Guía de Igualdade Laboral e Prestacións Sociais en Galicia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,3 KB

Os Plans de Igualdade

Desigualdade no Mercado Laboral

Existe desigualdade entre homes e mulleres no mercado laboral:

  • Fenda salarial: aproximadamente un 20%.
  • Reducións de xornada e excedencias.
  • Contratación de duración determinada e a tempo parcial.
  • Postos de alta dirección e de representación.
  • Etc.

Obrigatoriedade do Plan de Igualdade

O Plan de Igualdade é obrigatorio (agás empresas con menos de 50 traballadores).

O Plan de Igualdade precisa dun diagnóstico de situación para acadar a igualdade de trato e oportunidades.

Deben incluír unha auditoría retributiva: obriga de igual retribución por traballo de igual valor. Un traballo terá igual valor que outro cando “a natureza das funcións ou tarefas que se levan a cabo en realidade sexan equivalentes”.

Incapacidade Temporal

Requisitos

Para a enfermidade común:

  • Afiliación e alta.
  • Carencia de 180 días nos últimos 5 anos.

Aplícase tamén a: Accidente Non laboral, Accidente laboral e Enfermidade profesional.

Continxencias Comúns

Base Reguladora (Br) = BCCC / nº de días. Os tres primeiros días non se cobran; 17 días ao 60% e o resto ao 75%.

Continxencias Profesionais

Br = (BCCP - HE) + (HE/365). Cobran o 75% a partir do día da baixa.

Prestación de Desemprego

Requisitos

  • Afiliación e alta.
  • Situación legal de desemprego.
  • Carencia de 360 días nos últimos 6 anos.
  • Non ter a idade de xubilación.

Br = Base de desemprego nos últimos 180 días / 180 días.

  • Os 6 primeiros meses: 70% da Br.
  • Despois: o 60% da Br.

Incapacidade Permanente

  • IP Parcial: Diminución do 33% do rendemento sen afectar as tarefas esenciais da profesión. Pago de 24 mensualidades da Br.
  • IP Total: Pensión do 55% Br (Pode incrementarse nun 20% se é IPT Cualificada e a persoa ten máis de 55 anos e non traballa).
  • IP Absoluta: 100% Br.
  • Gran Incapacidade: 100% Br + % adicional (ata un 50%).

Requisitos para o Réxime Xeral (IP Total)

As persoas incluídas no Réxime Xeral para as prestacións de incapacidade permanente total deben:

  • Non ter a idade prevista para a xubilación ou non reunir os requisitos para acceder a ela.
  • Estar afiliadas e en alta ou situación asimilada á alta.
  • Cando a incapacidade derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional, as persoas traballadoras consideraranse de pleno dereito afiliadas e en alta, aínda que a empresa incumpra as súas obrigas.
  • Se a incapacidade deriva de enfermidade común, esíxese ter cuberto un período previo de cotización. O período de cotización varía en función da idade do interesado.

Prestacións de Morte e Supervivencia

  • Prestación de viuvez: 52% Br (pode acadar o 70%).
  • Prestación de orfandade: 20% para cada fillo (máximo ata os 25 anos).
  • A prol de familiares: 20%.

Prestacións de Xubilación

Requisitos

Os requisitos son:

  • Idade de xubilación: 65 anos (para carreiras longas con 38,3 anos cotizados) ou 66 anos e 8 meses (con quince anos cotizados, dous nos últimos quince).
  • A contía depende do tempo cotizado: 50% con 15 anos e 100% con 36,5 anos cotizados.

Subsidio de Desemprego

Existen 3 tipos de situacións que poden dar lugar a este subsidio: por esgotamento da prestación contributiva, persoa con cotizacións insuficientes e persoa desempregada maior de 52 anos.

A duración dependerá da situación da persoa desempregada.

É necesario o cumprimento de non percibir rendas de calquera tipo superiores ao 75% do SMI.

Contía: 95%, 90% ou 80% do IPREM (depende da situación).

Garantías e Salarios

Salario Mínimo e IPREM

Establecemento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI): 1184 euros/mes. Tamén se utiliza o IPREM (Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples).

O SMI é inembargable agás que existan débedas de pago de pensións alimenticias.

Os salarios son débedas privilexiadas (ata 2 ou 3 SMI).

FOGASA

FOGASA é unha institución que garante parcialmente os salarios e indemnizacións pendentes de pago, a causa da insolvencia ou concurso do empresario. Garante un máximo de 4 meses e 2 SMI. Os seus fondos proveñen de que as empresas pagan unha porcentaxe do 0,2% nas nóminas.

Salario en Especie

O salario en especie (pagos en bens distintos aos cartos: vivenda, vehículo, seguros médicos, etc.) en ningún caso poderá superar o 30% do total das percepcións salariais da persoa traballadora.

Entradas relacionadas: