Glosario de Palabras Galegas: Significados e Usos
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Deporte y Educación Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,97 KB
Glosario de Palabras Galegas
Abecer: Sentar ben, avegar, prestar. Abrollo: Aparecer algo de súpeto. Acerriquitar: Provocar a unha persoa para que actúe dunha determinada maneira. Adiar: Fixar unha data para un acontecemento. Afouteza: Disposición para facer ou dicir algo perigoso, difícil. Capacidade para facer algo. Aganchar: Subir ás árbores empregando pés e mans. Albeitar: Facer as xestións necesarias para coñecer algunha cousa. Pescudar. Almofía: Vasixa grande de barro ou porcelana que se emprega para asearse. Alpendre: Construción pequena para gardar utensilios de labranza... Angueira: Ocupación, labor, traballo que se ten ou no que se está ocupado. Argallar: Tramar, inventar mentiras, enredos ou leas para enganar a alguén. Arreminar: Ousar, decidirse a atacar a alguén. Arrostrar: Facerlle fronte e sen medo a un perigo ou dificultade. Á treu: Sen considerar as dificultades. Axotar: Poñer en fuga un animal facendo ruído. Balorenta: Produto orgánico que está cuberto de balor; mofento. Banzo: Cada un dos pasos dunha escaleira ou unha escada. Billarda: Estornela, xogo tradicional que consiste en darlle cun pao a outro máis pequeno. Boureo: Ruído grande, algarada, algarabía, balbordo. Traballo duro e afanoso. Brinquedo: Xogo, xoguete ou calquera cousa que serve para entreter ou divertir. Buxaina: Xoguete de madeira de buxo que se fai bailar cun cordel chamado piola. Cadabullo: Cabeceira dunha leira arada transversalmente. Límite entre dúas leiras. Canizo: Armazón colocado sobre a cambota da cheminea para secar froitos. Canzorro: Peza que sobresae dunha parede para termar dunha solaina, tellado... Carradas ás: En grande abundancia, a moreas. Carrandear: Andar movendo moito as cadeiras. Cartapacio: Colección de manuscritos presentada en forma de libro. Cartafol. Cataventos: Aparello que se emprega para coñecer a dirección do vento; viraventos. Ceno: Ademán, postura do corpo ou dunha das súas partes que denota o ánimo. Chacota: Broma ou feito para burlarse ou ridiculizar a alguén. Ciballo: Alimento que transportan as aves no peteiro para darllo ás crías. Combarrizo: (combarro) Piso sobre as cortes para durmir ou gardar a comida do gando. Coroza: Capa de xuncosa ou palla para protexerse da chuvia. Coruscante: Dise do que brilla ou resplandece. Couza: Insecto que come a madeira, roupa ou papel. Po que deixan de residuo. Currunchos: Sitio apartado dentro dun espacio maior. Lugar usado coma escondedoiro. Desganduzar: Quitar os ganduxos para que non se desfiañe a tea. Eiva: Defecto físico dunha persoa. Embizcar: Provocar un animal, especialmente un can, para que ataque. Enxergar: Ver algo sen distinguilo con claridade. Enxoval: Conxunto de mobles e roupas dunha casa. Erudición: Saber profundo nun tipo de coñecementos. Esculcar: Observar con atención e cautela a algo ou alguén. Esganar: Matar apretándolle a alguén a gorxa impedindo que respire. Esgazadura: Rachón nunha tea. Esgrevio: Terreo con rochas, pendentes e moitos cortes; áspero, abrupto, escabroso. Esguello: Mirando con disimulo por riba do ombreiro. Esguío: Ben formado, de traza elegante e de corpo xeitoso. Esbelto.