Glosario de Termos de Arte e Arquitectura

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,44 KB

Alto e Baixo relevo

O relevo é unha tipoloxía de escultura unida ao fondo; é dicir, non ten parte de atrás. Segundo a profundidade ou o volume do representado, establécense graos: medio ou alto.

Aparello de perpiaño

En arquitectura, aparello é o material con que se constrúe e como este se dispón nun muro. Cando se fala de perpiaño, estámonos a referir a un bloque de pedra ou a un ladrillo que atravesa a parede.

Entase

Nas correccións ópticas que, na procura de harmonía, se fan na arquitectura grega no grosor do fuste dunha columna, chámase entase á zona de máis diámetro, a máis ancha, case sempre na parte central.

Plástico

Pódese usar para cualificar a linguaxe da pintura ou escultura que son partes das artes plásticas. Un material que se traballa con facilidade tamén se chama plástico. Úsase tamén indicando que unha pintura é moi expresiva.

Veladura

Técnica usada en pintura e que consiste en aplicar unha capa transparente ao final da obra para suavizar o ton. Está ligada á pintura ao óleo e aos pintores da Escola veneciana do Cinquecento, como Tintoretto ou Veronese.

Cor primaria, secundaria e complementaria

A cor é un fenómeno óptico, consecuencia da luz. O ollo humano recibe e selecciona as ondas luminosas reflectidas e non absorbidas nun obxecto.

  • Cores primarias ou puras: son as que non se compoñen doutra cor e das combinadas derívanse as demais. Son azul e amarelo.
  • Cores secundarias ou binarias: obtéñense da mestura das anteriores.
  • Cores complementarias: son as opostas; unha a carón da outra intensifícanse. Exemplos: amarelo-violeta, maxenta-verde e azul-laranxa.

Cor plana

Chámase así cando unha mesma cor se usa nunha gran superficie, sen gradación e con igual intensidade. Os fauves, seguindo a Gauguin, fan moito uso delas; a Sinfonía en vermello de Matisse sería un exemplo. Tamén as pinturas murais do románico.

Iconoloxía

Ciencia que estuda as imaxes, o seu significado e a súa simboloxía no contexto onde son creadas. Exemplo: o cordeiro na arte cristiá.

Iconografía

Ciencia que estuda e describe as imaxes detallando as súas características.

Imposta

Termo relacionado coa arquitectura que pode ter varios sentidos:

  • Un saínte, menos acusado que a cornixa, que marca a división entre os andares dun edificio.
  • Molduras que se usan na decoración do románico, por exemplo o taqueado xaqués.
  • Resalte sobre o que se asenta un arco ou unha bóveda.

Pendente

Nome ou cualificativo co que nos referimos á inclinación con respecto á liña horizontal; a algo que está inclinado, en declive.

Pictórico

Que ten relación coa pintura; tamén se di do que ten condicións para ser pintado. Por exemplo, a linguaxe pictórica refírese ás cores, técnicas, materiais, ferramentas... que se usan na pintura.

Torso

Escultura que carece de cabeza, brazos e pernas. Parte do corpo humano correspondente ao tronco. Exemplo: Torso do Belvedere, escultura clásica nos Museos Vaticanos que influíu moito no traballo de Miguel Anxo.

Entradas relacionadas: