Guía Completa de EPIs: Uso, Clasificación e Normativa en Galego

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,85 KB

Unidade 7: Equipos de Protección Individual (EPI)

1. Que é un EPI?

Un EPI é unha técnica que ten como obxectivo protexer o traballador fronte a agresións externas, xa sexa de tipo físico, químico ou biolóxico, que poidan presentarse no desempeño da actividade laboral.

2. Condicións que debe reunir un EPI

Condicións dos materiais empregados na súa fabricación

  • As propiedades físicas e químicas dos materiais empregados na súa fabricación deberán adecuarse á natureza do traballo e ao risco de lesión que se desexe evitar, co fin de proporcionar unha protección eficaz.
  • Os materiais empregados non deberán producir efectos nocivos no usuario.

Condicións relativas ao deseño e construción

  • A súa forma deberá ser adecuada ao maior número posible de persoas, tendo en conta os aspectos ergonómicos e de saúde do usuario.
  • En canto ao seu deseño e construción, deberán ser de doado manexo e deberán permitir realizar o traballo sen perda considerable de rendemento, adecuados ao risco sen supoñer un risco adicional, e deberán ademais permitir o seu doado mantemento e conservación.

Exixencias esenciais de sanidade e seguridade (R.D. 1407/1992)

Segundo o establecido no citado R.D. 1407/1992, todos os EPIs deberán cumprir coas exixencias esenciais de sanidade e seguridade que se sinalan nel, clasificadas en:

  • Requisitos de alcance xeral aplicables a todos os EPIs.
  • Exixencias complementarias comúns a varios tipos de EPIs.
  • Exixencias complementarias específicas dos riscos que vaian previr.

3. Clasificación dos EPI

Segundo o criterio que se adopte, podemos establecer as seguintes clasificacións dos EPIs:

a) Atendendo ao grao de protección que ofrecen

  • EPIs de protección parcial: Son os que protexen determinadas zonas do corpo.
  • EPIs de protección integral: Son os que protexen o individuo sen especificar zonas determinadas do corpo.

b) Atendendo ao tipo de risco a que se destinan

  • EPIs de protección fronte a agresivos físicos.
  • EPIs de protección fronte a agresivos químicos.
  • EPIs de protección fronte a agresivos biolóxicos.

c) Atendendo á técnica que aplican

  • EPIs para protexer o traballador fronte ao accidente motivado polas condicións de seguridade.
  • EPIs para protexer o traballador fronte á enfermidade profesional motivada polas condicións ambientais.

d) Atendendo á zona do corpo a protexer

  • Protectores da cabeza.
  • Protectores do oído.
  • Protectores dos ollos e a cara.
  • Protectores das vías respiratorias.
  • Protectores das mans e dos brazos.
  • Protectores dos pés e as pernas.
  • Protectores da pel.
  • Protectores do tronco e o abdome.
  • Protectores de todo o corpo.

4. Obrigas dos empresarios antes de elixir un EPI

Antes de elixir un EPI, o empresario ten a obriga de proceder a unha apreciación destes, incluíndo:

  • A análise e a avaliación dos riscos que non se poidan evitar por outros medios.
  • A definición das características necesarias para que os EPIs respondan aos riscos, tendo en conta os eventuais riscos que poidan constituír os propios EPIs.

5. Aspectos a incluír nos folletos informativos dos EPI

Os folletos informativos dos EPI deben incluír os seguintes aspectos:

  • a) Instrucións de almacenamento, uso, limpeza, mantemento, revisión e desinfección.
  • b) Rendementos técnicos acadados nos exames técnicos dirixidos á verificación dos graos ou clases de protección dos EPIs.
  • c) Accesorios que se poidan utilizar nos EPIs e características das pezas de reposto adecuadas.
  • d) Clases de protección axeitadas aos diferentes niveis de risco e límites de uso correspondentes.
  • e) Data ou prazo de caducidade dos EPIs ou dalgún dos seus compoñentes.

6. Condicións para a utilización dun EPI

A utilización dun EPI debe considerarse en función das seguintes condicións:

  • Gravidade do risco.
  • Frecuencia da exposición.
  • Prestacións ou condicións particulares do EPI.
  • Riscos múltiples existentes e compatibilidade dos EPIs a utilizar.
  • Información subministrada polo fabricante.

7. Pautas para a correcta utilización dun EPI

Para a correcta utilización dun EPI, deberanse seguir as normas fixadas pola empresa, a cal deberá informar ao traballador sobre os riscos a cubrir e a necesidade do seu uso, facendo ver ao usuario a importancia do seu emprego correcto para protexer a súa saúde antes de recorrer á autoridade da empresa.

Entradas relacionadas: