Grandes Figuras da Literatura Galega: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Rafael Dieste e Castelao

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,14 KB

Vicente Risco

Etapas

  • Pregaleguismo

    A perda de fe nos valores do momento fai de Risco un mozo individualista e elitista, que busca estímulo ou evasión na arte e no exótico.

  • Galeguismo

    O seu nacionalismo descansa en tres piares básicos: a lingua, a raza e a terra.

  • Posgaleguismo

    Rematada a Guerra Civil, Risco abandona o galeguismo. Acentúase o seu conservadorismo e fervente catolicismo, e renuncia, agás algunhas excepcións, ao emprego da nosa lingua.

Obra Narrativa

O porco de pé

Don Celidonio chega a Galicia e fai fortuna. A novela —chea de personaxes caricaturizados e con elementos que lle dan un toque humorístico— chega á súa apoteose final cando Don Celidonio é homenaxeado mentres arde a biblioteca municipal.

Ensaio

  • Teoría do nacionalismo galego: Artigo que xustifica os pensamentos acerca do nacionalismo galego.
  • Nós, os inadaptados.

Teatro

O bufón de El-Rei

A obra contén un escaso número de personaxes e trata sobre a deformidade física e moral dun bufón que está namorado da raíña Iolanda e sabe da competencia de Guindamor, que é correspondido pola raíña.

Otero Pedrayo

Etapas

Distínguense as etapas de Pregaleguismo e Galeguismo.

Para el, a especificidade de Galicia vén determinada por dous factores básicos: a terra e a raza.

Obra Narrativa

  • Obras realistas

    • Pantelas, home libre
    • Os camiños da vida
    • Contos do camiño e da rúa
    • O mesón dos ermos
  • Obras culturais

    • Arredor de si
    • Fra Vernero
    • A romaría de Xelmírez
    • Devalar

Pantelas, home libre

A primeira creación literaria de Otero é xa un adianto dos motivos principais que van ser recorrentes ao longo da súa obra: a paisaxe e os fidalgos.

Ensaio

Ten diversos temas (xeografía, literatura, historia, filosofía...), case sempre relacionados directa ou indirectamente con Galicia.

Ensaio histórico sobre a cultura galega

Nel atópanse a imaxe xeográfica e a imaxe histórica de Galicia.

Teatro

  • A lagarada

    É a súa peza máis interesante e está desenvolvida nun ambiente rural na época da vendima.

  • O desengano do prioiro

    Outra obra relevante.

Otero Pedrayo na Literatura Galega

É considerado o creador da prosa galega moderna.

Rafael Dieste

Obra

A súa prosa é culta e innovadora.

Dos arquivos do trasno

Os relatos sitúanse na Galicia mariñeira, están protagonizados por personaxes populares que se caracterizan pola súa profunda inocencia e humanidade. Os temas que trata son o retorno en especial, pero tamén a crueldade, a morte, a emigración...

Teatro

A fiestra valdeira

Trata dun mariñeiro enriquecido na emigración que quere ser retratado por un pintor.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Etapas

  • Pregaleguista

    Fase na que se vai formando como artista plástico.

  • Galeguista

    Fase de formación do seu pensamento galeguista.

Obra Narrativa

A súa obra literaria, de carácter lírico ou sentimental. A súa técnica literaria baséase en formas da literatura oral popular, tanto independentes como formando parte de entidades maiores.

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete

    Novela curta formada por unha sucesión de breves episodios xustapostos nos que un esqueleto relata acontecementos que observa a través do seu ollo de vidro.

  • Cousas

    As "cousas" son relatos complementados cunha ilustración. Adoitan ser semblanzas de personaxes, de paisaxes, etc., nas que pode predominar o dramatismo, o humor ou o lirismo.

  • Retrincos

    Colección de cinco contos autobiográficos precedidos dun Limiar. En todos eles se relatan vivencias do autor en determinados momentos da súa vida.

  • Os dous de sempre

    É a única novela longa de Castelao. Nela vanse contando, a través dunha sucesión de relatos, as vidas paralelas de Pedriño e Rañolas, amigos desde a nenez, pero con personalidades ben diferentes que os levarán a seguir camiños distintos. Así, Pedriño e Rañolas representan dúas maneiras de concibir a vida ou de comportarse nela. O xogo de paralelismos e contrastes é, deste xeito, unha das características da obra, mentres que a constante referencia aos dous personaxes é o que lle dá unidade.

Ensaio

Sempre en Galiza

Obra na que Castelao manifesta o seu compromiso político co nacionalismo e co seu antiimperialismo.

Teatro

Os vellos non deben de namorarse

En cada un dos lances hai un vello namorado dunha moza, en tanto que un mozo desempeña o papel de rival do vello nas súas pretensións amorosas.

Entradas relacionadas: