Guía Completa dos Pronomes Persoais Galegos: Tónicos e Átonos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,43 KB

Pronomes Persoais Tónicos e Usos

Formas Tónicas por Persoa

  • P1: eu, min, comigo
  • P2: ti, contigo
  • P3 e P6: el(es), ela(s); si, consigo
  • P4: nós, nosoutros(as), connosco
  • P5: vós, vosoutros(as), convosco
  • Cortesía: vostede(s)

Regras de Uso dos Pronomes Tónicos

  1. O pronome min emprégase despois de preposición e das conxuncións comparativas ca e coma: é máis alto ca min, é tan alta coma min. Nunca: máis alto *que eu, tan alta *como eu.
  2. Na comparación é obrigatorio usar as conxuncións ca e coma ante pronomes persoais: máis listo ca el, tan traballador coma ela. Nunca: *que el, *como ela.
  3. O pronome el non leva til: el non está aquí, é para el.

    Usos Especiais de El

    • Reforzo de interrogativo: E el que lle pasou ao gato?
    • Suxeito de verbos impersoais ou unipersoais: El hai moito que pasou iso.
    • Reforzo da narración: El era unha muller que viña dunha feira, el era unha nena con carapucha vermella que comía lobos.
  4. A forma si (P3 e P6) é reflexiva. Reparade na diferenza: mercouno para el (para outro ou para si mesmo) / mercouno para si (para si mesmo).
  5. El(es) e ela(s) contraen coas preposicións en e de: sentiu a man dela na meixela, unha casa fermosa: gustaríame vivir nela, non depende del.
  6. As formas tónicas nós e vós levan til diacrítico para diferencialas das formas átonas: vós non vos queredes decatar, nós non nos preocupamos por vós. As tónicas aparecen como suxeito, logo de preposición e na comparación.
  7. Nosoutros(as) e vosoutros(as) son plurais excluíntes que concorren con vós e nós. Refírense a un grupo pechado e ben delimitado: nosoutros somos catro e vosoutros sodes tres; non podemos nosoutras soas, as feministas, pero nós, as mulleres, si; somos todos do mesmo concello, pero nosoutros somos de Lira.
  8. Formas ligadas coa preposición con:
    • Comigo perde o -n-: vén comigo; eu non vou contigo nin convosco.
    • Consigo é reflexiva: levou a familia consigo.
    • Connosco e convosco son preferibles a con nós, con vós (talvez calco do castelán estas últimas): imos convosco, quedan connosco outra semana.
  9. Vostede(s) leva o verbo en 3ª persoa: pasen vostedes, preguntou vostede por min? Cómpre evitar a forma vulgar procedente do castelán *usté. Na nosa bisbarra a forma histórica de cortesía é vós, que leva o verbo en 5ª persoa: E vós que queredes, meu vello?; Miña nai, tráiovos un manto novo.
  10. A forma *elo é case inexistente, só queda nalgunhas expresións: andar a elo, estar a elo. Debemos empregar as formas neutras do demostrativo: non fas nada con iso, aquilo non era a causa, e nunca non fas nada con *elo, *elo non é a causa.

Pronomes Persoais Átonos

Formas Átonas por Persoa e Función

  • P1 (me): lavoume (CD), lavoume a roupa (CI), lávome (reflexivo)
  • P4 (nos): lavounos (CD), lavounos a roupa (CI), lavámonos (reflexivo)
  • P2 (te/che):
    • Te: laveite (CD), lávaste (reflexivo)
    • Che: laveiche a roupa (CI)
  • P5 (vos): lavouvos (CD), lavouvos a roupa (CI), lavádesvos (reflexivo)
  • P3 e P6:
    • CD (o(s), a(s) / -lo(s), -la(s) / -no(s), -na(s)): lávoo(s), lavalo(s), lávalo(s), lavouna(s) (Sempre CD)
    • CI (lle(s)): lavoulle(s) a roupa
    • Reflexivo (se): lavouse, laváronse

Regras Específicas dos Pronomes Átonos

  1. O pronome te fai función de CD, e che de CI.

    Diferenzas Dialectais: Cheísmo e Teísmo

    Para os cheístas (é o caso da nosa fala: utilizamos che para ambas funcións menos para a reflexiva: *laveiche, laveiche a roupa, lávaste) e para os teístas (que nunca utilizan che: laveite, *laveite a roupa, lávaste) hai un truco doado para resolver dúbidas: facer un paralelismo coa 3ª persoa. Así, se a el laveino, a ti laveite; pero se a el laveille a roupa, a ti laveiche a roupa.

  2. As variantes alomórficas das P3 e P6:
    • -lo(s), -la(s) empréganse tralas formas verbais... (O texto orixinal está incompleto aquí, mantense tal cal).

Entradas relacionadas: