A Guerra Fría: Bloques, Conflitos e Evolución Global (1953-1989)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,04 KB

O Bloque Oriental: Evolución Política da URSS

En 1953, morreu Stalin. Nikita Khrushchev fíxose co poder e convocou o XX Congreso do PCUS. Buscou a denominada coexistencia pacífica con EEUU. Posteriormente, sucedeuno Brezhnev, que estableceu unha época gris na que se controlou a poboación a través de axencias de espionaxe, como a KGB.

Europa Oriental: Revoltas e Democracias Populares

A gran parte da poboación era hostil á implantación das democracias populares. Países como Alemaña e Polonia sufriron revoltas. As máis importantes producíronse en Hungría e Checoslovaquia.

China: Da Monarquía á República Popular

A principios do século XX, China estaba gobernada por un emperador. Era un país atrasado economicamente e as terras estaban en mans duns poucos. En 1911, o emperador foi destituído e instaurouse unha república presidida por Chiang Kai-shek. Entrementres, crecía a influencia do Partido Comunista Chinés, dirixido por Mao Zedong e perseguido por Chiang Kai-shek. Tras a Segunda Guerra Mundial, desatouse unha guerra civil entre comunistas e nacionalistas. Terminou en 1949 coa vitoria comunista. Nacía a República Popular Chinesa. Nos primeiros anos, China seguiu o modelo soviético; máis adiante, desenvolveu un modelo propio.

Cuba: A Revolución e a Crise dos Mísiles

Durante a Guerra Fría, o feito histórico fundamental en América Latina foi a Revolución Cubana. Fidel Castro e os guerrilleiros do M-26 tomaron A Habana tras varios anos de loita de guerrillas. Produciuse así a caída do ditador Batista. O novo réxime foi considerado un inimigo por EEUU. As clases podentes cubanas emigraran a EEUU co establecemento da ditadura castrista. Estes exiliados, co apoio do goberno americano, intentaron acabar co réxime castrista invadindo a illa, pero fracasaron. Cuba aproximouse máis á URSS, permitindo a instalación de mísiles nucleares na illa. Isto desatou unha crise cos americanos e a URSS terminou por retiralos. Desde aquela, EEUU impuxo un duro bloqueo comercial a Cuba para intentar asfixiar o réxime cubano pola vía económica.

A Nova Guerra Fría (1953-1989)

Tras a morte de Stalin, foi fundamental o cambio da estratexia soviética. Os novos dirixentes, encabezados por Nikita Khrushchev, afirmaron no Congreso do PCUS que o capitalismo e máis o comunismo competirían de forma pacífica. Tamén a chegada de John F. Kennedy á presidencia do país (1960) facilitou a aproximación das dúas superpotencias.

O Bloque Occidental: Evolución Política de EEUU

A vida política estadounidense está dominada por dous grandes partidos: o Partido Demócrata e o Partido Republicano, que alternan no poder. De 1953 a 1961 foi unha etapa conservadora, cuxo presidente foi o republicano Eisenhower. Nesta década, a comunidade negra iniciou a súa loita para acabar coa segregación. No decenio de 1960, os demócratas tiveron o goberno con Kennedy e Johnson. Nesta época, igualáronse os dereitos da comunidade negra e aprobáronse leis contra a discriminación das mulleres. Tamén foi a época da Guerra de Vietnam. Na década de 1970, produciuse unha crise económica a causa do petróleo e unha crise política. O presidente Nixon dimitiu polo caso Watergate. O comunismo estendeuse por algúns países de América, África e Asia. Na década de 1980, Ronald Reagan chegou ao poder co obxectivo de revitalizar o poder estadounidense.

A Europa da CEE: Integración e Ditaduras

Os primeiros pasos son coa creación do Benelux e a CECA. En 1957 nace, tras o Tratado de Roma, a Comunidade Económica Europea (CEE). Os seus obxectivos son a creación dun mercado común, o desenvolvemento de políticas económicas e de institucións comúns. En Europa Occidental desenvolvíase a democracia e o estado de benestar. Na Europa mediterránea, concretamente en España con Franco, Portugal con Salazar e Grecia, os gobernos eran ditaduras. Non chegaría a democracia ata a década de 1970.

Xapón: Posguerra e Alianza con EEUU

Estados Unidos derrotou a Xapón en 1945 e ocupou o arquipélago. Estableceuse unha democracia. O emperador Hirohito foi obrigado a renunciar ao carácter divino que lle atribuía a tradición. Xapón, tras asinar un tratado de alianza con EEUU, quedou dentro do bloque.

Entradas relacionadas: