último tramo, o do Baixo Miño, remata na Guarda, onde serve de fronteira con Portugal. Os afluentes máis destacados neste sector son: Deva, Tea, Louro e Tamuxe.

Ríos Internacionais

Os principais ríos internacionais son:

  • Limia
  • Támega

Lagos e Lagoas

Os lagos e lagoas son escasos e de pequeno tamaño. Entre os máis importantes están:

  • A de Antela (hoxe desecada), en Ourense.
  • A de Cospeito, en Lugo.
  • A da Frouxeira, en Valdoviño.
  • A de Doniños, en Ferrol.
  • A de Louro, en Muros.
  • A de Corrubedo, en Ribeira.
  • A de Baldaio, en Carballo.
  • A de Sobrado, na Coruña.
  • A de Fonmiñá, en Lugo.

Entradas relacionadas: