Gramática Galega: Oracións, Categorías Verbais e Dialectoloxía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,26 KB

Oracións Subordinadas

  • Oración Subordinada Substantiva: Funcións da frase nominal.
  • Oración Subordinada Adxectiva: Funcións da frase adxectiva.
    • Adxectiva Especificativa: Limita, precisa ou especifica o valor expresado polo antecedente, non vai entre comas.
    • Adxectiva Explicativa: Explica ou engade unha nova información asociada ao antecedente, sen limitar ou especificar o seu valor, vai necesariamente entre comas.
  • Oración Subordinada Adverbial: Funcións da frase adverbial.
    • Adverbiais Propias:
      1. Lugar: onde, onde queira que.
      2. Tempo: cando, mentres, apenas, antes de que, despois de que, entre tanto.
      3. Modo: como, segundo, conforme, tal e como, coma se, coma quen.
    • Adverbiais Impropias:
      1. Causais: porque, como, pois, xa que, posto que, visto que, dado que.
      2. Consecutivas: conque, logo, entón, daquela, tan...que, así pois, polo que.
      3. Finais: que, para que, a fin de que.
      4. Condicionais: se, cando, como, con que, con tal de que, en caso de que.
      5. Concesivas: así, aínda que, malia que, a pesar (de) que, a pouco.
      6. Comparativas: tan...como, tanto...como, máis...do que, mellor...do que, menos...do que, peor...do que.

Categorías Verbais

  • Modo: Indica a actitude do falante en relación ao feito que enuncia.
    • Indicativo: Acción real e coñecida, referida ao presente, pasado e futuro.
    • Subxuntivo: Acción non real ou non coñecida.
    • Imperativo: Orde ou un mandato.
  • Tempo: Momento no que se produce a acción.
    • Pasado: Acción anterior ao momento da fala.
    • Presente: Acción simultánea ao momento da fala.
    • Futuro: Acción posterior ao momento da fala.
  • Aspecto: Sinala se a acción está rematada (perfectivo) ou en proceso (imperfectivo).
    • Perfectivo: Pretéritos, antepretérito e futuro de subxuntivo.
    • Imperfectivo: Presentes, copretérito, pospretérito e futuro de indicativo.

Tempos Verbais

Indicativo

  • Presente (ando): Coincidente co acto da fala (traballa de mariñeiro). Habitual (érguese ás oito da mañá). Permanente ou atemporal (a terra xira arredor do sol). Histórico ou narrativo (Castelao nace en 1886). Prospectivo ou valor de futuro (remato o traballo o luns). Mandato (lévaslle a carta e volves).
  • Pretérito (andei/varrín/partín): Acción anterior ao momento da enunciación (traballou de mariñeiro). Pretérito do futuro (cando veñan os bombeiros será tarde).
  • Copretérito (andaba/varría/partía): Simultaneidade no pasado (cando ti chegaches, el saía). Frecuentativo ou habitual (ladraban sempre que vían a alguén). Valor de futuro pretérito (díxome que marchaba). Cortesía (quería pan).
  • Antepretérito (andara): Indica unha acción anterior a outra xa pasada (xa estivera alí cando falou do lugar). Cortesía (quixera saber a verdade). Desiderativo (quen puidera ir ás Maldivas).
  • Futuro (andarei): Acción posterior ao momento da fala (virán un día nas vacacións). Probabilidade (por onde andará?). Obrigatoriedade (na voda porás o traxe).
  • Pospretérito (andaría): Acción futura cun referente pasado (dixo que iría). Probabilidade (serían 7 persoas na asemblea). Cortesía (virías comigo?).

Subxuntivo

  • Presente (ande/varra/parta): Acción coincidente co momento do enunciado e non real (pode que sexa a hora). Acción posterior con diversos referentes (direilles que se dean présa).
  • Pretérito (andase): Indica anterioridade cun referente situado no presente ou futuro (lamento que non obtiveses o premio).
  • Futuro (andar/varrer/partir): Empregado na escrita (se conducires non bebas). Forma non real que marca eventualidade no futuro situándose na posterioridade ao momento da enunciación (cobrarán a pensión os que cotizaren 20 anos).

Imperativo

  • (andar/varrer/partir): Só P2 e P5; Expresa un mandato coincidente co momento da enunciación, introducindo unha función emotiva e apelativa, pero con valor de futuro (facede canto vos mandaren).

Formas Amodotemporais

  • Infinitivo (andar): Hai dous tipos: invariable e o conxugado.
    • Infinitivo Conxugado:
      • Úsase sempre:
        1. Cando ten un suxeito expreso, distinto ao do verbo principal.
        2. Cando o suxeito, sendo distinto ao do verbo principal, non está expreso e deséxase expresalo.
      • É habitual:
        1. Cando, aínda tendo o mesmo suxeito ca o verbo principal, aparece antes ca el.
        2. Se, aínda tendo o mesmo suxeito ca o verbo principal e posposto a el, vai a bastante distancia do mesmo.
        3. Cando indica a indeterminación do suxeito na P6.
      • Nunca o usamos cando:
        1. O Inf. vai inmediatamente despois do VP.
        2. O Inf. forma parte dunha Perífrase Verbal.
        3. O Inf. forma parte dunha construción modal.
  • Xerundio: Engadindo o morfema –ndo sobre o tema do verbo (canta–ndo, varre–ndo, parti–ndo).
  • Participio: Engadindo o morfema –ado ou –ido sobre o radical do verbo (cant–ado, varr–ido, part–ido).
    • Participios irregulares: dicir → dito; facer → feito; poñer → posto; ver → visto.
    • Verbos con 2 participios, un de forma regular (uso preferente cando ten valor verbal) e outro irregular (uso preferente cando ten valor adxectivo). Ex. Suxeitar-Suxeitado-Suxeito // Prender-Prendido-Preso)

Perífrases Verbais

  • Temporais:
    • Futuridade: ir+infinitivo / haber (de)+infinitivo.
    • Futuridade Inminente: estar (a/para)+infinitivo.
    • Anterioridade: acabar de+infinitivo.
  • Modais:
    • Obrigatoriedade: deber (de)+infinitivo / haber (de)+infinitivo / haber que+infinitivo / ter que+infinitivo.
    • Probabilidade ou Hipótese: deber (de)+infinitivo / haber (de)+infinitivo / poder+infinitivo.
  • Aspectuais:
    • Imperfectivas: estar a+infinitivo / estar+xerundio / levar+xerundio / ir+xerundio.
    • Perfectivas: ter+participio / dar+participio / levar+participio.
    • Reiterativas: volver+infinitivo / ter+participio.
    • Incoativas: comezar a+infinitivo / dar en+infinitivo / poñerse a+infinitivo / botarse a+infinitivo.
    • Terminativas: chegar a+infinitivo / acabar por+infinitivo.

Dialectoloxía Galega

A división destas variedades sintópicas ou xeográficas establécese a través de isoglosas, liñas imaxinarias que delimitan fronteiras lingüísticas entre unha zona onde se dá un fenómeno determinado e outra zona que carece dese fenómeno ou presenta outra variante.

Bloque Occidental

Abrangue o occidente da Coruña e de Pontevedra, e unha pequena zona suroccidental da provincia de Ourense. A isoglosa que o separa do bloque central é a do plural cans/cas. En liñas xerais, é un complexo lingüístico innovador no que poden diferenciarse tres áreas: Fisterrá, Bergantiñá e Pontevedresa.

Os trazos lingüísticos son:

  1. Gheada.
  2. Seseo implosivo.
  3. Seseo explosivo (con ambos seseos, este é total).
  4. Alternancia do ditongo –oi–/–ui–.
  5. Terminación –án(s) para masculino e feminino.
  6. Plural en –ns dos substantivos rematados en -n.
  7. Pronome suxeito ti (tu zona moi concreta Baixo Miño).
  8. VT –e– para a P2 do pretérito de indicativo na CII.
  9. Alternancia no MNP entre –des (maioritario), –ndes, –is e –s na P5

Bloque Central

Abrangue toda a Galiza central (franxa oriental, nordeste e interior, das provincias da Coruña e Pontevedra, e gran parte das provincias de Lugo e Ourense). A isoglosa que o delimita é a do plural, polo oeste (co bloque occidental) cans/cas, e polo leste (co bloque oriental) cas/cais. É un complexo lingüístico menos unitario, posúe gran variabilidade de trazos dialectais nas súas áreas, que son: Mindoniense, Central de transición, Lucu-auriense e Oriental de transición. Presenta algunha innovación morfolóxica e innovacións lingüísticas dos outros bloques; como a gheada e pronome ti da occidental, ou o MNP –is da oriental; trazos que penetran en falas desta zona.

Os trazos lingüísticos son:

  1. Presenza ou ausencia de gheada (minoritaria).
  2. Presenza ou ausencia de seseo implosivo (minoritario).
  3. Ditongo –oi– (maioritario).
  4. Terminación maioritaria –áo(s) para masculino e -á(s) para o feminino.
  5. Plural en –s dos substantivos rematados en –n.
  6. Vacilación do pronome suxeito ti/tu (este segundo maioritario).
  7. VT –i– para a P2 do pretérito de indicativo na CII.
  8. MNP –des na P5

Bloque Oriental

Comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así como o galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora). As isoglosas que o demarcan son: a do plural cas/cais, que o separa do bloque central; e a relativa á non ditongación ou ditongación das vogais breves latinas (pedra/piedra), que delimita o galego exterior das falas do complexo astur-leonés. Este conxunto de falas que se distribúe nas áreas: Asturiana, Ancaresa, Zamorana e Oriental-central; presenta trazos moi conservadores, pero tamén innovacións.

Os trazos lingüísticos son:

  1. Ausencia de gheada (agás área ancaresa).
  2. Ausencia de seseo.
  3. Vacilación do ditongo –oi–/–ui–/–u–.
  4. Mantemento do grupo cua– e gua–.
  5. Terminación –ín por –iño.
  6. Terminación maioritaria –ao(s) para masculino e -á(s) para o feminino.
  7. Plural en –is dos substantivos rematados en –n (forma –es minoritaria).
  8. Pronome suxeito tu.
  9. VT –i– para a P2 do pretérito de indicativo na CII.
  10. MNP –is na P5

Entradas relacionadas: