Guía dos Xéneros da Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,07 KB

A Cantiga de Amigo

A cantiga de amigo, ao igual ca as xarchas mozárabes e os vilancicos casteláns, ten a súa orixe nunha tradición lírica popular que se estendía por boa parte da Península. Trátase, nos tres casos, de poesía de carácter feminino, de ambiente doméstico e familiar, e cun ritmo repetitivo. A palabra «amigo» adoita aparecer nos primeiros versos e serve de palabra clave para identificar o xénero.

Características da Literatura Medieval

Toda a literatura medieval está condicionada polo feito de estar pensada non para ser lida, senón para ser cantada.

A Cantiga de Amor

A cantiga de amor é unha composición de temática amorosa na que un cabaleiro expresa o seu amor cara a unha dama. O amador manifesta a súa veneración por tan admirable dona ou a súa profunda dor porque o seu amor non é correspondido.

Tipos de Cantigas de Amor

As cantigas de amor constan dun número variable de estrofas que, polo xeral, non pasan de tres. Diferenciamos dous tipos principais:

  • Cantigas de refrán: Caracterízanse por ter uns versos que se repiten en todas as estrofas e constitúen o refrán.
  • Cantigas sen refrán: Estas non teñen refrán. Son as máis próximas ao modelo provenzal e eran consideradas polos trobadores as máis perfectas, de aí o seu nome.

Ademais, nalgunhas cantigas pode aparecer unha estrofa máis breve, situada ao final, que resume o contido da composición.

As Cantigas de Escarnio e Maldicir

Xunto á temática amorosa, na lírica galego-portuguesa medieval existía tamén unha liña satírica, representada polas cantigas de escarnio e maldicir. Fronte a esta crítica seria do sirventés, as cantigas galego-portuguesas o que pretenden é a burla, facer rir a través da sátira e da caricatura.

Clasificación Temática

As cantigas de escarnio e maldicir teñen unha temática moi variada, posto que o seu obxecto é ridiculizar os diferentes aspectos da época. Entre elas, destacan:

  • Sátira política.
  • Sátira social.
  • Sátira de costumes: Fan burla das crenzas en agoiros e astroloxía, das modas no vestir, etc.
  • Sátira literaria: Son escarnios que se dirixen entre si os trobadores e xograres acerca da pouca habilidade poética, as pretensións de ascenso dos xograres, etc. Tamén se inclúen neste grupo as sátiras que se burlan dos tópicos das cantigas de amor.
  • Sátira sexual.
  • Sátira moral: Son as composicións que máis se asemellan ao sirventés provenzal, pola intención didáctica e moralizadora que as caracteriza.

Xéneros Menores da Lírica

Agrúpase baixo a denominación de «xéneros menores» un conxunto de composicións menos cultivadas que as dos tres grandes xéneros.

A Pastorela

Unha destas composicións é a pastorela, de orixe provenzal e presente en moitas literaturas da época. Adoitaba presentar o seguinte esquema argumental:

  • Comezo narrativo que explica o encontro do cabaleiro e a pastora.
  • Descrición do lugar, baixo o tópico do locus amoenus.
  • Descrición da pastora, semellante ao eloxio da dama.
  • Contestación da pastora, coa aceptación ou o rexeitamento desta.

A Lírica Relixiosa: As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son un conxunto de 427 cantigas en honra da Virxe. Consérvanse en catro códices, que se atopan na Biblioteca Nacional de Madrid, na do Escorial e na Biblioteca Nacional de Florencia.

Temática das Cantigas de Santa María

Algunhas cantigas relatan milagres intranscendentes, mentres que noutras se manifestan situacións verdadeiramente sobrenaturais. Nas cantigas aparecen representadas todas as clases sociais, polo que constitúen un documento realista da sociedade da época.

Entradas relacionadas: