Guía para emprendedores: Tipos de empresas e trámites

Enviado por Chuletator online y clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,25 KB

A Empresa

Definición

Unha empresa é unha organización dedicada a actividades industriais, mercantiles ou de prestación de servizos con fins lucrativos. Conta con elementos humanos, bens económicos e coñecementos técnicos e económicos. Para o seu funcionamento, require:

  • Recursos produtivos: traballo, maquinaria
  • Recursos financeiros: para investir
  • Recursos de marketing: para vender

Tipos de empresas

Podemos clasificar as empresas segundo diferentes criterios:

  • Propiedade: Privadas, Públicas, Mixtas
  • Forma xurídica: Individual, Social
  • Tamaño: Pequenas, Medianas, Grandes
  • Actividade: Primaria, Secundaria, Terciaria
  • Ámbito: Locais, Provinciais, Nacionais, Multinacionais

O Empresario/a

Definición

Un empresario/a é a persoa titular, propietaria ou directiva dunha industria, negocio ou empresa. As súas funcións principais son:

  • Decidir crear unha empresa
  • Aportar os medios necesarios para poñela en marcha
  • Xestionar a empresa que creou
  • Asumir o risco económico
  • Ser innovador/a e principal axente do desenvolvemento económico

Existe unha separación entre a función directiva, que se leva a cabo por un grupo de expertos na toma de decisións, e os propietarios da empresa.

Empresas Individuais

Un empresario/a individual é a persoa física que realiza en nome propio e por medio dunha empresa unha actividade comercial, industrial ou profesional.

Ríxese polo Código de Comercio en materia mercantil e polo Código Civil en materia de dereitos e obrigas. As persoas físicas poden adoptar as formas xurídicas de Comunidade de Bens e Sociedade Civil.

Empresario/a Autónomo/a

Un/ha empresario/a autónomo/a é a persoa que realiza unha actividade económica en nome propio. Esta actividade empresarial pódese desenvolver como persoa física (empresario/a individual) ou como persoa xurídica (sociedade civil ou mercantil).

Características:

  • Deben darse de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
  • Exercen unha actividade económica a título lucrativo por conta propia, de forma habitual, persoal e directa.
  • Os profesionais que exercen a súa actividade por conta propia, con independencia da obriga de colexiación.
  • As persoas que exercen funcións de dirección e xerencia de sociedades mercantiles.
  • Os socios de comunidades de bens e sociedades civís.

TRADE (Traballador/a Autónomo/a Economicamente Dependente)

Un/ha TRADE é a persoa física que realiza unha actividade económica ou profesional a título lucrativo e de forma habitual, persoal, directa e predominantemente para unha persoa física ou xurídica, denominada cliente, do que depende economicamente por percibir del, polo menos, o 75% dos seus ingresos.

Características:

  • Non pode ter traballadores/as ao seu cargo.
  • Debe dispor de infraestrutura productiva e material propios.
  • Desenvolve a súa actividade con criterios organizativos propios, sen prexuízo das indicacións técnicas que puidese recibir do seu cliente.
  • Percibe unha contraprestación económica en función do resultado da súa actividade, de acordo co pactado co cliente e asumindo o risco.

Comunidade de Bens

Unha Comunidade de Bens consiste nun contrato polo cal a propiedade dunha cousa ou dun dereito pertence pro indiviso a varias persoas. Para exercer a actividade requírese un número mínimo de dous socios e a existencia dun contrato privado no que se detalle a natureza das aportacións e a porcentaxe de participación de cada comunero nas perdas e ganancias.

Sociedade Civil

Unha Sociedade Civil é un contrato polo cal dúas ou máis persoas poñen en común capital, co propósito de repartir entre si as ganancias. O número mínimo de socios será de dous e o capital está formado polas aportacións dos socios, tanto en diñeiro como en bens ou industria.

Trámites Administrativos

Para constituír unha empresa, débense realizar os seguintes trámites administrativos:

  • Laborais: Alta na Seguridade Social, comunicación de apertura do centro de traballo, afiliación e número da Seguridade Social e alta dos traballadores/as por conta allea contratados/as.
  • Fiscais: Alta no censo.
  • Libro: Adquisición e legalización do Libro de Visitas.
  • Rexistro: Inscrición no Rexistro da Propiedade Inmobiliaria.
  • Municipio: Licenza municipal de obras e licenza municipal de apertura.

Adopción de Personalidade Xurídica

Os pasos para a adopción de personalidade xurídica son:

  • Solicitude da denominación social.
  • Autorización previa administrativa.
  • Outorgamento de escritura pública de constitución.
  • Liquidación de impostos.
  • Solicitude do NIF ou CIF.
  • Inscrición no Rexistro Mercantil e nos rexistros especiais, de ser o caso.

Sociedades Mercantiles

  • Sociedade Colectiva
  • Sociedade de Responsabilidade Limitada
  • Sociedade Limitada Nova Empresa
  • Sociedade Anónima
  • Sociedade Comanditaria por Accións
  • Sociedade Comanditaria Simple

Vantaxes e Inconvenientes

  • Empresario/a individual: Vantaxes: Simplicidade de trámites. Inconvenientes: Responsabilidade persoal ilimitada.
  • Comunidade de bens: Vantaxes: Simplicidade de trámites e reparto da carga fiscal entre socios/as. Inconvenientes: Responsabilidade ilimitada de cada comunero/a.
  • Sociedade civil: Vantaxes: Simplicidade de trámites e reparto da carga fiscal entre socios/as. Inconvenientes: Responsabilidade ilimitada dos socios/as.

Sociedades Mercantiles Especiais

  • Sociedade Laboral
  • Sociedade Cooperativa
  • Sociedade de Garantía Recíproca
  • Entidades de Capital de Risco
  • Agrupacións de Interese Económico
  • Sociedade de Inversión Inmobiliaria

Entradas relacionadas: