O Grupo Nós: Universalización da Cultura Galega e os seus Protagonistas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,79 KB

O Grupo Nós: O Nacemento da Modernidade Cultural Galega

Nos primeiros anos do século XX, aparece unha xeración de escritores que creará o Grupo Nós. Os seus membros naceron na década dos 80-90 e foron Castelao, Cuevillas, Vicente Risco e Otero Pedrayo. Estes homes representan unha xeración de inconformistas e inadaptados que procuran algo diferente e atópano noutras culturas, até que se decatan de que o que procuran está no seu arredor, descubrindo esta cultura e achegándose ao galeguismo.

Dende este momento, europeizaron a cultura galega e universalizárona para estar no mundo dende o noso carácter. Como vehículo fundamental para a difusión das súas ideas, editaron a revista Nós.


Características Fundamentais do Grupo Nós

  1. Orixe burguesa dos seus membros.
  2. Formación universitaria de todos.
  3. Evolución dende diferentes posicións para confluír no galeguismo.
  4. Inconformismo que os leva a viaxar por Europa.
  5. Aposta pola modernidade sen renunciar á tradición.
  6. Querenza polas culturas alleas.
  7. Creadores da prosa e o ensaio galego.
  8. Deron a coñecer o máis novidoso das culturas europeas en Galicia e difundiron a nosa cultura.
  9. Pioneiros no emprego de ambientación urbana na narrativa.

Os Protagonistas do Grupo Nós

Castelao

Castelao presenta unha obra narrativa breve, sen adornos, sinxela e chea de humor. A diferenza dos outros dous, presenta un pensamento laico.

Características da súa Obra:
  1. Achegamento ás clases populares e aos máis humildes.
  2. Non elitismo e vontade de ser entendido.
  3. Emprego de estratexias de verosimilitude (o manuscrito encontrado, as testemuñas, os datos biográficos…).
  4. Brevidade e ausencia de artificios.
  5. Identificación coa idiosincrasia dos galegos (retranca, ironía, sentido do humor…).

Vicente Risco

A súa obra abrangue diversos xéneros:

  • Obra teatral: O bufón de El Rei, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa.
  • Narrativa: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, A velliña vella.

A súa obra máis destacada é O porco de pé, na que a través da caricatura realiza unha parodia humorística de personaxes do seu tempo. Nela, critica a burguesía e a sociedade consumista. Os personaxes principais son Don Celidonio, que representa a materia, e o doutor Alveiros, que representa o espírito.


Otero Pedrayo

Otero Pedrayo é o autor máis prolífico dos tres. A diferenza de Castelao e Risco, a súa prosa ten descricións moi detalladas, moi adornadas, sobre todo nas paisaxes e os ambientes, e un gusto polas oracións longas e subordinadas.

Temas Centrais na súa Obra:
  1. Unha reflexión sobre a realidade e a historia de Galicia.
  2. O cristianismo, oposto ao materialismo moderno.
  3. A reflexión sobre a decadencia da fidalguía, clase social que, na súa opinión, debera ser o motor da recuperación de Galicia.
  4. A necesidade de conservar a tradición.

Entradas relacionadas: