Grandes Nomes da Literatura Galega do Século XX: Obras e Legado Literario
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,15 KB
Celso Emilio Ferreiro
É un dos poetas máis destacados da xeración de 1936, ademais do máximo representante da poesía social en Galicia. Cultivou a poesía intimista, influenciado polo existencialismo (pesimista), o paisaxismo e o experimentalismo neovanguardista, pero a liña cívica (poesía socialista) é a máis empregada.
Obras e Temas Clave de Celso Emilio Ferreiro
Longa noite de pedra (1962): Presenta unha veta crítica e poesía intimista. Esta obra conságrao como poeta social e acadou un gran éxito debido á mensaxe que transmite: a denuncia da opresión e do poder. O seu título converteuse nunha metáfora da ditadura.
Socialrealismo: Caracterizado pola denuncia cívica, é a maior achega destes poetas. Continúan a liña iniciada por Curros no século anterior e continuada por Cabanillas. Retomarana os exiliados e, posteriormente, aquí, Celso Emilio en Longa noite de pedra.
Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961)
Cómaros verdes (1947)
É a primeira obra poética importante da literatura galega de posguerra. A influencia de Amado Carballo aparece en poemas hilozoístas e neotrobadorescos. A paisaxe convértese no núcleo temático máis importante da obra.
Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Herba aquí e acolá (1980)
Considerada a súa mellor obra e o cume da poesía galega do século XX.
Eduardo Blanco Amor
Foi, ademais de narrador, poeta e xornalista. A súa situación como emigrante e homosexual privoulle do recoñecemento público. A acción desenvólvese sempre en Auria (Ourense) e nas dúas primeiras décadas do século XX. As súas obras están en primeira persoa e atópanse certos temas recorrentes (o mundo da infancia, da violencia, etc.). Plasman a vida das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen, polo que a súa obra representa o realismo social.
A Esmorga (1959)
É unha das mellores novelas, que comprende cinco capítulos. Cibrán Canedo, "O Castizo", "O Bocas" e "O Milhomes" son os personaxes máis importantes, que viven 24 horas de diversas peripecias e percorren espazos da Auria ata rematar traxicamente. Cómpre salientar a función da linguaxe que, partindo da fala popular e de formas dialectais, consegue expresar a traxedia do home que non é dono do seu propio destino.
Xosé Neira Vilas (1928-2015)
Querido Tomás (1980)
É unha novela de amor que se asenta no monólogo evocador dunha mestra de aldea de cincuenta anos, que lembra a relación con Tomás, rota por mor da inmigración.
Ánxel Fole
Coñecido por obras como Á lus do candil e Terra brava, nas que reproduce o estilo dos contos orais tradicionais.