Guía Completa de Lingua e Literatura Galega: Gramática, Recursos e Rosalía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,51 KB

Gramática Galega: Adxectivos e Conxuncións

Graos do Adxectivo

  • Positivo: lixeira
  • Comparativo:
    • Igualdade: tan lixeira coma
    • Superioridade: máis lixeira ca
    • Inferioridade: menos lixeira ca
  • Superlativo:
    • Absoluto: carísimo, ben caro, moi caro...
    • Relativo: a máis cara do/da...

Conxuncións Comparativas

como, coma, ca, do que, ca ou do que.

Recursos Literarios e Figuras Retóricas

  • Aliteración: Repetición de sons semellantes para evocar determinadas ideas ou sensacións.
  • Onomatopea: Imitación fónica de sons reais.
  • Paranomasia: Proximidade de palabras con sons parecidos, pero significados diferentes.
  • Comparación ou Símil: Relación entre dous elementos con algunha semellanza entre si.
  • Metáfora: Relación entre dous elementos con algunha semellanza entre si. A diferenza do símil, non hai enlace e o termo real pode non aparecer.
  • Metonimia: Designar algo con outro nome baseándose nunha relación de contigüidade (obra-autor, produto-lugar, parte-todo).
  • Símbolo: Elemento sensorial que representa un elemento intelectual.
  • Hipérbole: Esaxeración desmesurada de calidades, accións ou sentimentos.
  • Antítese: Relación de dous elementos opostos.
  • Sinestesia: Combinación de impresións de campos sensoriais diferentes.
  • Personificación: Atribuír calidades humanas a seres inanimados.
  • Ironía: Afirmar o contrario do que se pensa.

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Temas

Rosalía de Castro consolidou a recuperación da nosa lingua e modernizouna. Escribiu en verso e prosa tanto en galego coma en castelán.

Obras Principais

Obras en Galego

  • Poesía: Cantares Gallegos (1863), Follas Novas (1880).
  • Prosa: Prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas, Conto Galego (1923).

Obras en Castelán

  • Poesía: La Flor (1857), A mi madre (1863), En las orillas del Sar (1884, corrixido de 1859).
  • Prosa: La hija del mar (1859), Flavio (1861), El cadiceño (1866), Ruinas (1866), El caballero de las botas azules (1867), El primer loco (1881).

Temas e Tipos de Poemas

  • Costumista: (costumes, festas, romarías).
  • Social: (emigración).
  • Intimista e Amorosa.
  • Reivindicación de Galicia e do galego.

Análise de Follas Novas

Contén 137 poemas, cun prólogo en prosa e dividido en 5 libros:

  1. Vaguedás
  2. ¡Do Íntimo!
  3. Varia
  4. Da Terra
  5. As Viúvas dos Vivos e As Viúvas dos Mortos

Clasificación da Poesía Rosaliana

  • Poesía Subxectiva: A autora reflexiona sobre a escrita feminina, a soidade, e expresa solidariedade cos oprimidos.
  • Poesía Obxectiva: Inclúe poemas de carácter social e costumista que expresan solidariedade cos oprimidos.

Conxugación Verbal: Indicativo e Subxuntivo (Verbo Estudar)

Modo Indicativo

Verbo Estudar

  • Presente: estudo, estudas, estuda...
  • Pretérito (Perfecto): estudei, estudaches, estudou, estudamos, estudades, estudaron.
  • Imperfecto / Copretérito: estudaba, estudabas, estudaba...
  • Pluscuamperfecto / Antepretérito: estudara, estudaras, estudara...
  • Condicional / Pospretérito: estudaría, estudarías, estudaría...
  • Futuro: estudarei, estudarás, estudará...

Modo Subxuntivo

Verbo Estudar

  • Presente: estude, estudes...
  • Pretérito (Imperfecto): estudase, estudases...
  • Futuro: estudar, estudares, estudar, estudarmos, estudardes, estudaren...

Entradas relacionadas: