Guía Completa sobre a Lingua Galega: Gramática, Literatura e Prexuízos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 6,86 KB
Análise da Lingua Galega: Gramática, Literatura e Prexuízos
ORACIÓNS: Segundo a actitude do falante: Enunciativas, Exclamativas, Dubitativas, Interrogativas, Desiderativas, Exhortativas (orde). Segundo a natureza do predicado: Personal/Impersonal, Copulativa/Predicativa, Transitiva (CD)/Intransitiva (sen CD), Activas/Pasivas. Segundo a estrutura sintáctica: Simples (1 Pred), Compostas por coordinación (2+Pred=rango), Compostas por subordinación (2+Predicados con dependencia).
Elementos da Oración
Suxeito: Unipersoais (3ª singular), Impersoais de facer e haber (3ª singular+CD), Impersoais con se (3ª singular+se).
CD: o, a, os, as, lo, la, los, las, no, na, nos, nas.
CI: lle, lles.
C Solidariedade: referido á 2ª persoa, obxectivo de facer partícipe a voz implicándoa na acción, pronomes: che, lle, vos, lles.
C Rex: iso, introducido por unha preposición rexida polo verbo.
CC: tempo, lugar, modo, causa, negación, compañía, cantidade, instrumento...
C Axente: oración pasiva, ao cambiar á voz activa, pasa a ser suxeito, introducido por “por”, explica quen realiza a acción na oración pasiva.
Atributo: verbo copulativo, concorda en número e persoa co suxeito, expresa calidade, propiedade, estado, identidade do suxeito.
C Predicativo: adxectivo/frase adxectiva, expresa o mesmo que o atributo pero pode referirse a un CD.
Oración Composta
Coordinación
- Copulativas: e, e mais, nin.
- Adversativas: pero, mais, senón.
- Disxuntivas: ou, ou ben.
- Distributivas: xa... xa, tanto... como, ora... ora, ou... ou.
- Explicativas: isto é, é dicir, ou sexa.
Subordinación
- Substantiva: que, se.
- Adxectiva:
- Especificativa (determina o antecedente).
- Explicativa (só dan información adicional).
- Adverbial:
- Propias (C.C: lugar, tempo e modo).
- Impropias (CC condicionais, concesivas, causais, consecutivas, finais, comparativas).
A Literatura Galega entre 1936 e 1975
Contexto Histórico
Marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que se derivaron dela.
Poesía
Tendencias deste período: Hilozoismo, Neotrobadorismo, ruralismo, poesía (intimista, social-sociorealista), paisaxismo renovador, clasicismo, formas poéticas clásicas (sonetos).
Xeración do 36
Luís Pimentel; Triscos, Sombra de aire na herba; pegadas vangardistas, lirismo intimista, verso libre, renuncia á rima, estrofa e recursos de repetición.
Aquilino Iglesias Alvariño; Cómaros verdes; paisaxismo rural, clasicista, sonetos.
Xosé María Díaz Castro; Nimbos; corrente ruralista, reflexión sobre a natureza humana, concepción tráxica da vida, temática relixiosa.
Celso Emilio Ferreiro; Longa noite de pedra; resistencia antifranquista, solidaridade cos oprimidos, poesía social, denuncia, defensa da lingua.
Promoción de Enlace
Antón Tovar; Non, O vento no teu colo; sentido da vida e da morte, pegada existencialista, ton pesimista.
Luz Pozo Garza; O paxaro na boca, Códice Calixtino; intimista, mestura amor, erotismo, sensualidade e lembranzas, sociorealismo.
Manuel Cuña Novas; Iniciador da Escola de Tebra; Fabulario Novo; mundo angustiado, existencialista, nihilista.
Xeración Festas Minervais
Uxío Novoneyra; Os eidos, Elexías do Caurel; diálogo co medio natural, mística e panteísta, temática paisaxista, vertente social, comprometida con Galiza e coa loita antiimperialista e antibelicista.
Manuel María; Muiñeiro de brétemas, Terra cha; descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defensa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo.
Bernardino Graña; Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas; poesía social, vitalista e temas do mar.
Prosa
Temáticas:
- Continuadores do Grupo Nós (+ tradicional, baseada no modelo de Otero Pedrayo), Ricardo Carvalho Calero.
- Autores que cultivan o realismo etnográfico (textos de carácter popular e costumista, baseados moitas veces nas lendas, a miúdo técnicas do conto de tradición oral e nos que domina a ambientación rural), Ánxel Fole.
- Realismo social, denuncia, crítica e análise da sociedade do momento, Blanco Amor e Neira Vilas.
- Realismo fantástico, narrativa que mestura elementos populares extraídos da realidade con outros de carácter fantástico, verosimilitude, Álvaro Cunqueiro.
Nova Narrativa Galega
Autores
Ánxel Fole: narrativa breve, conto popular, recursos propios da narración oral, realismo narrativo (os elementos fantásticos teñen case sempre unha xustificación realista), naturalismo lingüístico, temáticas centradas basicamente na realidade galega.
Eduardo Blanco Amor: características renovadoras, mundo da infancia e adolescencia, marxinación, familia, violencia, represión política e lingüística; Xente ao lonxe, Os Biosbardos, A Esmorga (Cibrán, Bocas, Milhomes).
Álvaro Cunqueiro: creación dun universo literario combinando o mito e a tradición e o popularismo e o cotián, temáticas universais, relato breve, mestura real e fantástica, predomina a oralidade, tradición oral e recursos do diálogo, presenza de humor e ironía, lirismo e poeticidade, intertextualidade con referencias a outros textos; Merlín e familia, Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá.
Prexuízos Lingüísticos sobre o Galego
- Falta de utilidade do galego.
- O galego é unha lingua máis pobre que o castelán.
- O galego é unha lingua rural, de pobres e ignorantes.
- A caracterización pexorativa do galego e a incompetencia dos seus falantes.
- O galego normativo é un idioma inventado.
- O galego é un idioma imposto.
- O galego subsiste grazas ás subvencións.
- O galego como marca ideolóxica ou política.
- O uso do galego como unha descortesía perante persoas foráneas.