O Grupo Nós: Literatura e Pensamento Galego (1920-1936)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

O Grupo Nós (1920-1936)

Vicente Martínez Risco Agüero (1884-1963)

1. Obra narrativa

Céntrase no relato curto. A súa prosa parte da etnografía galega, pero cun estilo moderno que utiliza a ironía e o humor.

  • Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (1919): Relato humorístico sobre unha viaxe ao máis alá para revivir unha momia, onde se reflicte o interese do autor polo ocultismo.
  • O lobo da xente (1925) e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925): Recrean lendas da cultura popular galega. O primeiro recrea a lenda do lobishome e o segundo é unha historia baseada en lendas de mouros e tesouros agochados.
  • Os europeos en Abrantes (1927): Sátira inacabada sobre personaxes reais da vida urbana de Ourense nesa época.
  • O porco de pé (1928): A súa obra principal. Novela curta satírica que critica a sociedade burguesa (a través do personaxe de Don Celidonio, un comerciante ignorante que ascende socialmente) e aos intelectuais que se venden ao poder do diñeiro.

2. Obra ensaística

Utilizou o ensaio para difundir o seu pensamento político, filosófico e etnográfico.

  • Teoría do nacionalismo galego (1920): Texto onde define a identidade de Galicia baseándose na lingua, raza e territorio.
  • "Nós, os inadaptados" (1933): Artigo onde reflexiona sobre a súa xeración e como evolucionaron cara ao galeguismo.
  • Mitteleuropa (1934): Libro de viaxes pola Europa Central onde amosa o seu rexeitamento á modernidade e ao marxismo.

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)

1. Obra narrativa

Características principais: novela longa, decadencia da fidalguía, paisaxe galega e referencias culturais e históricas.

  • Os camiños da vida (1928): Narra o declive da fidalguía galega no século XIX a través de dúas familias.
  • Arredor de si (1930): Obra autobiográfica que amosa a evolución dun intelectual (Adrián Solovio) cara ao compromiso co galeguismo.
  • A romaría de Xelmírez (1934): Novela histórica ambientada no esplendor medieval de Galicia.
  • Devalar (1935): Protagonizada por mozos universitarios da súa época.

2. Obra ensaística

  • Síntese xeográfica de Galicia (1926): Obra de temática xeográfica.
  • Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939): Obra de temática histórica.
  • Pelerinaxes (1926): Crónica dunha viaxe realizada a Santo André de Teixido con compañeiros galeguistas.
  • Polos vieiros da saudade (1952): Relato da súa primeira viaxe á Arxentina.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950)

1. Obra narrativa

  • Un ollo de vidro (1922): Relato de temática macabra protagonizado por un esqueleto que, grazas a un ollo de vidro, pode ver o que sucede no mundo dos mortos. Castelao utiliza o humor negro e a ironía para realizar unha crítica profunda á sociedade da súa época.

Entradas relacionadas: