Glosario de Termos Galegos: Definicións de A a T

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,11 KB

Glosario de Termos Galegos

Acracia: Doutrina que propugna a supresión de toda autoridade.

Agorafobia: Sensación de angustia ante os espazos abertos.

Amigdalite: Inflamación das amígdalas.

Antropocéntrico: Relativo ou pertencente ao antropocentrismo.

Antropófago: Que come carne humana.

Antropoide: De aspecto moi semellante ao home.

Antropoloxía: Ciencia que estuda ao ser humano nos seus aspectos natural, cultural e social.

Aplicación: Cada un dos programas que permite traballar co ordenador.

Autismo: Trastorno mental que conduce ao individuo a pecharse nun illamento total, ignorando a realidade do mundo exterior.

Avitaminose: Enfermidade causada pola ausencia ou déficit de vitaminas.

Termos Informáticos e Xerais

  • Baixar: Descargar no ordenador un programa ou arquivo desde Internet.
  • Buffer: Espazo de memoria que se utiliza como sistema de almacenamento intermedio entre dispositivos dun sistema informático.
  • Canal: Lugar virtual da rede de Internet onde se pode manter unha “conversa”.

Definicións Variadas

Casuística: Parte da teoloxía que trata dos casos de conciencia.

Cefalea: Dor de cabeza pertinaz e intensa.

Cefalópodo: Clase de moluscos mariños que posúen tentáculos na súa cabeza.

Ciberespazo: Espazo virtual por onde circula toda a información da Internet.

Democracia: Forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo.

Dominio: Código que asigna nomes aos ordenadores a través dunha estrutura xerárquica.

Termos Relacionados con Arquivos e Escrita

  • Fonoteca: Colección ou arquivo de cintas ou discos.
  • Grafómano: Persoa que ten a manía de escribir calquera cousa sobre calquera superficie.

Instrumentos e Condicións

Helioscopio: Filtro adaptable aos prismáticos para contemplar o Sol sen dano para a vista.

Hemeroteca: Biblioteca onde se gardan diarios e publicacións periódicas.

Hidrocefalia: Dilatación anormal dos ventrículos do encéfalo por acumulación de líquido cefalorraquídeo.

Hipertexto: Documento en que algunhas palabras ou elementos están enlazados a outras partes do documento ou a outros documentos.

Homicida: Persoa que causa a morte doutra, de xeito ilexítimo e con violencia.

Infanticida: Persoa que asasina a un neno ou infante.

Termos sobre Persoas e Música
  • Melómano: Persoa que ten un gran amor e gusto pola música.
  • Microscopio: Instrumento óptico que permite a ampliación de imaxes para a observación de obxectos pequenos.
  • Mitómano: Persoa que ten tendencia a mitificar ou a admirar esaxeradamente persoas ou cousas.

Tecnoloxía e Sistemas

Monitor: Pantalla de visualización usada para presentar a saída dun ordenador, unha cámara ou unha gravadora de vídeo.

Multimedia: Combinación na transmisión dunha información de texto, son, gráficos, animación e vídeo.

Nanotecnoloxía: Tecnoloxía dedicada ao control e manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro.

Navegación: Acción de desprazarse dun sitio a outro da Internet.

Neuralxia: Dor intensa ao longo dun nervio do corpo e das súas ramificacións.

Neurociruxía: Cirurxía do sistema nervioso.

Conceptos Absolutos e Goberno

Omnímodo: Que abrangue todos os modos ou aspectos posibles.

Omnipresente: Que está presente en todas partes a un mesmo tempo.

Omnívoro: Que se alimenta tanto de substancias animais como vexetais.

Parricida: Persoa que asasina algún familiar de primeiro grao, ou os tidos por tales.

Plutocracia: Forma de goberno na que a clase capitalista detén o poder.

Psicanálise: Método para o estudo e tratamento dos trastornos mentais baseado na análise do inconsciente creado por Freud.

Psicodrama: Técnica de psicoterapia na que o paciente representa os seus problemas emocionais mediante a interpretación dun papel.

Psicoloxía: Manera de ser dunha persoa ou grupo.

Psicopatía: Nome xenérico dado ás enfermidades que presentan trastornos mentais.

Psiquiatría: Ciencia que trata das enfermidades que presentan trastornos mentais.

Shareware: Versión dun programa informático que permite probar as súas capacidades e funcionamento antes de mercar o programa completo.

Suicida: Persoa que acaba voluntariamente coa súa vida.

Termos de Velocidade e Medida

  • Taquicardia: Aumento da frecuencia do latexo cardíaco.
  • Taquigrafía: Sistema de escritura rápida a base de abreviaturas.
  • Taquímetro: Aparello que indica a velocidade da máquina en que vai instalado.

Tecnocracia: Sistema de goberno no que teñen o poder os tecnócratas.

Telescopio: Instrumento óptico que permite ver obxectos afastados.

Tetraloxía: Conxunto de catro obras propio da poesía grega latina.

Tetrapléxico: Persoa que padece unha parálise que afecta as catro extremidades do corpo.

Tetrarquía: Forma de goberno na que se dividía a rexencia dun territorio entre catro persoas.

Entradas relacionadas: