Glosario de Termos: ODS, Parroquia, Municipio e Máis

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,32 KB

Glosario de Termos

ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)
Os ODS, tamén chamados Obxectivos Globais, foron aprobados polas Nacións Unidas en setembro de 2015 como un chamamento mundial para eliminar a pobreza, coidar o planeta e asegurar que en 2030 todas as persoas vivan con paz e benestar. Estes 17 obxectivos inclúen 169 metas para acadar este fin. Os ODS buscan equilibrar tres áreas principais: social, ambiental e económica. O seu obxectivo é eliminar a pobreza, a fame, as enfermidades, e a discriminación, especialmente das mulleres e nenas. A sociedade debe colaborar mediante a creatividade, o coñecemento, a tecnoloxía e os recursos financeiros para lograr estes obxectivos en todos os lugares.

Parroquia
A parroquia é unha unidade administrativa de base relixiosa que agrupa os membros dunha mesma freguesía, organizando un territorio concreto. Esta institución xurdiu na época dos suevos en Galicia e persiste ata hoxe en día.

Municipio
O municipio é a unidade territorial onde reside a poboación. Ten competencias na administración local, como a seguridade pública, o control do tráfico, a protección civil, a loita contra incendios, o urbanismo e o mantemento de parques e xardíns públicos. Tamén se encarga da pavimentación de rúas e conservación das vías rurais, así como do tratamento das augas residuais. En España hai máis de 8.000 municipios, entre eles Nigrán, Vigo ou Mos.

Provincia
A provincia é unha división administrativa que agrupa varios municipios e ten personalidade xurídica propia, segundo a Constitución de 1978. A súa creación data de 1833, coa división realizada por Javier de Burgos. Actualmente, España conta con 50 provincias.

Comunidade Autónoma
A comunidade autónoma é un territorio cun goberno propio, coas súas competencias executivas, lexislativas e xudiciais, establecidas no seu Estatuto de Autonomía. A Constitución de 1978 establece 17 comunidades autónomas, ás que se engadiron as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Aridez
A aridez refírese á falta de humidade ou a escaseza de auga nun territorio. O índice de aridez mide a relación entre as precipitacións e a capacidade de evaporación, que depende das temperaturas.

Sistema de Información Xeográfica (SIX)
O SIX é un conxunto de ferramentas tecnolóxicas e datos informáticos empregados para visualizar e xestionar información xeográfica. Permite organizar e mostrar datos espaciais en mapas, axudando a relacionar a información recollida.

Espazo Schengen
O Espazo Schengen é unha zona en Europa onde se permite a libre circulación de persoas sen necesidade de pasar por controis fronteirizos. Foi acordado en 1990 e entrou en vigor en 1995, e inclúe tanto aos países da UE como a outros países non membros.

G20
O G20 é un foro de debate composto por 19 países e a Unión Europea, que se reúnen desde 1999 para coordinar políticas económicas. Nel participan as economías máis avanzadas do G7 e outros países emerxentes de diferentes continentes. O seu obxectivo principal é fomentar o crecemento económico e mellorar o comercio internacional.

Entradas relacionadas: