Glosario Filosófico: Termos Clave de Platón, Aristóteles e os Presocráticos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 4,79 KB

1. Conceptos Fundamentais da Filosofía Presocrática e Platónica

Termos relacionados coa filosofía presocrática

Mito: Narración propia das civilizacións antigas que explica os fenómenos da natureza a partir da intervención de deuses ou heróes.

Logos: Comprensión **racional** da realidade que substitúe as explicacións míticas na Grecia Antiga.

Arkhé: Principio último da physis, do que todo vén cando nace e ao que todo vai cando perece.

Physis/Cosmos: Termo empregado na Grecia Antiga para referirse á totalidade da realidade, comprendida como un todo **ordenado**.

Termos clave da filosofía de Platón

Dualismo ontolóxico: Concepción segundo a cal a realidade está dividida en dous ámbitos: o **mundo sensible**, corruptible e imperfecto, e o **intelixible**, perfecto e eterno.

Mundo sensible: Un dos ámbitos que compoñen a realidade no sistema platónico. As entidades deste ámbito están suxeitas a cambios e **corrupción**.

Mundo intelixible: Un dos dous ámbitos que constitúen a realidade no sistema platónico. Realidade inmaterial e eterna, formada polas **Ideas**.

Idea: Entidades que conforman o mundo intelixible segundo Platón. Son modelos perfectos e eternos das cousas sensibles e constitúen a **verdadeira realidade**.

Teoría do Coñecemento (Epistemoloxía)

Doxa: Na teoría platónica do coñecemento, "opinión" ou modo de coñecemento imperfecto acerca das cousas do mundo sensible.

Episteme: Na teoría platónica do coñecemento, "ciencia" ou **verdadeiro coñecemento** acerca das Ideas.

Dialéctica: Na teoría platónica do coñecemento, proceso de ascenso no coñecemento das cousas sensibles ás Ideas.

Reminiscencia/Anamnese: Proceso no que a alma recorda o que xa aprendeu antes de encarnarse no corpo: as Ideas.

Antropoloxía e Ética

Dualismo antropolóxico: Concepción segundo a cal o ser humano está conformado por un corpo mortal e unha **alma inmortal**.

Intelectualismo moral: Doutrina ética segundo a cal o que coñece o **Ben** actuará ben; o que obra mal faino por ignorancia.

Xustiza: Idea fundamental no sistema platónico. Consiste en que cada cidadán desenvolva na polis a labor que lle é propia en función da facultade que predomine na súa alma.

2. Conceptos Clave da Filosofía Aristotélica

Metafísica e Física

Substancia: Segundo Aristóteles, entidades que conforman a realidade e que podemos percibir cos sentidos. Están compostas de **materia e forma**.

Materia: Aquilo do que están feitas as substancias e causa das diferenzas individuais entre elas: os **accidentes**.

Forma/Esencia: Aquilo que define á substancia, o que fai que sexa o que é. Trazo compartido coas substancias da súa mesma especie.

Hilemorfismo (teoría hilemórfica): Teoría que sostén que as substancias están compostas por dúas dimensións: a materia (hylé) e a forma (morphé).

Acto e potencia: Conceptos cos que Aristóteles explica o **cambio**. Potencia é aquilo que a substancia pode chegar a ser e acto o que cada substancia é nun determinado momento.

Teleoloxía: Concepción aristotélica segundo a cal todo proceso da realidade persegue un **fin**.

Especie: Substancia segunda da física aristotélica definida como un grupo de substancias que posúen trazos en común.

Xénero: Substancia segunda da física aristotélica definida como un conxunto de especies.

Motor inmóbil: Primeiro motor da **física aristotélica**, que move sen ser movido.

Ética e Política

Eudaimonía/Felicidade: Fin **último** da vida humana na ética aristotélica. Todas as demais accións son medios para acadala.

Virtude: Máxima realización do que é propio de algo segundo a súa esencia.

Virtude ética: Excelencia no obrar asociada á práctica. Adquírense mediante o **hábito** e son o punto medio entre dous extremos.

Virtude dianoética: Excelencia no obrar asociada á **razón** e ao proceso educativo.

Zoon politikón: Definición aristotélica do ser humano como un animal que vive en sociedade de xeito natural.

Politeia: Forma de goberno xusta para Aristóteles, na que as clases medias respectan a lei e se alternan no poder.

Entradas relacionadas: