Glosario de termos galegos e cronolóxicos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,09 KB
Pedregal: (de pedra). Lugar cheo de pedras; lareiro, pedral, pedregueira, pedreira.
Penedo: (de pena). Pedra grande que sobresae da superficie da terra ou do mar; pena.
Regueiro: (de rego). Curso de auga pouco abundante; regacho, regato, rego, regueira. Ribeira: (lat. riparia). 1. Beira do río, dunha ría ou do mar. 2. Terra baixa próxima a un río; veiga.
Seara: (prob. célt. *senara “campo que se labra á parte”). 1. Extensión grande de terras de cultivo, cerradas cun valado exterior, e de propiedade colectiva; agra, senra. 2. Monte cavado onde se sementa o trigo; estivada, roza, senra.
Souto: (lat. saltu). 1. Terreo poboado de castiñeiros; castañal, castiñeira. 2. Terreo poboado de árbores, en especial de carballos e castiñeiros. Teso: (Lat. Vg. Tesu). 1. Monte alto e bravo 2. Monte de cume alongado.
Touza: (prerrom. *taucia “cepo”). 1. Monte poboado de carballos. 2. Cepa que queda dunha árbore despois de ser cortada; touceira. 3. Terreo sen cultivar que está cheo de mato; bouza, poula, touceira. 4. Conxunto de peixes dunha mesma especie que viven ou se desprazan xuntos; banco, bandada, cardume, manda. Pl. 5. Rochas esparexidas pola praia.
Val: (lat. valle). Depresión alongada inclinada cara ao mar e entre montañas.
Tempocronolóxico:
Adiar: (de a+día) Deixar para outro día. SIN. aprazar, atrasar, delongar, demorar, pospoñer, pospor, postergar, retardar.
Calendas: (lat. calendas) 1. Primeiro día de cada mes no antigo calendario romano e no eclesiástico. 2. Tempo, época.
Coevo: (lat.coevum) Dise das cousas que son da mesma idade ou época. SIN. contemporáneo.
Cotián: (lat. quatianum) Diario, de cada día. Cast.: diario, Fr.: quotidien, In.: daily.
Cronoloxía: (gr. chronología) Orde dos acontecementos no tempo.
Cronometría: (gr.chronología) Estudo das medidas do tempo.
Diacronía: (gr.dia+chronos) Desenvolvemento ou sucesión de feitos a través do tempo.
Efémero: (gr.efémeros) 1. Que ten a duración dun só día. 2. De curta duración, que pasa rápido. SIN. breve, fugaz, fuxidío, pasaxeiro. Cast.: fugaz, Fr.: fugace, In.: fleeting.
Lustro: (lat. lustro). Período de tempo que dura cinco anos.
Intempestivo: (lat. intempestivu). 1. Que está fóra do tempo axeitado. 2. Que molesta por ser inoportuno.
Intre: (lat. interim) 1. Punto preciso no tempo. SIN. Neste momento. 2. Espazo moi breve de tempo entre dous momentos. SIN. intervalo.
Inveterado: (lat. inveteratu). 1. Moi antigo, moi vello. 2. Moi arraigado.
Sazón: (lat.sationem) Ocasión ou tempo oportuno para facer algo.
Idos: (lat.ídios) No antigo cómputo romano e no eclesiástico, o día 15 de marzo, maio, xullo e outubro, e o 13 dos demais meses.
Serodio: (lat.serotium) Que vén, sucede ou ocorre máis tarde do normal ou despois do momento preciso.
Sincronía: (de sin+gr.kronos) Feito de ocorreren varias causas ao mesmo tempo, de coincidiren no tempo.
Véspera: (lat. Vespera). Día inmediatamente anterior a outro determinado. Cast.: víspera, Fr.: veille, In.: eve.
Xacando: (de xa+cando) 1. Noutro tempo, noutrora, antano. 2. Por aquel tempo. SIN. daquela, entón.
Xeira: (lat.diariam) 1. Traballo feito nun día. 2. Xornada de traballo.
Xornal: (lat. *diurnale). 1. Paga dun obreiro por un día de traballo; xeira. 2. Publicación diaria, diario.