Grupo Nós e Figuras Clave: Risco e Otero Pedrayo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,64 KB

O Grupo Nós

Este grupo está formado por diversos escritores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, entre outros. A influencia do grupo e da súa revista incide en todos os seus contemporáneos, especialmente nos vinculados ás Irmandades da Fala. As orixes deste grupo veñen dadas pola creación da revista La Centuria, formada por fillos de familias acomodadas de Ourense cunha postura individualista e elitista. A principios de 1918, este grupo incorpórase ás Irmandades da Fala e experimentan a súa adhesión ao galeguismo como unha especie de conversión espiritual, de xeito que Galicia pasaba a ser un proxecto que enche de sentido as súas vidas e o seu intenso e polifacético quefacer intelectual.

Os integrantes do Grupo Nós tiñan unha ampla formación intelectual e un espírito aberto e innovador. Foron novelistas, xornalistas, etc., e incorporaron á literatura galega temas universais, lendarios e exóticos, da mitoloxía celta, etc. No ano 1920 créase a revista Nós, dirixida por Vicente Risco acompañado por Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Anxel Casal, etc. O obxectivo desta revista era europeizar e universalizar a cultura galega.

Vicente Risco: Traxectoria e Obra

Vida e Etapas

Vicente Risco naceu en Ourense no ano 1884. En 1917 convértese en catedrático de Historia e crea a revista La Centuria. En 1918, xunto a Pedrayo, ingresa nas Irmandades da Fala. Foi director da revista Nós, ideólogo, propagandista do nacionalismo e escritor. En 1920 publicou Teoría do nacionalismo galego. En 1930 fai unha viaxe a Centroeuropa e contempla a emerxencia do nazismo hitleriano. De volta milita no Partido Galeguista, pero abandónao para fundar a Dereita Galeguista. Finalmente aséntase en Madrid e en 1963 morre en Ourense.

Respecto á súa personalidade intelectual, existen 3 etapas:

  • Etapa pregaleguista: crea a revista La Centuria.
  • Etapa galeguista ou nacionalista: ingresa nas Irmandades da Fala.
  • Etapa de nacional-catolicismo: prodúcese un afastamento do galeguismo e da literatura galega e destacan nel trazos individualistas e elitistas.

Obras Narrativas

Analizando as obras de Risco, na narrativa destacan 3 tipos:

  • Narrativa modernista: Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, que é o primeiro relato en galego de Risco no cal destacan os trazos prenacionalistas.
  • Narrativa etnográfico-patriótica: relatos escritos antes de 1926 como son: A velliña vella, no cal Risco defende o valor da tradición na reivindicación da identidade nacional e (a velliña) representa a Galicia; O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alcatrán, os cales son orixinais da narrativa popular; A Coutada, no cal a Coutada simboliza unha Galicia fiel a si mesma.
  • Narrativa satírica: Os europeos de Abrantes, que é unha novela que comezou a publicarse na revista Nós e constitúe unha burla dos novos hábitos que se ían introducindo na vida urbana galega; O porco de pé, que é a obra narrativa máis destacada de Risco na cal satiriza ao protagonista Don Celidonio.

Ensaio e Teatro

En canto ao ensaio literario, destacan 2 obras:

  • Dédalus en Compostela: un relato que está entre a ficción narrativa e o ensaio dialogado.
  • Mitteleuropa: un diario persoal que foi escrito na viaxe a Centroeuropa e que se publicou na revista Nós.

Por último, en canto ao teatro en Risco, cabe destacar O bufón del Rei, que está ambientada na época medieval e o seu protagonista é un deforme.

Ramón Otero Pedrayo: Vida e Obra

Traxectoria

Ramón Otero Pedrayo naceu en Ourense no ano 1888, de orixe fidalga e de ideoloxía liberal. Foi catedrático de Xeografía e Historia. No ano 1918 ingresou nas Irmandades da Fala. Participou na revista Nós e en 1931 fundou con Risco o Partido Nacionalista Republicano, no cal saíu elixido deputado, e nese mesmo ano integrouse no Partido Galeguista. Despois da guerra viviu no exilio e en 1950 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia na Universidade de Compostela. No ano 1950 tamén participa na fundación da editorial Galaxia e en 1976 morre en Ourense.

Obra Narrativa

Otero Pedrayo é o noso escritor máis prolífico e plural, xa que cultivou todos os xéneros. Na narrativa de Pedrayo distínguense 3 tipos de novelas:

  • Novelas histórico-realistas: Pantelas, home libre e O purgatorio de D. Ramiro, no cal o primeiro trata o tema da vinculación do home co mundo rural e no segundo ten como protagonista o esqueleto errante do fidalgo Don Ramiro; Os camiños da vida, que é a primeira gran novela de Pedrayo que narra a historia dunha familia fidalga ourensá a través de 3 xeracións; Contos do camiño e da rúa e Entre a vendima e a castañeira, que son volumes que recollen relatos curtos nos cales Pedrayo recrea elementos do mundo rural galego; O mesón dos Ermos, que trata do regreso do protagonista rico ao lugar dos Ermos e disposto a facerse o amo da aldea; O señorito da Reboraina, que é unha novela na que semella facer parodia e Pedrayo dá un enfoque irónico ás aventuras dun fidalgo.
  • Novelas histórico-culturalistas.

Entradas relacionadas: