Geografia de Galícia: Urbanització, Poblament i Vocabulari

Francés3,29 KB

Vocabulari de salut i benestar (English Vocabulary)

Aspectes personals i estil de vida: appearance, diet, social life, arguments, exercise, stress, bullying, health, vegetarian, depression, relationship.

Problemes de salut i símptomes: backache, earache, spots, bee sting, eye strain, stomach ache, cold, headache, sunburn, cough, mosquito bite, toothache.

O poboamento e a urbanización en Galicia

O poboamento rural

En Galicia, mantéñense as formas de poboamento rural. Predomina o poboamento disperso, cuns 300.000 núcleos no territorio.

Proceso de urbanización

  • Idade Antiga (I. A.): Durante a dominación romana creáronse novos núcleos de poboación, con antecedente na Idade de Ferro coa aparición do poboamento castrexo, que supuxo o desenvolvemento dun primitivo urbanismo. Fundáronse cidades como Lugo e Astorga.
  • Idade Media (I. Med.): As sucesivas invasións dos suevos, musulmáns e normandos levaron a unha perda do poder das cidades e levouse a cabo un proceso de repoboación urbana en determinados núcleos. Logo rexístrase a creación e o renacemento de cidades ao longo do Camiño de Santiago e na liña da costa.
  • Idade Moderna (I. Mo.): Rexístrase un importante crecemento da poboación e a súa concentración en zonas costeiras. Destacan núcleos urbanos como A Coruña, Betanzos, Tui e Lugo.
  • Idade Contemporánea (I. Con.): Tivo lugar a implantación de industrias conserveiras e a modernización do sector pesqueiro, o que xerou un maior dinamismo en núcleos litorais como Vigo e Cangas. Con todo, ata mediados do século XX Galicia non contaba cunha rede consolidada de asentamentos urbanos.

Morfoloxía e estrutura urbanas

Plano urbano: Reflicte a longa historia do núcleo de poboación.

  • As zonas históricas presentan un plano irregular.
  • Os barrios modernos presentan un plano en cuadrícula.
  • As cidades construídas sobre outeiros presentan un plano radiocéntrico.

Estrutura urbana:

  • A zona antiga está convertida no centro comercial e de servizos.
  • O ensanche está presente nas sete principais cidades galegas: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol.
  • A periferia concentra polígonos industriais e de servizos.

Sistema urbano galego

Dos 2.700.000 habitantes de Galicia, case un millón vive nas sete cidades que forman a rede urbana. A escala española, Vigo e A Coruña son consideradas cidades medias, mentres que o resto son cidades pequenas.

Trazos importantes:

  • Ausencia de grandes núcleos de poboación, xa que non superan os 300.000 habitantes.
  • Carencia de asentamentos intermedios entre as sete cidades principais e as vilas.

Descargar

PDF Word HTML