Glosario de Latinismos e Etimoloxías Galegas Corrixidas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,32 KB
Latinismos e as súas Traducións
A continuación, preséntase unha lista de locucións e frases latinas coa súa correspondente tradución ou significado en galego:
- A posteriori: Con posterioridade.
- A priori: Polo que antecede.
- Ab aeterno: Dende a eternidade.
- Ad kalendas graecas: Para as calendas gregas (nunca se vai realizar).
- Ad hoc: Para isto.
- Ad libitum: A gusto.
- Ad multos annos: Por moitos anos.
- Addenda et corrigenda: O que debe ser engadido e corrixido.
- Alea iacta est: A sorte está botada.
- Alma mater: Nai nutricia.
- Ante meridiem: Antes do mediodía.
- Ave, Caesar, morituri te salutant: Ave, César, os que van morrer saúdante.
- Bis: Dúas veces.
- Bona fide: De boa fe.
- Calamo currente: Ao correr da pluma.
- Carnes tollendas: Deben suprimirse as carnes.
- Carpe diem: Aproveita o día.
- Casus belli: Causa da guerra.
- Cave canem: Coidado co can.
- Cogito, ergo sum: Penso, polo tanto existo.
- Conditio sine qua non: Condición sen a cal non.
- Contra naturam: Contra a natureza.
- Corpore insepulto: Co corpo sen sepultar.
- Corpus delicti: O corpo do delito.
- Cum laude: Con loa.
- Curriculum vitae: Carreira da vida.
- Cursus honorum: Carreira de honores.
- De facto: De feito.
- De incognito: Sen ser recoñecido.
- De iure: De dereito.
- Deo volente: Se Deus quere.
- Honoris causa: Por honra.
- Do ut des: Dou para que des.
- Dura lex sed lex: A lei é dura, pero é a lei.
- Ecce homo: Velaquí o home.
- Editio princeps: Primeira edición.
- Errare humanum est: Equivocarse é humano.
- Et cetera: E o demais.
- Ex aequo: Por igual.
- Ex cathedra: Dende o posto do mestre.
- Ex iure: Segundo o dereito.
- Ex libris: Dos libros de.
- Ex professo: Adrede.
- Exempli gratia: Por exemplo.
- Extra muros: Fóra das murallas.
- Facta, non verba: Feitos, non palabras.
- Fiat lux: Fágase a luz.
- Gratis et amore: Sen cobrar e por amor.
- Grosso modo: Sen moita exactitude.
- Habeas corpus: Que teñas o corpo.
Etimoloxía de Topónimos Galegos
Análise da posible orixe de varios nomes de lugares en Galicia:
Topónimos do Norte e Centro
- A Coruña: Procede do substantivo común clunia (palabra celta romanizada), que significa "pradaría, lugar húmido, fonte, manancial", en alusión ao contorno da actual Torre de Hércules.
- A Estrada: Podería provir da voz popular galega estrada. O seu significado é estender xeralmente capas de toxo nas corredoiras no inverno onde había lama; pode vir do latín *strata.
- Acibeiro: Referido a un lugar ou sitio poboado de acivros, deriva de *aquifolium ou *acifolium.
- Armenteira: De *armenteriam e este de *armentum (rabaño ou gando vacún).
- Astorga: De *Asturica Augusta, nome do emperador Augusto.
- Bembibre: De *bene vivere.
- Bierzo: Deriva de Bergidum.
- Bonaval: De *bonam vallem. Conserva o xénero feminino de vallis,-is.
- Braga: Era Bracara, convertida despois das guerras cántabras en Bracara Augusta.
- Caldelas: Deriva de (aquas), presenza de augas quentes, termais.
- Cartagena: ProVén do fenicio Qart Hasasht ("cidade nova").
- Castrelo: De castrum castellum, híbrido.
- Cebreiro: Lugar onde houbo asnos bravos ("cebros").
- Celanova: ProVén de cella ou cela, de habitación pequena, de mosteiro ou dependencia deste.
- Cimadevila: De cyma ("lugar elevado") e villam.
- Compostela: O Cronicón Iriense (XI-XII) derivao de compositum tellus ("terra composta ou fermosa"). Sempre foi máis aceptada a interpretación de "villiña ben feita", que debe provir do diminutivo latino compositella, de "compoñer, construír" en alusión a un pequeno núcleo de poboación ou aldea ben construída.
- Córdoba: Romanos Corduba. Era de esperar unha forma *Cuerva, resultando na forma Córdoba.
- Couto: ProVén de cautum ("lugar cercado").
- Chantada: De plantatam, suposta destrución da vila coa reedificación, de aí *plantata = a poboación. Outros relaciónano coa defensa feita con estacas plantadas ou cravadas; podería ser que lle faltase un substantivo como *petra plantata.
Topónimos do Oeste e Sur
- Feáns: Do latín fenales, lugares onde abunda o fenum ("herba seca").
- Filgueira: De filicariam, derivado de filicem (fieito). Lugar onde abundan os fieitos.
- Fisterra: Finis terrae, "fin do mundo coñecido".
- Fondevila: De fonte da vila coa apócope do -te de fonte.
- Fonsagrada: Deriva de fontem sacratam, "fonte sagrada".