Guía Completa de Sistemas de Alimentación, Seguridade e Infraestrutura TI

Enviado por Alberto y clasificado en Tecnología Industrial

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,99 KB

SAI: Sistemas de Alimentación Ininterrompida

Un Sistema de Alimentación Ininterrompida (SAI), tamén coñecido polas súas siglas SAI, permite gardar datos e manter o funcionamento de equipos críticos se falla o subministro eléctrico.

Problemas que soluciona un SAI

Os SAI son esenciais para protexer os equipos contra diversas anomalías eléctricas:

  • Picos de corrente
  • Sobrevoltaxe
  • Baixadas de tensión
  • Microcortes
  • Ruído eléctrico

Principais tipos de SAI

SAI Standby

Úsase en ordenadores persoais. Cando existe corrente eléctrica, hai unha liña directa con algúns filtros, é dicir, apenas corrixe imperfeccións.

SAI Interactivo ou Inline

SAI de tipo medio, para equipos persoais ou pequenos servidores. Ofrece máis protección, aínda que a batería duraralle menos ca a de standby, porque o compoñente colle enerxía del cando lle falta.

SAI On-line

Traballa constantemente proporcionando a súa propia corrente, independentemente da que vai pola rede. A batería gástase máis ca nos outros, e úsanse normalmente en Data Centers, CPDs, etc.

VA: Vatios Aparentes

A capacidade dun SAI mídese en VA (Vatios Aparentes). A relación coa potencia real (W) e a resistencia (R) pode expresarse como:

VA => Vatios Aparentes => W * 1,4 = R * 20% = RVA (Unidade de medida)

Regletas Protectoras

As regletas protectoras son unha solución económica para o problema das subidas de tensión, protexendo o hardware.

Grupos Electróxenos

Os grupos electróxenos son máquinas que xeran electricidade mediante un motor de combustión interna (gasoil ou diésel).

Utilízanse en lugares nos que é fundamental seguir traballando aínda que se produza un corte eléctrico, como en servidores, Data Centers, hospitais, supermercados, etc.

Elementos dun Grupo Electróxeno

  • Motor: Encargado de xerar a enerxía mecánica, adoita ser de diésel ou gasolina.
  • Alternador: Transforma a enerxía mecánica en corrente eléctrica.
  • Tubo de escape: Expulsa os gases de combustión xerados.
  • Reguladores e Indicadores: Regulan as revolucións do motor para obter maior ou menor potencia.
  • Chasis e Protección: Carcasa que protexe o grupo e facilita o seu transporte.

Monitorización do Hardware

A monitorización do hardware úsase para comprobar o correcto funcionamento do sistema e detectar erros nos compoñentes físicos, como a temperatura da CPU.

Métodos de Monitorización

Método Hardware

Mídense as magnitudes eléctricas dos elementos que forman parte do sistema. Para iso, usaremos un polímetro, que nos permite seleccionar a magnitude que imos medir.

Método Software

Permite detectar o mal funcionamento dos compoñentes dun equipo.

Cableado

A correcta conexión dos dispositivos é moi importante para o bo funcionamento do sistema.

Seguridade Pasiva

Mecanismos de Tolerancia a Fallos

A tolerancia a fallos é a capacidade do sistema de seguir funcionando a pesar da avaría dalgún dos seus compoñentes.

  • Redundancia Estática: Os compoñentes duplicados sempre están activos e funcionando.
  • Redundancia Dinámica: É o propio compoñente redundante o que, mediante outros sistemas, detecta o fallo e comeza a funcionar.
  • Discos duros (RAID): Grupo redundante de discos independentes (RAID), un conxunto de discos que traballan como un só, copiándose en todos e proporcionando redundancia.
  • Fontes de alimentación: Contar cun mínimo para garantir o subministro eléctrico.
  • Tarxetas de Rede: Mínimo de dúas, para garantir picos de solicitudes nos servidores.

Renovación de Equipos

  • Leasing: Aluguer que consiste en pagar unha cota fixa durante un tempo determinado polo contrato, sobre o cal teremos, á finalización do mesmo, opción de compra.
  • Renting: Aluguer sen dereito a compra. Úsase particularmente en empresas de ordenadores ou de coches, xa que o material se deprecia a curto prazo.

Equipos de Substitución

Un equipo de substitución é un ordenador que se usa en caso de que falle o noso. Adoita estar cuberto por unha empresa externa, á cal pagamos unha cota anual.

Racks e Armarios Ignífugos

  • Racks: Almacenan todo tipo de material informático. Teñen unhas medidas estándar de 19 polgadas de ancho.
  • Armarios Ignífugos: Protexen ante o lume, fabricados en materiais illantes.

Entradas relacionadas: