Glosario de Xeografía e Meteoroloxía — termos clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,31 KB

Aluvión

Depósito de materiais detríticos, transportados e depositados de xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.

Foz

Desembocadura dun río. O lugar onde o río desagua no mar.

Litosfera

Conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola corteza e unha parte do manto superior terrestre.

Meseta

Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser montañosos.

Penechairas

Superficie de erosión moi suavemente ondulada, sen apenas diferenza de altura entre os vales e os interfluvios.

Somonte

Terras chás, lixeiramente inclinadas, entre as serras exteriores e o centro dunha depresión. Constituídas por conglomerados, materiais grosos e duros transportados polos ríos desde os relevos montañosos.

Tectónica de placas

A tectónica de placas é unha teoría que explica a deriva continental e outros fenómenos como a formación de montañas, volcáns e terremotos. Segundo a tectónica de placas, a superficie exterior da Terra, chamada corteza, consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas que están en constante movemento.

Aridez

Termo que indica sequidade, falta de humidade. O índice de aridez establece a relación entre as chuvias e o poder desecante da evaporación, representada polas temperaturas.

Barlovento

É a parte dun relevo ou zona orientada cara ao lugar de onde ven o vento.

Inversión térmica

Incremento da temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente adiabático normal. O aire máis cálido atópase sobre o máis frío. A nivel do solo, é resultado da irradiación nocturna con ar en calma e ceo despexado, nunha situación anticiclónica invernal.

Isobara

É unha isolínia que, nun mapa meteorolóxico, une os puntos que teñen a mesma presión atmosférica ao nivel do mar. O conxunto de todas elas configura os cambios de presión.

Umbría

É a parte dun terreo que case sempre está en sombra, por estar exposta ao norte.

Cunca fluvial

É a porción de terreo que drena a un colector principal, limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas — liña desde a que as augas correntes flúen en dirección opostas, e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos.

Estiaxe

Fenómeno que consiste na diminución dos cursos fluviais por debaixo dos mínimos durante as épocas secas debido á escaseza de precipitacións.

Marisma

Terreno baixo e pantanoso que se inunda polas augas do mar ou pola auga dalgún cauce fluvial próximo.

Entradas relacionadas: