El Grupo Nós: Pioneros de la Cultura Galega y su Impacto en la Literatura

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,02 KB

Grupo Nós

Grupo Nós: grupo de inadaptados que descubrirían e se achegarían a Galicia despois dun periplo por culturas estrañas. De rigorosa formación intelectual, realizaron un valiosísimo traballo de estudo e fortalecemento da cultura galega. Con eles, a prosa galega galga por riba do costumismo e ruralismo e ábrese a horizontes novos, universais enraizados na nosa cultura. En 1920 aparece o primeiro número da revista Nós en Ourense, revista mensual da cultura galega do que o grupo toma o nome. Interveñen nela:

  • Vicente Martínez Risco
  • Ramón Otero Pedrayo
  • Floren tino López Cuevillas
  • Losada Diéguez
  • Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

A revista pasará a editarse en Pontevedra, A Coruña e Santiago, onde se publica o último número, o 144, que non se chegaría a distribuir ó comezar a guerra civil. Formados no simbolismo e correntes de fin do XIX, evolucionan desde un esteticismo neorromántico e cosmopolita (snob) ata un galeguismo universal. A súa toma de conciencia callará na época das Irmandades.

Obras Destacadas

3 obras:

  • Nós os inadaptados - Vicente Risco (Nós, 1933)
  • Arredor de si - Otero Pedrayo
  • Dos nosos tempos - Cuevillas

Estas obras sintetizan o nacemento da conciencia en homes que, despois dunha viaxe polo mundo da cultura europea do seu tempo, descubren que en Galicia e a súa xente constitúen a apaixonada aventura intelectual.

Revista Nós

A Revista Nós foi a publicación máis importante que houbo en Galicia (antes da guerra civil, do ano 1936) nos eidos da ciencia, da cultura e da creación artística. Fundada no ano 1920 como Boletín mensual da cultura galega, foi o órgano de expresión do grupo Nós e nela colaboraron todos os grandes escritores e artistas daquel tempo. Durante 15 anos, nas páxinas dos 144 números que se publicaron, tentouse sistematizar toda a cultura galega e demostrar que se podía escribir en galego sobre todas as materias. De aí que na revista se traten os diversos temas e estea aberta a todos os que desexen colaborar nela. Ó longo da súa existencia, a revista Nós cubriu sobradamente os seus obxectivos, que quedaron cortados en 1936, ó producirse a sublevación militar do xeneral Franco, que deu orixe á Guerra Civil.

Vicente Martínez Risco

Nace en Ourense en 1884, licenciado en Dereito en Santiago en 1906. Traballa na Facenda e colabora en El Miño, sendo profesor de historia na Escola Normal de Ourense. En 1917 funda a revista La Centuria. Entra no galeguismo da man de Antón Losada Diéguez, membro fundador das Irmandades da Fala. En A Nosa Terra pretende poñer a literatura galega ó día, estancada para el no ruralismo e costumismo. En 1920 fúndase a revista Nós, na que el colabora desde o primeiro número. En 1930 viaxa a Centroeuropa para estudar etnografía e folclore. Publica crónicas en Nós nas que se reflicten cambios ideolóxicos. Estas colaboracións serán recollidas en 1934 nun volume co título Mittleuropa.

Obras Narrativas

Na súa narrativa, destacan:

  • O caso que lle aconteceu ó doutor Albeiros (1919)
  • O lobo da xente
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)
  • Os europeos en Abrantes (1927)
  • O porco de pé (1928)

Na traxectoria intelectual de Risco, aprécianse 3 etapas:

  1. Anterior a 1920 (explicada por el en Nós os inadaptados en Nós, 1933): decadentismo de fin de século, cosmopolitismo, interese polas filosofías orientais.
  2. 1920-1934: conversión ó galeguismo, o seu ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós.
  3. 1934-1963: comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós, recollidas en Mittleuropa (1934).

Aparece el mesmo caricaturizado, mostrando un desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista (ideas militaristas, fascismo...). Na posguerra, regresa ás posturas do primeiro momento, á inadaptación e individualismo, centrando o seu estudo na tradición galega. En 1961 publica Leria, volume que reúne traballos desde 1920 a 1955, o sentimento da terra na raza galega.

Ramón Otero Pedrayo

Na súa narrativa, destacan relatos breves como:

  • Pantelas
  • Home libre (1925)
  • O purgatorio de D. Ramiro (1926)
  • Esqueleto dun fidalgo (1927)
  • Escrito na néboa (1927)
  • Boceto de arredor de si

As súas novelas, como Os camiños da vida (1928), retratan a ruína da pequena aristocracia agraria galega do XIX e o ascenso da burguesía. En Adrián Salovio, o protagonista entra nunha crise que o leva ó encontro de Galicia e de si mesmo. En Fra Vernero (1934), fai referencia á temática galega, e en A romaría de Xelmírez (1934), narra a viaxe que fixo Xelmírez a Roma para solicitar a dignidade de Palio para ser compostelana.

Obras Importantes

Entre as súas obras, destacan:

  • O mesón dos ermos (1936)
  • Pele rinaxes (1929)
  • Guía de Galicia (1926)
  • Polos vieiros da sauda (1952)
  • O espello no serán (1966)
  • Bocarribeira (1958)
  • A lagara da (1929)
  • O desengano do peio iro (1952)
  • Noite compostelana (1973)

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Na súa narrativa, destaca Un ollo de vidro (1922), unha colección de relatos que se presentan como as memorias dun esqueleto. A obra está composta por secuencias narrativas unidas por ser contadas por un esqueleto que lembra sucesos da súa vida pasada. Castelao utiliza unha fórmula literaria orixinal e característica, presente en toda a súa obra narrativa.

Obras Destacadas

Entre as súas obras, destacan:

  • Retrincos (1934)
  • Os vellos non deben namorarse (1941)

Na obra Os vellos non deben namorarse, Castelao dá importancia aos decorados, roupas e máscaras, e a morte aparece como unha persoa que advirte aos vellos dos perigos do seu namoramento. A obra remata cun epílogo no que os 3 vellos se encontran no cemiterio despois de mortos, lamentándose do seu namoramento.

Entradas relacionadas: