Galicia no Primeiro Terzo do Século XX: Cultura, Lingua e Movementos Sociais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,4 KB

Eventos Clave na Historia de Galicia (1900-1936)

  • 1906: Fúndase a Real Academia Galega.
  • 1916: Créase a primeira Irmandade da Fala na Coruña.
    • Fundada por Antón Villar Ponte para promover a lingua e cultura galega.
    • Os seus obxectivos eran: a cooficialidade entre o castelán e o galego como linguas, a autonomía integral para Galicia, o ingreso na Liga das Nacións e a igualdade entre muller e home.
  • 1918: Comeza o movemento nacionalista.
  • 1920: Nace o Grupo Nós (formado por Risco, Cuevillas, Pedrayo e Castelao).
  • 1923: Fúndase o Seminario de Estudos Galegos.
    • Formado por profesores e estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que pertencían ás Irmandades.
    • Os seus obxectivos eran a investigación do patrimonio cultural galego e o uso do galego nese ámbito. Organizábanse en grupos de estudo.
  • 1926: Remata o sistema foral.
    • Desde principios do século existía un movemento de reivindicación por parte do campesiñado galego, denominado o agrarismo.
    • Demandaban mellores condicións de vida para os labregos e a eliminación do sistema foral medieval, algo que conseguiron en 1926.
  • 1931: Nace o Partido Galeguista (e as Irmandades disólvense).
    • Foi o primeiro partido nacionalista galego, e o seu obxectivo foi que Galicia obtivese unha maior autonomía (aínda que dentro do partido tamén había opinións federais). Para iso, elaboraron un Estatuto de Autonomía.
  • 1936: Preséntase o Estatuto de Autonomía galego, pero estoupa a Guerra Civil.

Léxico de Viaxes e Escapadas

  • Data de saída/regreso: Día no que o voo parte do aeroporto ou volve.
  • Hora de embarque: Hora do día no que os pasaxeiros dun voo determinado entran no avión.
  • Mostrador de facturación: Mostrador do aeroporto no que se revisa a equipaxe.
  • Equipaxe: Vultos que un pasaxeiro leva cando viaxa.
  • Cinta mecánica: Cinta que se move automaticamente e que transporta persoas ou equipaxes.
  • Pasarela de acceso: Pasarela pola que se embarca no avión.
  • Voo adiado/en hora: Voo que chega despois da hora marcada ou que chega na hora prevista.
  • Voo con transbordo/directo: Voo que, antes do seu destino previsto, fai unha parada temporal noutro aeroporto ou que vai directo ao seu destino sen paradas.
  • Pasaxeiros: Persoas que son transportadas nunha viaxe.
  • Categoría turista/primeira: Servizos de baixa calidade que se teñen no avión por pagar menos (como menos espazo) ou, se se paga máis, mellores servizos (como comida e máis espazo no avión).

Tipos de Escapadas

  • Escapada romántica
  • Escapada enolóxica
  • Escapada gastronómica
  • Escapada activa

Obras de Ramón Cabanillas Enríquez

Liñas Temáticas

  • Liña cívica
  • Poesía lírica
  • Liña costumista
  • Liña intimista
  • Rosalía (influencia ou temática)
  • Características modernistas (S. XX)

Obras por Orde Cronolóxica

  • No desterro (1912) - Poesía lírica. A súa primeira obra.
  • Vento mareiro (1915) - Poesía lírica (cívica). Dela sacouse o himno da acción galega. Triple temática. Foi publicada na Habana.
  • Na terra asoballada (1917) - Poesía lírica (cívica). Representa a voz do agrarismo.
  • A man de Santiña (1921) - Teatro. Comedia amorosa. Usouse para estrear o Conservatorio. Foi petición de Antón Villar Ponte.
  • O bendito San Amaro (1925) - Poesía narrativa. Narra a historia dun personaxe lendario do Salnés (o seu pobo natal).
  • O Mariscal (1926) - Teatro. Un drama centrado en Pardo de Cela.
  • Na noite estrelada (1926) - Poesía narrativa. Dividida en 3 partes, compara a antiga materia de Britania co galeguismo da época. Serve para espallar as ideas do nacionalismo.
  • A rosa de cen follas (1927) - Poesía lírica (intimista). Lírica moi persoal e amorosa, pertence á súa liña intimista.
  • Versos de alleas terras e tempos idos (1955) - Poesía lírica. Recompilación de traducións de poemas doutros países e lugares e de épocas anteriores.
  • Antífona da cantiga (1957) - Poesía lírica. Recompilación de cantigas populares galegas. Non era común en Cabanillas.
  • Samos (1958) - Poesía narrativa. Narra a vida de Cabanillas no mosteiro do Salnés.

Lingua e Sociedade en Galicia: 1916-1936

Aspectos Negativos

  • Prexuízos: O analfabetismo da poboación comezaba a xeneralizarse.
  • Industrialización castelá: Moitos empresarios doutras zonas de España levantaban industrias.
  • Urbanismo: O movemento de poboación á cidade castelanizou a xente.
  • O galego non tiña recoñecemento a nivel legal, comercial e da igrexa.

Aspectos Positivos

  • Fundación do SEG por parte das Irmandades da Fala.
  • Proceso normalizador: Publicáronse moitas revistas (A Nosa Terra, Nós...) e creáronse editoriais (Nós, Lar, Céltiga...).
  • Fomentouse o teatro: ampliáronse os xéneros literarios e creouse o Conservatorio.
  • Consolidouse a prosa polo Grupo Nós: tanto prosa literaria (novela) como científica (ensaios).
  • Aparecen distintos discursos políticos, reunións de intelectuais, sermóns...
  • Creación de plans pedagóxicos: métodos de lectura, entrevistas infantís, axudas ao neno galego...
  • Normalización co Estatuto de Autonomía: no que o galego aparecía como lingua cooficial e era obrigatoria a ensinanza da lingua galega.

As Irmandades da Fala

Que son e quen as forman?

As Irmandades da Fala están formadas por intelectuais galeguistas.

Ano e Lugar de Fundación

1916 na Coruña.

Fundadores, Líder e Compoñentes

Os fundadores foron os dous irmáns Villar Ponte, pero o seu líder era Antón Villar Ponte. A ela pertencían algunhas figuras como: Luís Peña Novo, Lois Porteiro Garea, Castelao, Cabanillas...

Finalidade

A súa finalidade foi que Galicia recuperase a súa identidade propia, tanto cultural como politicamente.

Revistas e Editoriais

  • Revistas: A Nosa Terra, Nós...
  • Editoriais: Céltiga, Lar, Nós...

Logros Culturais

  • Publicacións como: A Nosa Escola (1917), Os Nosos Problemas Educativos (1919), Plan Pedagóxico para a Galeguización das Escolas (1927), As Roladas (1922), Método de Lectura en Galego (1932).
  • Creación do SEG.

Entradas relacionadas: