Glosario de termos: Definicións e significados en galego

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,81 KB

Glosario de termos e conceptos

  • Accésit: nun certame, recompensa inferior ao premio.
  • Acracia: doutrina que propugna a supresión de toda autoridade.
  • Agorafobia: sensación de angustia ante os espazos abertos.
  • Amigdalite: inflamación das amígdalas.
  • Angazo: rastrillo.
  • Antropocéntrico: relativo ou pertencente ao antropocentrismo.
  • Antropófago: que come carne humana.
  • Antropoide: de aspecto moi semellante ao home.
  • Antropoloxía: ciencia que estuda o ser humano nos seus aspectos natural, cultural e social.
  • Aplicación: cada un dos programas que permite traballar co ordenador.
  • Argot: forma de falar que usan entre si os membros dun grupo.
  • Arramado: rodeado de arame.
  • Autismo: trastorno mental que conduce ao individuo a pecharse nun illamento total, ignorando a realidade do mundo exterior.
  • Avitaminose: enfermidade causada pola ausencia ou déficit de vitaminas.
  • Baiuca: taberna.
  • Baixar: descargar no ordenador un programa ou arquivo desde internet.
  • Balaustrada: columnas que sosteñen o balcón ou escaleiras.
  • Buffer: espazo de memoria que se utiliza como sistema de almacenamento intermedio entre dispositivos dun sistema informático.
  • Canal: lugar virtual da rede de internet onde se pode manter unha “conversa”.
  • Casuística: parte da teoloxía que trata dos casos de conciencia.
  • Cefalea: dor de cabeza pertinaz e intensa.
  • Cefalópodo: clase de moluscos mariños que posúen tentáculos na súa cabeza.
  • Cénit: punto do firmamento, superior ao horizonte, que corresponde verticalmente a un punto dado da Terra.
  • Ciberespazo: espazo virtual por onde circula toda a información da internet.
  • Ciumes: envexas.
  • Demiúrgo: deus ordenador do universo segundo a teoría platónica.
  • Democracia: forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo.
  • Dominio: código que asigna nomes aos ordenadores a través dunha estrutura xerárquica.
  • Druída: sacerdote da civilización celta.
  • Falúa: embarcación pequena de vela.
  • Fonoteca: colección ou arquivo de cintas ou discos.
  • Grafómano: persoa que ten a manía de escribir calquera cousa sobre calquera superficie.

Entradas relacionadas: