Gramática galega: Substantivos, Adxectivos, Pronombres e Perífrases Verbais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 6,65 KB

U8: Substantivos — tipos e xénero

Tipos:

  • propios / comúns
  • concreto / abstracto
  • contable / incontable
  • individual / colectivo
  • antroponimos (persoas)
  • zoonónimos
  • topónimos (lugares)

Xénero

Feminino

Substantivos rematados en: -se, -ite, -axe, -or. Excepción: o traxe, o paxe, o garaxe, o/a personaxe, o labor, o humor.

Masculino

Nomes das letras e substantivos rematados en: -me e -ote. Excepción: a servidume, a mansedume, a fame.

Outros casos

Son tamén femininos: a árbore, a arte, a auga, a canle, a orde, a orixe, a pantasma, a ponte, a sentinela.

Son tamén masculinos: o nariz, o leite, o cárcere, o couce, o mel, o sal, o sangue, o sinal, o ubre.

Adxectivo

Graos

  1. Positivo
  2. Comparativo
    • Superioridade: máis + adx. + ca / que / do que.
    • Inferioridade: menos + adx. + ca / que / do que.
    • Igualdade: tan + adx. + como / coma.
  3. Superlativo
    • Absoluto: moi + adx.; adx.+ísimo; adx.+érrimo.
    • Relativo: o/a/os/as máis/menos + adx. + de.

Determinantes

Tipos de determinantes e exemplos:

  • Determinados (coñecido): o, a, os, as. Segunda forma: lo, la, los, las.
  • Indeterminados (descoñecido): un, unha, uns, unhas.
  • Demostrativos (distancia espazo/tempo): este, ese, aquel.
  • Posesivos (posesión / pertenza): meu, teu, seu.
  • Indefinidos.
  • Cuantificadores (na cantidade): pouco, bastante, algún.
  • Identificadores (na identidade): outro, mesmo, calquera.
  • Numerais:
    • Cardinais (na cantidade): un, dous, vinte e un.
    • Ordinais (orde): primeiro, vixésimo.
    • Multiplicativos (produto): dobre, triplo.
    • Partitivos (división): medio, terzo, cuarto.
    • Colectivos (conxunto): decena, ducia, quincena.
  • Interrogativos e exclamativos: que, quen, canto, cal.
  • Relativos (relación): que, cal, cuxo, quen, canto.

Pronombres

Tipos

Personal:

Tónicos

Formas rectas: eu, ti, vostede, el, ela, nós, vós, vostedes, eles, elas.

Formas oblicuas

Libres: min, ti, vostede, el, ela, si, nós, vós, vostedes, eles, elas, si.

Ligadas: comigo, contigo, consigo, connosco, convosco, consigo.

Átonos

CI (complemento indirecto): me, che, lle, nos, vos, lles.

CD (complemento directo): me, te, o / a, nos, vos, os / as.

Reflexivos pronominais: me, te, se, nos, vos, se.

Determinativos: demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais, interrogativos, exclamativos e relativos.

U10: Perífrases verbais

1. Perífrases temporais

  • De futuro próximo, como IR + infinitivo, HABER DE + infinitivo. Ex.: Vai chover.
  • De inminencia, como ESTAR PARA + infinitivo. Ex.: Está para chover.

2. Perífrases modais

  • Obrigación, como TER QUE + infinitivo, HAI QUE + infinitivo ou DEBER + infinitivo. Ex.: Temos que estudar máis.
  • Hipótese, como DEBER DE + infinitivo ou PODER + infinitivo. Ex.: Debe de pesar 50 quilos.

3. Perífrases aspectuais

  • Imperfectivas (acción en desenvolvemento), como ESTAR + xerundio ou ANDAR + xerundio. Ex.: Está chovendo moito.
  • Perfectivas (acción rematada), como ACABAR DE + infinitivo, TER + participio ou LEVAR + participio. Ex.: Acaba de chover o diluvio universal.
  • Incoativas (inicio da acción), como COMEZAR A + infinitivo ou BOTAR A + infinitivo. Ex.: Comezaba a chover e non tiñamos onde agocharnos.
  • Reiterativas (repetición da acción), como VOLVER + infinitivo. Ex.: Volve chover, que lata!

Tipos de advérbios e locucións verbais

  • Advérbios de lugar: aquí, aí, alí, acó, aló, acá, alá, acolá, enriba, embaixo, etc.
  • Advérbios de tempo: antes, agora, despois, outrora, arestora, antano.
  • Advérbios de modo: así, ben, mal, mellor, peor, amodo, devagar.
  • Advérbios de cantidade: abondo, apenas, bastante, ben, dabondo.
  • Advérbios de afirmación, negación e dúbida: si, tamén, abofé, certamente.
  • Advérbios desiderativos: oxalá, así.

Tipos de conxuncións

Coordinativas

  • Copulativas: e, e máis, nin, nin... nin.
  • Disxuntivas: ou, ou... ou.
  • Distributivas: xa... xa, ben... ben, ora... ora, que... que.
  • Adversativas: pero, non obstante, porén, máis, senón (que), con todo, así e todo.
  • Explicativas: ou sexa, é dicir, isto é.
  • Consecutivas: polo tanto, de modo que, de maneira que, de xeito que, así que, con que, xa que logo, logo.

Subordinadas

  • Completivas: que, se.
  • Locativas: onde, onde queira que.
  • Temporais: antes (de) que, despois (de) que, apenas que, así que, logo que, sempre que, desde que, cada vez que, ata que, cando, cando queira que, entrementres, mentres.
  • Modais: como, segundo, tal (e) como, conforme, de modo que, de xeito que, como queira que.
  • Causais: porque, como, pois, xa que, posto que, dado que, por causa de que, por mor de que.
  • Finais: para que, a fin de que, a que, que.
  • Comparativas: ca, que, do que, como, coma.
  • Consecutivas: que.
  • Condicionais: se, con tal que, con que, a non ser que, a menos que, agás que, sempre que.
  • Concesivas: aínda que, mesmo que, a pesar de que, malia que, por máis que, por moito que, ben que.

Entradas relacionadas: