Glosario de termos agrícolas, pesqueiros e económicos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,47 KB

Agricultura ecolóxica

Agricultura ecolóxica: Sistema de produción agrícola que busca o máximo equilibrio co medio ambiente e coa saúde humana. Emprega métodos naturais, fai un uso racional da auga, do solo e do patrimonio xenético, e non utiliza produtos químicos de síntese.

Denominación de orixe

Denominación de orixe: Distinción administrativa que se concede a produtos de alta calidade para garantir o seu lugar de procedencia. Serve para evitar falsificacións e intrusións no mercado.

Silvicultura

Silvicultura: Actividade económica que ten por obxecto o cultivo, conservación e aproveitamento dos montes e recursos forestais.

FEAGA

FEAGA (Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria): Fondo que apoia aos agricultores mediante axudas económicas. Promove métodos agrícolas sostibles e está condicionado ao cumprimento das normas ambientais e de seguridade alimentaria.

Acuicultura

Acuicultura: Cría e cultivo de organismos acuáticos, como peixes, moluscos ou crustáceos, con fins comerciais.

Política Pesqueira Comunitaria

Política Pesqueira Comunitaria: Política da Unión Europea que coordina e regula a actividade pesqueira. Establece medidas para a xestión da pesca, entre as que se inclúen:

  • Establecemento de cotas de captura.
  • Apoio ao sector mediante intervencións no mercado.
  • Financiamento a través de fondos estruturais.

Caladoiro

Caladoiro: Zona marítima rica en recursos pesqueiros grazas ás súas condicións naturais, como a temperatura, a plataforma continental, a morfoloxía da costa e a salinidade da auga. As principais características son:

  • Condicións físicas que favorecen a produtividade biolóxica.
  • Concentración de especies comerciais.

Balanza comercial

Balanza comercial: Diferenza entre o valor das exportacións e das importacións dun país. Tradicionalmente foi deficitaria en España, aínda que o déficit reduciuse nos últimos anos.

Ecoturismo

Ecoturismo: Modalidade de turismo alternativo que aposta pola sustentabilidade e a conservación do medio natural e cultural. Procura minimizar os impactos negativos e favorecer o benestar da poboación local.

Economía somerxida

Economía somerxida: Conxunto de actividades económicas ilegais non suxeitas a control fiscal. Caracterízase por non pagar impostos nin cotas á seguridade social.

Turismofobia

Turismofobia: Fenómeno de rexeitamento ao turismo masivo por parte da poboación local. Prodúcese cando se supera a capacidade de carga e xéranse problemas ambientais e sociais.

Fenda dixital

Fenda dixital: Desigualdade existente no acceso, uso e formación das TIC entre grupos sociais e territorios. É maior entre zonas rurais e urbanas.

Plataforma loxística

Plataforma loxística: Espazo estratéxico destinado á xestión, almacenamento e distribución de mercadorías. Permite optimizar o transporte e reducir custos.

Economía colaborativa

Economía colaborativa: Modelo de consumo baseado no intercambio e colaboración entre individuos a través de plataformas dixitais. Pode implicar ou non intercambio monetario.

Entradas relacionadas: