Glosario de Términos de Geografía, Economía y Política

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,54 KB

Geografía

Relieve

Meseta

Chaira atopada sobre o nivel do mar.

Cordilleira nova

Formación recente, con relevos altos.

Depresión

Chaira rodeada por zonas e por debaixo do mar.

Vertente

Conxunto de concas que desembocan nun mesmo mar.

Paisaxe

Aspecto que adopta un territorio.

Hidrografía

Torrente

Curso de auga intermitente das illas Baleares.

Barranco

Curso de auga intermitente das illas Canarias.

Medio Ambiente

Desertización

Degradación das terras debido ás variacións climáticas e ás actividades humanas.

Parque Nacional

Espazo de gran valor ecolóxico que merece ser conservado pola singularidade da súa flora e fauna.

Política

Organización Política

Estado

Organización política que goberna un territorio e permanece estable no tempo.

Goberno

Órgano que se encarga de administrar os poderes do Estado. Varía de orientación política e de persoas de forma periódica.

Concello

Órgano de goberno dun municipio.

Cidadanía

Poboación que vive nun determinado Estado.

Provincia

División territorial.

Economía e Política

IVE

Imposto sobre o Valor Engadido.

Supranacional

Organización que está por enriba do ámbito estatal e actúa con independencia.

Embaixada

Oficinas da diplomacia dun país noutro país.

Economía

Bens e Servizos

Bens

Mercadorías que se poden tocar.

Servizos

Bens inmateriais.

Produtores

Axentes económicos que interveñen na creación de bens e servizos.

Consumidores

Axentes económicos que acceden a eses bens e servizos co pago dunha cantidade.

Sectores Económicos

Sector primario

Actividades económicas que extraen ou recollen materias primas do medio natural e que son consumidas directamente polas persoas ou pola actividade industrial.

Sector secundario

Actividades económicas que transforman as materias primas en bens elaborados.

Sector terciario

Proporciona servizos ás persoas co fin de satisfacer as súas necesidades.

Organizacións

Foro Social Mundial

Encontro de Organizacións Non Gobernamentais para presentar alternativas á globalización neoliberal.

Mercado

Oferta

Conxunto de bens que se presentan no mercado.

Demanda

Cantidade de bens que poden adquirir os consumidores a diferentes prezos.

Empresas

Capital

Bens necesarios para a creación e a actividade dunha empresa.

Empresa

Unidade económica básica de produción. Mediante o traballo, transforma bens e servizos.

Sistema económico

Forma na que se producen os bens e a forma en que se distribúen.

Sistema financeiro

Conxunto de medios que poñen en contacto os que ofrecen capital cos que o necesitan.

Multinacional

Empresa de gran tamaño que opera en varios países.

Migracións

Migrante

Persoa que se despraza a través dunha fronteira fóra do seu lugar habitual de residencia.

Emigración

Saída de persoas dunha rexión.

Inmigración

Chegada de persoas a unha rexión.

Saldo migratorio

Diferenza entre o número de emigrantes e o número de inmigrantes dun determinado lugar.

Crecemento real

Suma do crecemento natural e do saldo migratorio.

Marxinación

Consecuencia que pode darse nos países de destino e que ocorre coa non aceptación da inmigración.

Integración

Adopción por parte do emigrante daqueles valores e costumes propios da sociedade receptora.

Racismo

Discriminación que se produce a unha persoa por ter diferenzas étnicas ou de orixe.

Refuxiado

Persoa que emigra fuxindo dun conflito bélico ou por persecución política.

Éxodo rural

Emigración que se leva a cabo do campo á cidade.

España baleira

Zonas da España interior despoboada.

Multiculturalidad

Aceptación por parte da sociedade receptora de culturas diferentes á súa.

Agricultura e Pesca

Parcela

Anaco de terreo.

Hábitat rural

Espazo adicado a vivenda que forma parte do espazo rural.

Pesca industrial

Pesca que se realiza con grandes barcos e tecnoloxía avanzada.

Acuicultura

Cría de animais e plantas de auga doce e salgada.

Openfields

Parcelas abertas, nas que non hai separacións que as delimiten.

Bocages

Parcelas separadas por cerramentos, como sebes ou muros.

Industria

Tecnoloxía punta

Industrias que utilizan tecnoloxía moi avanzada para o desenvolvemento dos seus produtos.

Produto elaborado

Produtos que se obteñen a partir da manipulación e transformación de materias primas.

Industria 4.0

Industria que se caracteriza pola transformación dixital dos procesos produtivos.

Tecnópole

Zonas empresariais onde se concentran industrias de alta tecnoloxía.

Cluster tecnolóxico

Área de negocio onde se concentran as industrias de alta tecnoloxía e empresas auxiliares.

Deslocalización

Traslado de toda a produción ou parte dela a outros países.

Economía lineal

Modelo económico baseado en extraer/producir, utilizar e tirar.

Economía circular

Modelo de proceso produtivo que intenta manter o valor das materias primas, produtos e recursos o maior tempo posible.

Servizos

Servizos sociais

Servizos que se prestan para velar polo benestar da poboación.

Terceiro Sector

Sector económico composto por entidades sen ánimo de lucro que realizan actividades de interese social.

Comercio por xunto

Comercio que adquire produtos directamente do produtor e os vende a outros comerciantes.

Comercio polo miúdo

Comercio que vende en pequenas cantidades ao consumidor final nas tendas.

Comercio Internacional

Balanza comercial

Diferenza entre os produtos que importa e exporta un país.

Balanza de pagamentos

Balanza que reflicte todos os intercambios dun país co estranxeiro.

Área de libre comercio

Zona na que existe liberdade para o comercio entre os países asociados, pero cada país pode poñer os aranceis que desexe a países non membros.

Unión Aduaneira

Zona na que non hai aranceis entre os países membros e existe un aranceis común para os países non membros.

Transporte

Intermodalidade

Forma na que se combinan diferentes medios de transporte para realizar un transporte de mercadorías.

Outros

Fake news

Noticias falsas que se difunden a través de internet e as redes sociais.

Patente

Título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva unha invención.

Terciarización da economía

Fenómeno no que a riqueza e o emprego dun país se basean fundamentalmente no sector servizos.

PAC

Política Agraria Común da Unión Europea que se encárgase de garantir a seguridade alimentaria na UE.

PPC

Política Pesqueira Común da Unión Europea que se encárgase de aumentar a produtividade do sector pesqueiro e garantir a súa sostibilidade.

PACTO VERDE EUROPEO

Estratexia de crecemento económico da Unión Europea que ten como obxectivo lograr a neutralidade climática en 2050.

Entradas relacionadas: