Guía de Gramática Galega: Determinantes, Verbos e Sintaxe
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Física
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,01 KB
Determinantes e Pronomes
Indefinidos
- Non relativos: algún, un, todo, certo, ningún, uns cantos, varios.
- Relativos:
- Comparación explícita: tantos, máis, menos, moitos, poucos.
- Comparación implícita: bastante, abondo, demasiado.
Identificadores
Serven para reidentificar elementos xa presentados ou identificar un elemento novo tomando como referencia outra entidade dun discurso previo.
Pronomes Persoais
- Tónicos: (ver imaxe).
- Átonos (clíticos): me, te, che, lle, o/lo/no, se, nos, vos, lles, os/los/nos, se.
Conxugación Verbal
Indicativo
- Presente: ando, bato, vivo.
- Imperfeito: andaba, batía, vivía.
- Perfeito: andei, batín, vivín.
- Pluscuamperfecto: andara, batera, vivira.
- Futuro: andarei, baterei, vivirei.
- Condicional: andaría, batería, viviría.
Subxuntivo
- Presente: ande, bata, viva.
- Imperfeito: andase, batese, vivise.
- Futuro: equivale ao infinitivo conxugado.
O Infinitivo
Infinitivo Invariable
É obrigatorio cando:
- Forma parte dunha perífrase.
- É impersoal.
- Está rexido por un verbo modal ou de movemento e ten o mesmo suxeito.
- Depende dun verbo causativo ou perceptivo e está inmediatamente despois del, ou separado só polo seu suxeito.
- En construcións con valor final con verbos de movemento.
- Ten o mesmo suxeito que o verbo principal e non vai introducido por preposición.
- Depende da preposición de e a frase preposicional funciona como modificador dun adxectivo.
Infinitivo Conxugado
Úsase cando:
- O suxeito é expreso ou se quere facer patente, sendo distinto ao verbo principal.
- O suxeito, sendo distinto, non está expresado e convén marcalo para evitar ambigüidade.
- Ten o mesmo suxeito que o verbo principal, pero vai antes ca el e precedido dunha preposición.
- Aínda tendo o mesmo suxeito, vai posposto a unha distancia suficiente para escurecer o seu suxeito.
- Con verbos pronominais ou reflexivos.
Valores Especiais dos Demostrativos
- Ese / Esa: valor despectivo ao acompañar ou substituír un nome.
- Iso: expresa desinterese ou indiferenza.
- Aquel / Aquela: substantivos que expresan algo pouco definido ou ambivalente.
- Daquela: adverbio de tempo (entón) ou conxunción consecutiva (polo tanto).
- Nisto, niso, nestas, nesas, con estas, con isto: uso adverbial temporal.
- Frases feitas: por estas, con esas, iso si, iso xa, isto é, por esas, por iso.