Guía básica de lingüística: conceptos fundamentais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,23 KB

Conceptos fundamentais da lingüística

A lingüística é a ciencia que estuda a linguaxe. O seu obxecto de estudo son as linguas naturais, utilizadas polos humanos para comunicarse.

Disciplinas lingüísticas

  • Fonética: Estuda os sons dende un punto de vista físico ou material, describindo as súas características.
  • Fonoloxía: Estuda os elementos fónicos atendendo a un valor distintivo e funcional.
  • Gramática: É a ciencia que estuda os elementos dunha lingua e divídese en:

Divisións da gramática

  • Morfoloxía: Estuda as palabras e os elementos dos que están formadas (morfemas). Encárgase de analizar a forma das palabras.
  • Sintaxe: Encárgase das funcións e das relacións que se establecen entre as palabras. Céntrase no estudo das frases e oracións.

Semántica e léxico

A semántica encárgase de estudar o significado dos signos lingüísticos dende un punto de vista sincrónico (nun período de tempo dado) e diacrónico (ao longo do tempo). Distínguense dous tipos de significado:

  • Significado denotativo: É o significado propio e específico que posúen as palabras.
  • Significado connotativo: É o significado que adquiren as palabras ao combinarse con outras nun contexto determinado.

Sociolingüística e contacto de linguas

  • Sociolingüística: Estuda a relación entre a lingua e a sociedade.
  • Campo semántico: É o conxunto das palabras que comparten trazos semánticos ou lexemas.
  • Bilingüismo: É unha consecuencia directa do contacto entre linguas.
  • Diglosia: Situación na que coexisten dúas linguas nunha comunidade, pero unha ten máis prestixio que a outra.
  • Contacto lingüístico: Encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico.

Formación de palabras

  • Prefixos: Son morfemas derivativos que se antepoñen aos lexemas para formar palabras novas, con novo significado pero sen alterar a categoría gramatical. Exemplos: inmortal, ultramar, anticorpo, hiperactivo, macroeconomía.
  • Sufixos: Son morfemas que se pospoñen ao lexema para formar palabras novas. Exemplos: cerquiña, caseta, zapatón, librote.

Terminoloxía morfolóxica

  • Lexema: Base invariable que achega o significado principal.
  • Morfema flexivo: Indican o xénero e o número do substantivo.
  • Morfemas derivativos: Prefixos ou sufixos que permiten a formación de novos nomes engadindo significación gramatical.
  • Morfemas alterativos: Sufixos aumentativos, diminutivos, despectivos ou peyorativos, que poden engadirlle ao nome unha información semántica connotativa.

Outros conceptos clave

  • Romanización: Proceso polo cal as linguas autóctonas dunha zona extinguíronse, xa que os romanos non se molestaban en aprendelas ao consideralas de bárbaros, e para ter nacionalidade había que saber latín.
  • Sinonimia: Relación que se dá entre palabras que teñen o mesmo significado (ex: bagoa/lágrima).
  • Polisemia: Palabra con varios significados (ex: acordar: chegar/espertar).
  • Homonimia: Dúas palabras son homónimas cando teñen o mesmo significante pero distintos significados.
  • Antonimia: Dúas palabras son antónimas cando entre os seus significados se establece unha relación de oposición (ex: frío/quente).

Esquema lingüístico

Entradas relacionadas: