As Grandes Reformas da II República Española

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,55 KB

As Grandes Reformas da II República

Esta composición está composta por tres documentos de fonte primaria con carácter xurídico, político e económico, respectivamente. Pertencen á primeira metade do século XX e tratan sobre as grandes reformas da II República.

Contexto da II República

España defínese como unha república de traballadores de toda clase e como un Estado Integral. Posteriormente, fórmase o Goberno Provisional, que ten como obxectivo prioritario convocar eleccións xerais a Cortes Constituíntes. Tras o triunfo das forzas de esquerda, iníciase un período reformista.

Prodúcese a aprobación da Constitución de 1931, moi progresista, que recolle dereitos e liberdades como a libre asociación, reunión e sindicación, así como dereitos sociais relativos á familia, educación e traballo. Tras a súa aprobación, Alcalá Zamora é elixido presidente da República e Manuel Azaña presidente do Goberno.

Este será un período reformista, que ten como obxectivos democratizar a vida política española, a modernización xeral e mellorar o nivel de vida da poboación.

Reforma Militar

O primeiro documento fai referencia á reforma do exército. En 1931, presentaba grandes deficiencias, tanto na estrutura, debido a un exceso de oficiais, como no equipamento, escaso e obsoleto. A necesidade de reformas era evidente dende 1898.

Esta reforma tiña como obxectivos a eliminación do poder político dos militares, a redución do número de oficiais, corpos e unidades, e o aumento da eficacia.

Puntos Fundamentais da Lei de Azaña:

  • Esixíase que todos os mandos xurasen fidelidade á República.
  • Suprimíase a Lei de Xurisdicións.
  • Establecíase o dereito de retiros, que permitía aos oficiais pasar á reserva, como se pode ver no artigo 1 do primeiro documento, ou retirarse voluntariamente cun soldo íntegro, como se pode ver no artigo 2.
  • Producíase unha reorganización xeral das unidades do exército.
  • Suprimíase a Academia Militar de Zaragoza.

Como consecuencia, produciuse un malestar entre os militares, que se xuntou coa súa preocupación pola creación de autonomías, interpretadas como separatismo. Creouse a Garda de Asalto, forza armada leal á República para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades.

Reforma Educativa

O segundo documento fai referencia á reforma educativa. Os seus obxectivos eran diminuír as elevadas taxas de analfabetismo, mellorar o nivel cultural da poboación, modificar a mentalidade xeral e formar cidadáns libres e responsables que levasen a cabo a modernización do país.

Na Constitución recollíase unha ensinanza obrigatoria, gratuíta e laica. O Ministerio de Instrución Pública deseñou un ambicioso programa de escolarización.

Medidas da Reforma Educativa:

  • Creáronse numerosas escolas e mellorouse a formación de mestres.
  • Creáronse novos centros de investigación.
  • Recoñeceuse o dereito ao uso das linguas de España na ensinanza.

Tamén apareceron novas experiencias como as Misións Pedagóxicas, como se pode ver no segundo documento, e A Barraca.

Reforma Agraria

Por último, o terceiro documento fai referencia á reforma agraria. A maioría da poboación eran obreiros e agricultores ou traballadores agrícolas. A distribución da propiedade da terra non cambiara significativamente desde as desamortizacións do século XIX.

Entradas relacionadas: