Grandes Figuras da Literatura Galega: Obras e Estilo de Fole, Cunqueiro e Blanco Amor

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 6,16 KB

Ánxel Fole

Características das súas obras

  • Relatos relacionados entre eles mediante técnicas do conto oral.
  • Uso de fórmulas introdutorias.
  • Personaxes que contan contos a outros personaxes.
  • Linearidade temporal.
  • Sentenzas de carácter didáctico ao final das historias.

Temas e obxectivos das súas obras

  • Aparecidos, supersticións, a morte, a lingua, o amor, os lobos.
  • Relatos humorísticos, relatos fantásticos, relatos de aventuras.
  • Inspiración en lendas populares, vivencias persoais ou creación propia.

Obras principais

Á luz do candil (1953)

Resumo breve: 14 relatos ambientados no Courel e no Incio, onde predominan as historias de tipo fantástico.

Temas e obxectivos: Aparecidos, supersticións, a morte, a lingua, o amor, os lobos.

Terra brava (1955)

Resumo breve: 14 relatos ambientados no Courel e no Incio, onde predominan as historias de misterio e experiencias paranormais.

Temas e obxectivos: Aparecidos, supersticións, a morte, a lingua, o amor, os lobos.

Contos na néboa (anos 70)

Resumo breve: Relatos de ambientación urbana.

Temas e obxectivos: Aparecidos, supersticións, a morte, a lingua, o amor, os lobos.

Historias que ninguén cre (anos 80)

Resumo breve: Relatos de ambientación urbana.

Temas e obxectivos: Aparecidos, supersticións, a morte, a lingua, o amor, os lobos.

Lingua e estilo

  • Fala popular con dialectalismos, vulgarismos e castelanismos.
  • Recursos da lingua coloquial (refráns, apelacións ao oínte).
  • Prosa enxebre para retratar a Galicia real.

Álvaro Cunqueiro

Características das súas obras

  • Renovador da narrativa, precursor do "realismo fantástico".
  • Mestura da realidade cotiá co mito, a fantasía e o soño.
  • Combinación de elementos enxebres con ambientes exóticos.
  • Alarde de imaxinación.
  • Lirismo e humor.
  • Estrutura en pequenas unidades narrativas interconectadas.
  • Estilo elaborado e poético, con abundante adxectivación.
  • Lingua baseada na fala popular pero refinada, con trazos arcaizantes e gran riqueza léxica.

Temas e obxectivos das súas obras

  • Relatos fantásticos con personaxes do pobo en lugares reais.
  • Creación dun mundo máxico e verosímil.
  • Inserción de personaxes na tradición oral galega.
  • Perpetuar a identidade galega a través da lingua e a literatura.

Obras principais

Merlín e familia (1956)

Resumo breve: Historia narrada por Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que conta como o mago retirado en Miranda recibía personaxes diversos con historias fantásticas en busca de axuda.

Temas e obxectivos: Fantasía, tradición oral, personaxes míticos, estrutura en relatos interconectados.

As crónicas do Sochantre (1957)

Resumo breve: Un sochantre viaxa en dilixencia coa compaña de personaxes de ultratumba na Bretaña do século XVIII, contando as súas vidas ata desembocar na representación dunha obra teatral.

Temas e obxectivos: Elementos sobrenaturais, mito, teatro dentro da narración, ambientación histórica e fantástica.

Se o vello Simbad volvese ás illas (1961)

Resumo breve: Simbad, xa retirado, participa nun faladoiro onde debe inventar historias para manter o seu prestixio e convencerse de que aínda está vivo.

Temas e obxectivos: Narración como medio de supervivencia, imaxinación, memoria, lenda.

Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes

Resumo breve: Retratos de personaxes da Galicia rural situados nun mundo máxico e misterioso, con historias fantásticas baseadas na tradición oral.

Temas e obxectivos: Cultura popular galega, tradición oral, realismo máxico, identidade rural.

Eduardo Blanco Amor

Características das súas obras

  • Situadas en Auria (trasunto do Ourense de finais do XIX e comezos do XX).
  • Visión crítica da sociedade.
  • Emprego de técnicas narrativas innovadoras (documento atopado, técnica “telefónica”).
  • Recreación da linguaxe popular.
  • Fusión entre realismo social e elementos innovadores da narrativa.

Temas e obxectivos das súas obras

  • Marxinalidade, destino e condición humana.
  • Crítica social: hipocrisía, emigración, prostitución, machismo, linguaxe, movemento obreiro.
  • Reflexión sobre a sociedade que crea e reprime os seus propios marxinais.
  • Visión pesimista do ser humano, sen control sobre o seu destino.

Obras principais

A esmorga (1959)

Resumo breve: Relato en forma de declaración xudicial de Cibrán "O Castizo", quen narra unha xornada de festa con dous compañeiros que acaba en traxedia, mesturando alcohol e violencia.

Temas e obxectivos: Destino tráxico, marxinalidade, violencia, crítica social (lingua, homosexualidade, machismo, indefensión das clases marxinais).

Xente ao lonxe (1962)

Resumo breve: Historia narrada por dous irmáns, Suso e Evanxelina, que ofrecen unha visión da sociedade da época a través da súa infancia e adolescencia.

Temas e obxectivos: Educación, sexualidade, hipocrisía social, emigración, prostitución, rol da muller, movemento obreiro.

Os biosbardos (1962)

Resumo breve: Colección de narracións curtas protagonizadas e contadas por nenos, mesturando realismo e elementos fantásticos.

Temas e obxectivos: Infancia, misterio, percepción infantil do mundo, fusión entre realismo e fantasía.

Entradas relacionadas: