Glosario Historia España: Séculos XVIII-XIX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,96 KB
Glosario de Historia de España: Séculos XVIII e XIX
Afrancesados
Españois que apoiaban o goberno de Xosé I Bonaparte, que pensaban que o novo goberno era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España. Eran un grupo reducido, pertencentes ás elites sociopolíticas e culturais do país. O termo foi empregado pexorativamente polos "patriotas" para resaltar a súa condición como colaboracionistas dos invasores franceses.
Abdicación de Baiona
Renuncias sucesivas ao trono de España por parte de Fernando VII e Carlos IV a favor de Napoleón Bonaparte, quen, á súa vez, proclamou rei de España ao seu irmán Xosé I en 1808. É unha das causas da guerra de Independencia española.
Caciquismo
Prácticas levadas a cabo polos caciques que controlaban as eleccións, para garantir a quenda de partidos durante a Restauración Borbónica iniciada en 1875. O caciquismo tiña máis forza nas zonas rurais, sendo os caciques quen decidían o resultado das eleccións, e non os electores.
Cantonalismo
Insurrección que tivo lugar na Primeira República Española, entre 1873 e 1874. O seu obxectivo era implantar unha república federal e o proceso debía facerse "desde abaixo", mediante a proclamación da soberanía dos "cantóns". Os focos de insurrección cantonalista xurdiron en Levante e Andalucía.
Desamortización
Conxunto de leis que modificaron o réxime de propiedade permitindo a apropiación e venda por parte do Estado de propiedades daquelas institucións que tiñan prohibida a venda dos seus bens raíces. A venda facíase en réxime de poxa pública. As principais operacións fanse a instancias de Mendizábal (1836), Espartero (1840) e Madoz.
Encasillado
Mecanismo de fraude electoral característico da Restauración Borbónica para manter a quenda de partidos ou turnismo. A lista era pactada polos dous partidos liberais monárquicos (Liberal e Conservador). A nivel local, os caciques eran os encargados de garantir o resultado negociado.
Estatuto Real
Carta outorgada por María Cristina de Borbón na época da rexencia (1833-1840) pola minoría de idade de Isabel II. Impuxo un réxime no que o rei mantiña importantes cotas de poder. Estivo en vigor desde a súa publicación en 1834 ata 1836.
Ludismo
Movemento social urdido en Gran Bretaña a principios do século XIX no que os obreiros destruían maquinarias ou fábricas pola perda de postos de traballo que supoñían. Foi unha das primeiras manifestacións do malestar obreiro, que máis tarde se transformará en movemento sindical.
Manifesto dos Persas
Documento subscrito por deputados partidarios do Antigo Réxime no que solicitaban ao rei a anulación da Constitución de 1812 e o restablecemento do absolutismo. Foi entregado ao rei no seu regreso a España en 1814 e serviu de base ao rei para decretar o restablecemento do réxime absolutista (Sexenio Absolutista).