Guía Completa sobre Substantivos e Fonética en Galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,05 KB
SUBSTANTIVO
Castelán Fem-Galego Masc
- Fel (bile), sal, cal, dote (enxoval), diadema, cume, costume, legumes, cárcere, sinal, labor, sorriso, til, ubres
- batidora-batedor, saliva-cuspe, cuna-berce, coz-couce, ardilla-esquío
Castelán Masc-Galego Fem
- arte, águia, auga, ferruxe, viruxe, calor, cute, pantasma, ponte, orde, sida, suor
- Rematadas en -se (análise)
- Rematadas en -axe agás (traxe, paxe, garaxe)
- nogal-nogueira, avellano-abeleira, naranjo-laranxeira, olivo-oliveira, almendro-amendoeira, cerezo-cerdeira, rosal-roseira, arbusto-sebe
- grifo-billa, corcho-cortiza, calambre-cambra, azote-azoute
Cambio de Xénero e Cambio de Significado
- O corte: acción de cortar / A corte: cuadra
- O capital: diñeiro, bens / A capital: cidade
- O coral: animal / A coral: pertencente ao coro
- Os lentes: gafas / As lentes: cristais dos lentes
- O testemuño: testimonio / A testemuña: testigo
- O cal: mineral / A cal: canle
- O cólera: enfermidade / A cólera: enfado
- O editorial: artigo de prensa / A editorial: empresa
PALABRAS REMATADAS EN -L
Monosílabos: -es (soles, coles de bruxelas)
Polisílabos:
- Non agudos: -es (réptiles)
- Agudos:
+ "-IL": cambian -il por -ís (civís)
+ "-al, -el, -ol, -ul": cambian -l por -is (animais, caracois)
FONÉTICA
As disciplinas que se ocupan do plano fónico da lingua son a fonética e a fonoloxía.
A fonética céntrase nos sons que emitimos cando falamos. O seu obxecto de estudo é: as posibles realizacións dos sons.
A fonoloxía estuda os fonemas como representantes dos sons.
Fonema:
- É a imaxe mental dun son que se representa entre barras oblicuas.
- Non se pode dividir, é unha unidade lingüística mínima.
- O número total de fonemas en galego son 26 (7 vocálicos, 19 consonánticos).
- 3 trazos de cada fonema: sonoridade, punto de articulación, modo de articulación.
- Con respecto á sonoridade, as vogais sempre son sonoras.
Alteracións do Vocalismo Átono
- Adición:
+ Prótese: engadir vogal ao comezo da palabra (radio-arradio).
+ Epéntese: engadir "i" no medio de 2 vogais (a alma - a i-alma).
+ Paragoxe: engadir "e" ao final da palabra (muller-mullere).
- Supresión:
+ Aférese: eliminar vogal do principio da palabra (azucre-zucre).
+ Síncope: eliminar vogal no medio da palabra (verán-vran).
+ Apócope: eliminar vogal ao final da palabra (clase-clas).
- Igualación:
+ Asimilación: unha vocal adquire trazos da vogal próxima (cerrar-zarrar, veciño-viciño).
- Diferenciación:
+ Disimilación: un son pasa a articularse de xeito diferente ao outro son próximo (sesenta-sasenta, dolor-delor).