Guía de Contratos Laborais e Organismos Clave de Emprego en Galicia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,52 KB

Organismos e Competencias Clave no Ámbito Laboral

Ministerio de Traballo e Economía Social

  • Ten competencias en emprego, economía social e responsabilidade social das empresas.
  • Pode elaborar reais decretos e ordes ministeriais.

Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións

  • Ten competencias en Seguridade Social.
  • Encárgase da elaboración e desenvolvemento de políticas en materia de estranxeiría, inmigración e emigración, así como de políticas de inclusión.

A Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS)

As súas funcións principais son:

  • Vixilancia e esixencia do cumprimento das normas legais, regulamentarias e do contido normativo dos convenios colectivos.
  • Asistencia técnica e orientación xeral a empresas, traballadores/as, entidades e organismos da Seguridade Social e outros órganos das Administracións Públicas respecto á aplicación das normas de orde social.
  • Realización de informes técnico-laborais solicitados polos órganos xudiciais laborais.
  • Servizos de arbitraxe, conciliación e mediación en conflitos laborais.
  • Investigación das infraccións en materia laboral e de seguridade e hixiene, e proposta, no seu caso, á autoridade laboral, das sancións correspondentes.

Modalidades de Contratos de Traballo

Contratos Temporais de Duración Determinada

Son aqueles que deben facer referencia á causa pola que se extinguirían ou á data da súa conclusión.

A) Contrato eventual por circunstancias da produción

Enténdese por circunstancias da produción o incremento ocasional e imprevisible da actividade e as oscilacións, tratándose da actividade normal da empresa, que xeran un desaxuste temporal entre o emprego estable dispoñible e o emprego requirido.

B) Contrato de substitución (antes chamado “de interinidade”)

Ten por obxecto a substitución dunha persoa traballadora con dereito a reserva do seu posto de traballo.

Contratos Formativos

  1. Contrato de formación en alternancia

    Ten por obxecto compatibilizar unha actividade laboral retribuída con procesos formativos (en FP, Universidades, ou outros estudos do catálogo de especialidades formativas do Sistema Nacional de Emprego).

  2. Contrato para adquirir práctica profesional

    Ten por obxecto adquirir a práctica profesional axeitada ao nivel de estudos cursados.

Contratos a Tempo Parcial

  1. Contrato ordinario a tempo parcial

    É un contrato celebrado por un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador/a a tempo completo comparable.

  2. Contrato de relevo a tempo parcial

    É un contrato asinado entre unha empresa e unha persoa traballadora que vai complementar a xornada doutro/a traballador/a que accede a unha xubilación parcial.

Outras Modalidades Contractuais

  • Contrato de grupo

    Chámase contrato de grupo a aquel celebrado cun grupo de traballadores/as considerado na súa totalidade.

  • Contratos fixos-descontinuos

    Teñen como obxecto a realización de traballos que teñan a consideración de fixos (porque son estables), mais son descontinuos no tempo. O reingreso da persoa traballadora á empresa faise a través do que se coñece como “o chamamento”.

Entradas relacionadas: