Gallego poesía

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 22,49 KB

Ejercicios Bloque Occidental Hai seseo (lus), a segunda persoa do plural dos verbos remata en -des (andades), o pronome suxeito é ti, hai gheada (ghato), o plural dos nomes rematados en -n faise engadindo a terminación -s (camións), emprégase a terminación -án (irmán), emprégase a terminación -iño (pequeniño) Bloque Central Non hai seseo, a segunda persoa do plural dos verbos remata en -des (andades), o pronome suxeito é ti e na parte máis oriental é tu, na faixa máis occidental hai gheada mentres que no resto non, o plural dos nomes rematados en -n faise cambiando a -n pola -s (camiós), emprégase a terminación -ao (irmao), emprégase a terminación -iño (pequeniño) Bloque Oriental Non hai seseo, a segunda persoa do plural dos verbos remata en -is (cantais), o pronome suxeito é tu, non hai gheada, o plural dos nomes rematados en -n faise cambiando a -n por -is (camiois), emprégase a terminación -ao (irmao), emprégase a terminación -in (pequenín)

 VOCABULARIO Tema 7 1. Rosquillas: Doce pequeno, redondo e cun furado no medio Manteigada: Especie de bola feita con manteiga e outros ingredientes doces (anís, azucre...) Exvoto: Obxecto de cera colocado nunha igrexa en cumprimento dun voto alusivo a unha graza recibida. Cesta: Recipiente xeralmente feito de vimbio ou laminas de madeira, máis grande co cesto e con dúas asas. Sanandrés: Figuriñas de pan sen fermentar pintadas de vivas cores Santuario: Templo onde se venera a imaxe ou reliquia dun santo e que é centro de peregrinación Santeira: Persoa que fabrica ou vende imaxes de santos ou relacionadas con estes Romeiro: Persoa que vai de romería Peto das ánimas: Pequena construcción de pedra coa representación das ánimas do purgatorio enmarcada e cun peto cavado na pedra para botar moedas. Devoto: Que sente admiración por algo ou alguén, piadoso/a Candea: Peza de cera, xeralmente cilíndrica, cunha mecha no interior que se emprega para alumar. Cruceiro: Cruz monumental de pedra que se coloca nas encrucilladas sobre unha longa columna e asentada sobre unha plataforma graduada. Herba de namorar: Planta herbácea de follas ciliadas e flores rosáceas, según a tradición esta herba garante ao posuidor poderes especiais para atraer á persoa amada. Tema 8 2. Lixo = Varredura. Cocelleiro = Edil. Mercados = Praza de abastos. Barrios = Arrabaldes. Concello = Consistorio 3. Allariz: Allaricense. Bergantiños: Bergantiñán/á. Bretoña: Bretoñés/. Burela: Burelense .Camariñas: Camariñés/esa. Deza: Dezao/á. Foz: Focense .O Grove: Grovense. A Limia: Limego/a. Moaña: Moañés/esa .Porto do Son: Sonense. Sarria: Sarriao/á .Tui: Tudense .Xinzo de Limia: Limiao/á 4. Tenente de alcalde: Concelleiro encargado de certas funcións da alcaldía. Pedáneo: Alcalde que exerce as súas funcións en barrios, parroquias, etc. Recadación: Servizo encargado de recader os impostos municipais. Padrón: Lista oficial de habitantes dunha cidade, vila, onde figuran os seus nomes. Taxas: Cantidade de diñeiro que paga o cidadán aos entes públicos pola prestación de servizos. Prevaricación: Utilización indebida que un gobernante ou funcionario fai do seu cargo aproveitándose del para sacar vantaxes económicas ou doutro tipo. Parroquia: Unidade básica da división territorial de Galicia, cuns limites naturais claros e definidos, e unidade histórica, social, relixiosa e administrativa- Ordenanzas: Conxunto de normas polas que se regulamenta un concello. 5. -Os concelleiros reuníronse para aprobar os presupostos municipais para o próximo ano - Trasladaron as oficinas do concello a outro lugar porque están en obras no edificio municipal. - A avoa vai todos os días ao mercado a comprar os produtos frescos para a comida. - Hai cidades actuais que están rodeadas de barrios de chabolas miserables. - Os sistemas de recollida de lixo melloraron, pero aínda necesitamos que o fagan máis. - A concelleira de sanidade recomendou que non se bebese auga das fontes públicas. - O meu curmán está traballando nunha escola obradoiro de cantaría que organizou o Concello. - O Concello ten moitas parroquias e moi esparexidas, o que provoca que sexa difícil atendelas a todas

. Exercicios Poemas ¿Cal é a idea presente en cada unha das tres estrofas? 1º: Compara a vida cunha estrela que atravesa o ceo da noite rapidamente 2º: A vida para o poeta non transcorre tan rapidamente pois está namorado e a vida transcorre demorada e feliz en compañía da súa amada. 3º: Ainda que o seu paso pola vida non foi fugaz como o da estrela e si feliz e demorado, non estivo exento de dificultades xa que o mundo que rodea os namorados resulta ser unha eterna noite.

¿Cal é o tema deste poema? O amor dalle sentido a vida facendoa demorada a feliz, chea de ilusión e consolo. Só luxada esa felicidade por unha sociedade opresiva e falta de liberdade. Unha noite moi escura, unha clara alusión a ditadura franquista.

¿Como se agrupan os versos? Hai rima entre eles? O poema consta de 3 estrofas de 5 versos con rima excepto o ultimo que ten 6 versos e rima libre. O ritmo do poema basease fundamentalmente na disposición das palabras e na sua sonoridade.

¿A que obedece a presenza da palabra fugazzzz? A palabra fugazzzzz intenta representar de xeito onomatopeico a idea de rapidez e fugacidade do paso dunha estrela que cruza rapidamente o ceo.

¿"Foi moi escura a noite". Que nos quere dicir con estas palabras? Con estas palabras Celso Emilio querese referir á situación social que lle tocou vivir, a ditadura franquista. Con esta expresión amosa unha denuncia da situación de opresion e falta de liberdade que supuxo a ditadura para a sociedade. A noite pode asociarse á idea de escuridade, opresión, falta de visión, polo tanto, alude a falta de liberdade.

EJERCICIOS DA LITERATURA 1. Porque os exiiados puideron desnvolver con tanta amplitude a súa actividade cultural?A existencia dunha gran comunidade de galegos en latinoamerica posibilitou a creacion de organizacions e asociacions mais poderosas nos planos economico e social.Bos Aires que foi o principal recptor de emigrantes,tiña daquelaunha intensa vida cultural;feito este que posibilitou a publicación de obras dos principais autores galegos e o seu desenvolvemento cultural e politico no exilio.

2. Sabes explicar o exilio interior? É termo empregado para designar a situacion que tiveron que vivir aqueles escritores galegos que permaneceron en España e que viron reprimidas as suas liberdades e tiveron que desnvolver as suas actividadesliterarias e politicas na clandestinidades.

3. Que diferenzas ves entre a poesia de Seoane e de autores das vangardas como Manuel Antonio ou Cunqueiro? A diferenza entre a poesia de Seoane e a dos vangardistas radica na importancia que o primeiro lle concede a tematica.A de Seoane e unha poesia de denuncia social.Ao contrario que os vangardistas,Seoane concede pouca importancia ao aspecto formal ou estetico das suas composicions.Manuel Antonio racha co posado creo unha anovadora estetica e concedelle unha importancia excepcional a forma;todo o contrario que Seoane Cunqueiro tamen presta maior atencion a forma en comparacion con Seoane,e a sua tematica xira mais arredor do fantastico que sobre os problemas e as preocupacions do seu tempo.

1. Cal era a concepcion que Celso Emilio Ferreiro tiña da pesia? Avogaba por unha poesia social civica,comprometida,e denuncia dos males sociais e das inxustizas que tiña que padecer o pobo galego.A liña social e polo tanto a direccion fundamental da literatura deste autor.Para Celso Emilio a mision da sua obra poetica e a de expresar a epoca que lle tocou vivir e as suas relacions do ser humano coas circunstancias historicas e sociais.A poetica de Celso Emilio esta totalmente centrada no seu compromiso social e a importancia que lle concede a estetica e minima polo que nas suas composicions predominan o verso libre e a metrica variada como instrumentos para expresar e divulgar as suas ideas e pensamentos.

2. Que repercusion tivo na obra de Celso a sua experiencia na emigracion? Tras ser obrigado a combater no bando franquista e ser privado da sua liberdade Celsoo Emilio decidiu emigrar a Venezuela e pasar asi a engrosar as listas de galegos emigrados.Chegado a Caracas Ferreiro atopase cun sector de galegos desideoloxizados que unicamente buscaban o seu enriquecemto persoal.Celso agardaba unha comunidade de galegos fortemente vencellada cunha densa actividade cultural.Sobre todo con ideas politicas comprometidas,cando chegou a Caracas a decepcion non puido ser maior,froito desta mala experiencia xorde Viaxe ao pais dos ananos obra que satiriza a situacion vivida na emigracion.A decepcionante experiencia vivida en Caracas influe o resto dos seus traballos tinguidos dunnha maior intencion satirica.Proba diso son as cantigas de escarnio e maldicir.Desde un perspectiva critica e con afan de denuncia a situacion vivida na emigracion do poeta.

3. Porque tivo tanta repercusion na sua epoca a poesia de Celso Emilio? Nunha epoca de censura,terror,fame e morte Celso dirixiuse como unha das primeiras persoas en denunciar a situacion politica e social dunha España en decadencia.Esta longa noite de pedra abriu os ollos a unha xuventude inmersa nun mundo empobrecido culturalmente e servira de canle dos seus desexos de protesta.

 4. Sintetiza as caracteristicas mais salientables da poesia de Celso Emilio. -E unha poesia social e civica. -Concedelle nula ou pouca importancia a os aspectos estetico e forma. -Emprego de grandes doses de critica,satira e sarcasmo. -Tres liñas tematicas basicas: social, intimista e ironica. -Emprego dunha linguaxe coloquial e unha e uso de vulgarismos valendose dun estilo directo e claro. -Metrica variada con predominio do verso libre.

 LITERATURA TEMA 8 A DERRADEIRA ETAPA DO RÉXIME FRANQUISTA: 1960-1975 Nestes 15 anos desenvólvese a derradeira etapa do réxime franquista, un periodo no cal a ditadura tentou levar á practica un certo "aperturismo". Pero as transformacións economicas e sociais foron entrando en progresiva contradicioon coa falta de liberdade que impoñía a ditadura. Isto fixo medrar o descontento entre amplos sectores da poboación, ao tempo que se artellaba unha oposición organizada ao franquismo.

Unha sociedade en transformación Nos anos sesenta a sociedade galega experimenta profundas transformacións economicas e sociais. Galicia comeza a pasar dunha economía de autoconsumo a un novo tipo de sociedade, en que os sistemas de produción se orientan segundo as leis do mercado. A sociedade tradicional entra en crise: son os anos de masiva emigración a Europa e do transvasamento de poboación á beiramar atlantica como Vigo, Ferrol... Tamén nestes anos, ademais de modernizarse as industriais xa existentes, aparecen as chamadas industrias de enclave e prolifera a construción de encoros. A sociedade campesiña vai perdendo peso e aumentan as clases medias urbanas e a clase obreira que xorde como consecuencia do auxe industrial.

A oposición á ditadura Os cambios tamén se deron no eido cultural. A nova Lei de prensa de 1966 suprime a censura previa, mais limita seriamente a liberdade de expresión. Aparecen partidos clandestinos nacionalistas. O mundo estudiantil, e o universitario en especial, vive desde 1967 un periodo de efervescencia politica. A perda de apoio social que sofre a ditadura é cada vez maior. Os últimos anos do rexime van vir marcados pola loita entre os partidarios de perpetuar o sistema tras a morte do ditador e aqueloutros que loitan pola rotura co pasado e o establecemento dun réxime democratico.

Un tempo de resistencia A cultura galega vive ainda sen medios axeitados para o seu normal desenvolvemento: o idioma non ten recoñecemento legal, está porhibido no ensino e na administracion, e a ditadura non recoñece a realidade das culturas nacionais nin respecta as liberdades democráticas. Malia estes atrancos, entre 1960 e 1975 a cultura galega vai acadando unha aprezable expansión. Creanse numerosas asociacións culturais, moi activas na defensa da lingua e no espallamento da cultura. A carón de Galaxia, aparecen agora novas editoriais como Edicións do Castro ou Castrelos. A partir do 1917 de maio de 1963, centenario da publicación de Cantares gallegos, a Real Academia Galega estableceu o Día das Letras Galegas. Nestes anos xeneralizouse o uso público do galego como vehículo de expresión dos traballadores e dos estudantes, pasando así a converterse no idioma das reivindicacións socias.

Un mundo en transformación Fóra das nosas fronteiras vai ser esta unha época que vén marcada polas profundas transformacións que se producen nas sociedades occidentais, tanto nos costumes como no pensamento. É nestes anos cando a mocidade adquire un profundo protagonismo social. A xuventude vai reaccionar contra a sociedade do momento e así xorde a música rock, o movemento hippy, os movementos pacifistas contra a guerra de Vietnam, a liberación sexual, a loita contra a discriminación radical, etc. É tamén nesta época cando cobra pulo o movemento feminista

. CELSO EMILIO FERREIRO No tempo que vai dende o ano 1950 ata 1975 a poesía foi o xénero hexemónico dentro da literatura galega, sendo o social-realismo a corrente dominante nesta etapa. Dentro desta corrente destaca a figura de Celso Emilio Ferreiro, cunha obra de fonda repercusión popular, continuadora da poesía cívica iniciada por Curros Enríquez. Biografía Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912. Estudou cos Escolapios e logo seguiu estudos de Dereito. Nos anos xuvenís comeza a sentirse atraído pola poesía e a politica dentro da esquerda nacionalista. Na Guerra Civil é recrutado forzoso e ten que loitar no bando franquista na fronte de Asturias. Durante un permiso, e a causa dunha denuncia calumniosa, foi encarcerado, experiencia da que xorde "Longa noite de pedra" coa que acadará gran sona. En 1966 marchou a Venezuela como director da Irmandade de Caracas. O poeta tiña unha visión idealizada da Galicia emigrante. Pero a realidade venezolana é ben distinta, os dirixentes das sociedades galegas da emigración están totalmente desideoloxizados. Na súa poesía queda patente a carraxe e decepción que sofre o poeta e nace así "Viaxe ao País dos Ananos", onde satiriza a aqueles galegos que utilizan a colectividade galega para o seu medre persoal. Regresa de América e establécese en Madrid onde traballou no xornal ABC. En Madrid vivirá durante os anos setenta mantendo unha relación constante con Galicia. Morreu en Vigo no ano 1979. Dedicouselle o Día das Letras Galegas en 1989.

A obra de Celso Emilio Ferreiro A obra de Celso Emilio Ferreiro bebe dunha sólida tradición de poesía cívica, que ten en Curros Enriquez a Ramón Cabanillas os mellores exemplos. A poesía do poeta celanovés afronta diversos eixes temáticos: o desarraigo existencial, a nostalxia, a recuperación da infancia, a terra, a denuncia, a muller e o amor. Aínda así, todos estes rexistros quedaron nun segundo plano debido á gran repercusión que tivo a súa poesía belixerante. Celso Emilio pensaba que a misión do poeta era reflectir a época que lle tocou vivir e as relacións dos seres humanos coas circustancias históricas e sociais. O poeta denuncia o sistema social mantendo unha postura comprometida contra a guerra, contra os asasinos e opresores e manifestándose sempre en defensa dos oprimidos. No que se refire á lingua, predomina o ton coloquial en consonancia co contido directo e claro. Respecta a métrica, e esta é moi variada e predomina o verso libre. En Celso Emilio distinguense tres grandes núcleos tematicos: - Unha liña social, solidaria cos oprimidos de calquera latitude e denunciadora dos males sociais: o fascismo, a deshumanización, a emigración, a inxustiza, a solidariedade cos que sofren, o analfabetismo... - Unha liña intimista na que se manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou o amor. O poeta evoca un tempo pasado e feliz. - Unha liña irónica, fortemente corrosiva e crítica, que se pode observar en libros como "Cantigas de escarnio e maldicir" ou nos "Antipoemas".

A situacion historica- o traballo cultural dos intelectuais exiliados non seria posible se non fose porque nos países latinoamericanos exisitia dende moitos anos antes una enorme colectividade de emigrantes,organizados ao redor da Federacion de Sociedades Galegas.As difíciles condicions de vida fixron que den o seculo XIX moitas persoas se visen forzadas a emigrar.Bos Aires foi a cidade na que se desenvolveu a maior parte das iniciativas culturais que levaron a cabo os exiliados.Isto foi posible porque nela había xa un enorme numero de galegos emigrados,organizados en asociacions moi poderosas nos plano económico e social.Ademais Bos Aires era daquela una cidade moi puxante cunha intensa vida cultural

