Glosario de Arte: Bóvedas, Esculturas y Perspectivas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 2,88 KB

Glosario de Arte y Arquitectura

Bóveda

Bóveda xerada pola rotación dun arco. Cando este é de medio punto chámase semiesférica ou de media laranxa. Pode erguerse sobre diferentes espazos (redondos, cadrados, poligonais ou elípticos) que pasan a espazo circular -onde verdadeiramente asenta a cúpula- por medio de trompas ou cunchas (pechinas).

Escultura

Escultura Exenta

Representa ás figuras nas súas tres dimensións (é de vulto redondo), e permite contemplar a escultura dende calquera punto de vista ó seu redor, de aí a súa denominación. Tamén se denomina estatua.

Escultura de Vulto Redondo

Arte plástica que representa ás figuras nas súas tres dimensións; podendo estar apegadas ou exentas, tratándose entón de escultura monumental ou estatua, respectivamente.

Técnicas Pictóricas

Esfumado ou Esvaído / Sfumato (en castelán = Difuminado)

Técnica utilizada na pintura ó óleo por primeira vez por Leonardo Da Vinci, que consiste en dar aos obxectos contornos vagos, esfumados, borrosos, cos que se conseguen efectos atmosféricos.

Por exemplo, o famoso retrato da Gioconda (Museo do Louvre, París).

Perspectiva Aérea

Na que os obxectos se esfuman progresivamente a medida que se afastan do espectador. É aquela que perfecciona a perspectiva lineal, representando a atmosfera que envolve os obxectos, eliminando os límites de forma e cor, dando unha impresión moi real da distancia. Según esta nova perspectiva, entre o ollo do espectador e aquelo que observa hai aire ou atmósfera, e esto provoca que os perfiles e contornos dos obxectos se difuminen, que coa distancia se perda a nitidez e que as cores perdan a intensidade coa profundidade.

Planos Arquitectónicos

Plan Central

Designa á planta dunha igrexa que se desenvolve ó redor dun punto central onde se cruzan, polo menos dous eixes de simetría iguais. Centralizan a construción. Son plantas de cruz grega, circulares, cadradas…

Elementos Constructivos

Trompas

É un sistema construtivo que resolve o paso da base circular ou octogonal dunha cúpula a un espazo inferior cadrado.

Son bovedillas semicónicas, co vértice no ángulo de dous muros e a parte ancha cara fóra (a).

Empregáronse principalmente durante o románico e o gótico.

Pechinas (Cunchas)

Triángulo esférico que, en número de catro, permite pasar da planta circular da cúpula a un espazo inferior cadrado. Trátase dunha solución arquitéctonica máis elegante ca trompa.

Os primeiros intentos foron na época romana, para continuar na época bizantina (S. VI), por exemplo na Igrexa de Santa Sofía de Constantinopla. Máis adiante: románico, renacemento, barroco e Arquitectura musulmana.

Entradas relacionadas: