Grandes Figuras do Rexurdimento Galego: Curros e Rosalía
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,04 KB
Manuel Curros Enríquez: Biografía e Obra
Biografía de Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova en 1851. Pasou aí a infancia ata marchar a Madrid, onde vivía o seu irmán. Na capital, participou en ambientes universitarios e intelectuais, e viviu a Revolución de 1868. Isto conformou o seu pensamento político, que o levou a defender a república como forma de goberno e o federalismo como modelo de organización do Estado. Nestes anos comezou a súa creación literaria e a súa profesión de xornalista.
En 1877 participa nun concurso literario de Ourense coas composicións A Virxe de Cristal, Unha voda en Einibó e O Gueiteiro. En 1880 volve a Ourense e publica Aires da miña terra. En 1895 emigra a Cuba, onde falece na Habana en 1908.
Obra de Curros Enríquez
A obra de Curros Enríquez divídese en varias liñas temáticas:
- Liña cívica ou social: Literatura cunha función social de compromiso co pobo galego.
- Liña costumista: Poemas que continúan a estética costumista propia do seu tempo.
- Liña intimista: Expresa os seus sentimentos máis profundos.
O Rexurdimento Galego: Contexto e Movemento
Definición e Obxectivos do Rexurdimento
O Rexurdimento foi un movemento social, cultural e literario desenvolvido na segunda metade do século XIX. O seu obxectivo principal era dignificar a identidade galega e a súa lingua. Este movemento inaugurouse en 1863 cos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.
Contexto Histórico do Século XIX en Galicia
Todo o século XIX sufriu unha gran inestabilidade política. En 1868 comeza o convulso Sexenio Revolucionario, que dá paso á Primeira República Española. De seguido prodúcese a Restauración Monárquica con Afonso XII. Galicia sufriu nestes anos grandes lacras como a implantación do poder central e a perpetuación das problemáticas sociais e económicas.
Desenvolvemento do Galeguismo
A mediados do século XIX aparecen as primeiras publicacións periódicas, mais ata os anos 70 non houbo xornais monolingües en galego. O galeguismo xurdiu en 1840 e está dividido en catro etapas:
- Provincialismo
- Federalismo
- Rexionalismo
- Nacionalismo
Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado
Biografía de Rosalía de Castro
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837. Filla dunha fidalga e un crego, viviu coa súa tía paterna. En 1850 foise a vivir coa súa nai e fixo os seus primeiros estudos. En 1856 trasládase a Madrid e publica os seus primeiros libros. Casa con Manuel Murguía e ten con el oito fillos. Múdanse á Casa da Matanza en Padrón en 1875. Rosalía morre de cancro en 1885.
Legado e Temas na Obra de Rosalía
Rosalía defendeu continuadamente as mulleres e o galego, converténdose na icona da rebeldía contra a sociedade patriarcal da época.
Cantares Galegos (1863)
Cantares Galegos, de 1863, constituíu un fito na historia de Galicia. Este libro consta de 36 poemas nos que se representa unha estrutura circular da voz feminina á que a autora pide que cante en lingua galega. Os temas principais son:
- Costumista: Carácter descritivo e narrativo.
- Amoroso: Poemas nos que se expoñen conflitos entre namorados.
- Intimista: Visión pesimista do amor.
- Social: Denuncia da emigración, o caciquismo e a miseria dos labregos.
Follas Novas (1880)
Follas Novas (1880) destaca pola variedade e orixinalidade métrica. Presenta unha poesía:
- Subxectiva: Demandando a súa dor existencial.
- Obxectiva: Denunciando a pobreza, a emigración e a situación das mulleres.