A actividade política e cultural no exilio -nos anos anteriores a Guerra civil xa había en Bos Aires grupos de persoas que traballaban activamente a prol da cultura galega.Despois da guerra uniuse a eles unsignificativo numero de intelectuais e artistas que tiveran que exiliarse.Castelao chegou exiliado a Bos Aires en 1940.Ao redor da sua figura,respectada e querida por todos os galegos desnvolveuse una actividade tendente a manter vivos os dereitos de Galicia e salvagardar a legalidade republicana que tronzara a guerra civil.Tras a norte de Castelao en 1950 o labor dos exiliados centrouse mais na actividade cultural

O traballo cultural dos exiliados -entre os exiliados salientan os nomes de luis seoane Eduardo blanco amor Rafael dieste Lorenzo varela Arturo cuadrado Emilio pita e ramón Valenzuela .eles puxeron en marcha numerosas iniciativas para manter viva acultura galega.entre elas salientan:-edición de revistas culturais el literarias:Galicia,Galicia emigrante. -Creacion de canles para a publicación de libros galegos:as coleccions Horreo e Dorna,dentro da editorial emece ou novas editoriais como Nova,Citania ou Botella al Mar.Esta actividade editorial foi importantísima:non so reeditaron libros de figuras xa desaparecidas senon que tamen deron coñecer as obras que forn creando nos anos do exilio.-Consolidacion dun teatro galego:posta en marcha da compañía da Maruxa Villanueva e Varela Buxan.-Extenso labor da divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.A importancia De Bos Aires non nos pode facer esquecer que en Mexico houbo outro significativo foco de vida culturalno exilio.Ali crearonse revistas como Saudade Loita e sobre todo Vieros.

Luis Seoane vida e obra-fillo de emigrantes luis seoane naceu en bos aires en 1910.a sua familia volveu a Galicia cando el tiña 6 anos.participou de xeito moi activo na intensa vida intelectual do Santiago dos anos 20.a guerra civil obrigao a exiliarse en bos aires onde desenvolveuun extraordinario labor de axitacion política e cultural.ao tempo a sua sona como pintor medra cada vez mais en todo o mundo.neses anos publica os seus libros de poemas fardel de exiliado,na bretema de sant-iago e as cicatrices.tamen escribe duas obras de teatro a soldadeira e o irlandés astrologo.despois de 27 anos no exilio en 1963 volve agalicia.xunto con diaz pardo crea o museo carlos maside e a fabrica de cerámicas sargadelos.nestes anos ainda publica un novo libro de poesía a maior abondamento.finou na coruñano ano 1979.en 1994 dedicouselle o dia das letras galegas.a poesía de seoane ten como temas fundamentais a emigración e o exilio.e una poesía de denuncia social.nos versos de seoane a preocupación formal ocupa un segundo plano xa que para el o importante era a mensaxe que se transmitia a través das palabras.

Perfil biográfico de Eduardo blanco amor-eduardo blanco amor naceu en Ourense en 1897.en 1919 para fuxir do servizo militar fuciu a bos aires onde conseguiu traballo como xornalista.en 1928e 1933 pasou duas longas etapas en España como correspondente do diario arxentino la nación.neses anos blancon amor publica dous poemarios:romances galegos e poema en catro tempos.a guerra civil colleo en bos aires.volveu a Galicia en 1965 vivindo en Ourense e vigofinou nesta ultima cidade eb decembo de 1979.no ano 1993 dedicouselle o dia das letras galegas.

A obra narrativa de Eduardo blanco amor-a obra narrativa de blanco amor e de enorme importancia pois trouxo a literatura galega novos temas e formas de narrar ademais de duas novelas en castelan en galego escribiu as novelas a esmorga e xente lonxe asi como o libro de relatos os biosbardos.a esmorga esta ambientada nos arrabalades de Ourense.a novela construesecomo a declaración ante un xuiz dun dos personaxes cibran detido tras a traxica norte do bocas e o milhomes,os seus compañeiros nunha longa fin de semana de esmorga.en xente ao lonxe contasenos a través dos ollos dun neno suso a historia dunha familia obreira e de esquerdas no Ourense do primeiro terzo do seculo XX.os biosbardos recollen sete contos.

A obra poética en galego de Lorenzo Varela é breve. Está recollida nos libros Catro poemas para catro gravados. Onde acompaña unha colección e gravados de Seoane, e Lonxe. Un libro magnifico,ondea topamos poemas intensamente reivindicativos e outros cargados de nostalxia pola Galicia que tivo que abandonar, no ano 2005 adicouselle o dia das letras galegas

Entradas relacionadas: