Guía Completa de Informática: Hardware, Software, Multimedia e Internet
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,09 KB
Ordenadores: Hardware e Software Esenciais
Toda revolución dixital non sería posible sen o desenvolvemento dos ordenadores. Adóitase dicir que os ordenadores teñen unha parte física, o hardware, e unha parte lóxica, o software.
Hardware: O Ordenador por Dentro
A chamada caixa dun ordenador de sobremesa ten diversos compoñentes:
- A placa base: é o elemento principal que alberga o microprocesador e a memoria RAM.
- Os dispositivos de almacenaxe: son lectores/gravadores de DVD, Blu-ray e discos duros.
- As tarxetas de expansión: amplían as funcionalidades da placa base.
Ademais, na caixa da CPU encóntranse a fonte de alimentación, que lle subministra enerxía a todo o sistema, e un ou varios ventiladores que garanten a refrixeración do equipo. Os periféricos son dispositivos que se conectan co ordenador.
Software: A Parte Lóxica do Ordenador
Podemos distinguir varios tipos:
- O sistema operativo: é o compoñente principal do software instalado.
- Os drivers ou controladores: son pequenos programas que serven de ponte entre o sistema operativo e os dispositivos conectados ao ordenador.
- Os programas ou aplicacións: realizan funcións específicas e forman un grupo moi variado.
- As utilidades: apoian o sistema operativo en determinadas tarefas rutineiras.
Multimedia: Tratamento Dixital do Sinal
O termo multimedia provén do inglés e significa "moitos medios".
Manipulación e Compresión do Son Dixital
Trátase dos seguintes procesos:
- A dixitalización: que é a captura de son a través do micrófono.
- A manipulación: un son dixitalizado en forma de onda pódese procesar dunha forma sinxela con programas editores de son.
- A compresión: para poder almacenar moitos sons, levalos a dispositivos portátiles ou envialos por correo electrónico, é posible comprimir os arquivos de audio para que ocupen menos espazo.
Traballo con Imaxes Dixitais
Distinguimos tres pasos:
- A dixitalización: a captura de imaxes realízase mediante as cámaras fotográficas dixitais ou ben a través dun escáner.
- A manipulación de imaxes implica normalmente procesos de mellora.
- A compresión: no caso das imaxes, permite aforrar moito espazo de almacenaxe. O sistema máis habitual é o JPEG.
Arquivos de Vídeo: Calidade e Edición
Traballar con vídeo require unha importante potencia de proceso do ordenador, ademais dunha alta capacidade de almacenaxe. Para solucionar este problema utilízase o códec, que é un pequeno programa que utiliza complexos cálculos matemáticos para comprimir o arquivo de vídeo durante a súa gravación e para descomprimilo durante a reprodución.
Códecs e Formatos de Vídeo Máis Utilizados
A calidade final dun arquivo de vídeo exprésase cun parámetro denominado bitrate. Este parámetro indica a cantidade de información que contén un arquivo de vídeo por unidade de tempo, e mídese en megabits por segundo.
Edición e Distribución de Vídeo
A edición de vídeo realízase mediante o uso de programas que funcionan, simplemente, como unha liña do tempo.
Que Facer co Vídeo Xa Editado?
Hai que xerar un arquivo que sirva para distribuílo. Hai varias formas: gravalo nun soporte óptico, envialo por correo electrónico ou aloxalo nunha páxina web e distribuílo mediante streaming a partir dunha páxina web.
Internet: O Mundo Interconectado
Ningún fenómeno tecnolóxico transformou tanto a nosa sociedade como Internet.
Que é Internet Hoxe?
Hoxe, Internet é un grupo de redes informáticas distribuídas por todo o mundo. A penetración de Internet nos nosos fogares e na vida cotiá é cada vez máis intensa.
Como Funciona Internet?
Poden existir dous tipos de ordenadores: os servidores (que almacenan información) e os clientes (os que manexamos).
A Regulación da Comunicación na Rede
Isto require dunha serie de protocolos, entre os que destacan:
- TCP: regula o establecemento de conexións entre equipos e a transferencia de paquetes de información.
- HTTP: controla como se piden e se reciben os datos cando se navega polas páxinas web.
- FTP: regula a transferencia de ficheiros entre equipos.
O Correo Electrónico
No correo electrónico interveñen dous tipos de servidores:
- SMTP: recolle as mensaxes procedentes da nosa máquina e envíaas ao servidor SMTP dos destinatarios.
- POP3: encárgase de distribuír as mensaxes aos diferentes usuarios asociados a ese provedor.